Cana de azucre | usos

Usos

O zume do seu talo é a principal fonte de azucre. Despois de colleitar a cana, pásase baixo unhas coitelas que esfarelan o esmiúzan, para despois pasar ao trapiche (muíño de cana). Este zume é depurado por unha serie de filtros; a seguir, sométese a un tratamento clarificante e de aí se coloca en depósitos de cocción ao baleiro, onde se concentra o zume; por último, cristalízase o azucre do zume. Unha vez cristalizado o azucre, extráese a auga restante ficando así o azucre branco común que se coñece habitualmente.

Nas zonas onde se colleita, tamén se masca a cana fresca, polo seu zume; mais tamén o zume doce véndese en vasos ou conos de papel pouco despois de ter sido extraído empregando unha máquina con esa fin. Nalgúns países como Cuba e República Dominicana este zume coñécese coma Guarapo.

Diferentes microorganismos asociados ás súas raíces e algúns que medran dentro dos tecidos da planta ( endófitos), como no seu talo e as follas, poden fixar o nitróxeno atmosférico, o que permite o seu cultivo en moitas zonas sen aporte de fertilizantes nitroxenados.

Other Languages
azərbaycanca: Şəkər qamışı
تۆرکجه: شکر قامیشی
bosanski: Šećerna trska
čeština: Cukrová třtina
kaszëbsczi: Cëkrowô strzëna
Ελληνικά: Ζαχαροκάλαμο
Esperanto: Sukerkano
eesti: Suhkruroog
Nordfriisk: Sokerröör
Avañe'ẽ: Takuare'ẽ
hrvatski: Šećerna trska
hornjoserbsce: Prawa cokorina
Kreyòl ayisyen: Kann
հայերեն: Շաքարեղեգ
日本語: サトウキビ
кырык мары: Сакыр шуды
Nederlands: Suikerriet
norsk nynorsk: Sukkerrøyr
Runa Simi: Misk'i wiru
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱟᱸᱠ
slovenčina: Cukrová trstina
svenska: Sockerrör
lea faka-Tonga:
reo tahiti:
Tiếng Việt: Saccharum officinarum
中文: 秀贵甘蔗
粵語: