Cana de azucre | cultivo

Cultivo

A cana é un cultivo de zonas tropicais ou subtropicais do mundo. Requiere auga e solos axeitados para medrar ben. É unha planta que asimila moi ben a radiación solar, tendo unha eficiencia achegada a 2% de conversión da enerxía incidente en biomasa. Unha cultura eficiente pode producir 100 a 150 toneladas de cana por hectárea por ano (con 14% a 17% de sacarosa, 14% a 16% de fibra e 2% doutros produtos solúbeis).

A cana propágase mediante a plantación de anacos de cana, de cada nó sae unha planta nova idéntica á orixinal; unha vez plantada a planta medra e acumula azucre no seu talo, o cal se corta cando está maduro. A planta regroma varias veces e pode seguir sendo colleitada. Estes cortes sucesivos chámanse "zafras". A planta deteriórase co tempo e polo uso da maquinaria que pisa as raíces, así que cómpre replantar cada sete a dez anos, aínda que existen canavais de 25 ou máis anos de idade.

A cana require de abundante auga. O seu período de crecemento varía entre 11 e 17 meses, dependendo da variedade de cana e da zona. Require de nitróxeno, fósforo, potasio e certos oligoelementos para a súa fertilización. En zonas salinas engádese xofre para controlar o sodio.

A cana pódese apañar a man ou a máquina. A colleita manual faise a base de persoas con machete que cortan os talos (xeralmente despois de queimada a planta para facer máis eficiente o labor) e organízanos en feixes para o seu transporte. Unha persoa pode apañar entre 5 e 7 t por día de cana queimada e 40% menos de cana sen queimar. A colleira mecánica faise con colleitadoras que cortan o mato e separan os talos das follas con ventiladores. Unha máquina pode colleitar 30 toneladas por hora, mais co inconveniente de que dana a raíz ou soca, diminuíndo en gran medida o nacemento de novas plantas por este método sendo moitas veces necesaria a replantación.

Historia do cultivo

Véxase artigo principal: Historia do cultivo da cana de azucre
Other Languages
azərbaycanca: Şəkər qamışı
تۆرکجه: شکر قامیشی
bosanski: Šećerna trska
čeština: Cukrová třtina
kaszëbsczi: Cëkrowô strzëna
Ελληνικά: Ζαχαροκάλαμο
Esperanto: Sukerkano
eesti: Suhkruroog
Nordfriisk: Sokerröör
Avañe'ẽ: Takuare'ẽ
hrvatski: Šećerna trska
hornjoserbsce: Prawa cokorina
Kreyòl ayisyen: Kann
հայերեն: Շաքարեղեգ
日本語: サトウキビ
кырык мары: Сакыр шуды
Nederlands: Suikerriet
norsk nynorsk: Sukkerrøyr
Runa Simi: Misk'i wiru
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱟᱸᱠ
slovenčina: Cukrová trstina
svenska: Sockerrör
lea faka-Tonga:
reo tahiti:
Tiếng Việt: Saccharum officinarum
中文: 秀贵甘蔗
粵語: