Xustiniano I
English: Justinian I

Xustiniano I
Ιουστινιανός Α'
Emperador de Bizancio
Meister von San Vitale in Ravenna.jpg
Detalle do retrato na Basilica de San Vitale, Rávena
1 de agosto de 527 – 14 de novembro de 565
PredecesorXustino I

Nacemento11 de maio de 483
Tauresium, Dardania
Falecemento14 de novembro de 565
Constantinopla
Cónxuxe/sTeodora I
ProxenitoresSabbatius
Vixilantia

Flavius Petrus Sabbatius Iustinianus ou Xustiniano I, nado o 11 de maio de 483 e finado o 13/14 de novembro de 565, foi emperador de Oriente desde o 1 de agosto de 527 ata a súa morte. Un dos principais gobernantes do Imperio Bizantino, destaca especialmente pola súa reforma e compilación de leis e pola expansión militar do territorio imperial que tivo lugar baixo o seu reinado, sobre todo grazas ás campañas de Belisario. Tamén é coñecido como "O último emperador romano". A Igrexa Ortodoxa venérao como santo o día 14 de novembro.

Traxectoria

Xustiniano naceu nunha pequena aldea chamada Tauresina ( Taor) en Iliria (preto da actual Skopje), na península Balcánica, probabelmente o 11 de maio de 483. A súa nai era irmá do famoso xeneral Xustino que ascendeu desde o exército á dignidade imperial. O seu tío adoptouno e asegurouse de que recibise unha educación: Xustiniano seguiu así o currículo educativo habitual, centrándose na xurisprudencia e a filosofía. Avanzou na súa carreira militar con gran rapidez, e abriuse ante el un gran futuro cando, en 518, Xustino se converteu en emperador. Xustiniano foi nomeado cónsul en 521, e posteriormente xeneral do exército de oriente. Moito antes de que Xustino o fixese coemperador o 1 de abril de 527, xa participaba nas actividades de goberno.

Moeda dun sólido de Xustiniano I cuñado en Tesalónica

Catro meses despois, Xustiniano pasou a ser o único soberano trala morte de Xustino. O seu reinado tería un grande impacto na historia mundial, dando lugar a unha nova era na historia do Imperio bizantino e da Igrexa Ortodoxa. Foi un home cunha capacidade de traballo fóra do común, que tiña un carácter afábel, moderado e alegre, pero que tamén podía ser mentirán e falto de escrúpulos cando lle conviña. Foi o último emperador que intentou recuperar os territorios que posuíu o Imperio Romano en tempos de Teodosio I, e con este fin, puxo en marcha grandes campañas militares. Tamén desenvolveu unha colosal actividade construtiva emulando a dos grandes emperadores romanos do pasado. Partindo da premisa de que a existencia dunha comunidade política se funda nas armas e nas leis, prestou especial atención á lexislación e pasou á posteridade pola súa codificación do dereito romano (o Codex Iustinianus e as Novellae Constitutiones).

En 523 casou con Teodora, unha ex actriz; ata entón, as actrices resultaban socialmente próximas ás prostitutas, e no pasado, a Xustiniano resultáralle imposíbel casar con ela, pero Xustino aprobara unha lei que permitía os matrimonios entre distintas clases sociais, o que levaría, xa no reinado de Xustiniano, a unha certa atenuación das diferenzas sociais na corte bizantina. Teodora chegaría a ser unha persoa moi influente na política do Imperio, e algúns emperadores posteriores seguirían o precedente de Xustiniano casando fóra da clase aristocrática.

Procopio de Cesarea é a nosa fonte principal para a historia do reinado de Xustiniano, aínda que tamén contribúe con moitos detalles de interese a crónica de Xoán de Éfeso, que se conserva como fundamento de moitas outras crónicas posteriores. Ambos historiadores fixeron comentarios ás veces moi negativos sobre Xustiniano e Teodora; Procopio, ademais da súa historia, escribiu outra Historia Secreta que recolle varios escándalos da corte. As Historias de Agatías apuntan os sucesos acaecidos desde o ano 552 ata 558 ou 559.

A segunda metade do seu reinado viuse ensombrecida pola epidemia de peste que se fixo virulenta a partir do ano 542.

Teodora morreu en 548 e Xustiniano sobreviviuna case vinte anos, para morrer do 13 ao 14 de novembro de 565.

Other Languages
Alemannisch: Justinian I.
aragonés: Chustinián I
asturianu: Xustinianu I
azərbaycanca: I Yustinian
беларуская: Юстыніян I
беларуская (тарашкевіца)‎: Юстыніян I
български: Юстиниан I
brezhoneg: Justinian Iañ
bosanski: Justinijan I
català: Justinià I
čeština: Justinián I.
Cymraeg: Justinianus I
Deutsch: Justinian I.
English: Justinian I
español: Justiniano I
français: Justinien
Gaeilge: Justinian I
interlingua: Justiniano I
Bahasa Indonesia: Yustinianus I
íslenska: Justinianus 1.
italiano: Giustiniano I
ქართული: იუსტინიანე I
Kabɩyɛ: Justinien
қазақша: І Юстиниан
Ladino: Justinianus
lietuvių: Justinianas I
latviešu: Justiniāns I
Malagasy: Justinian I
македонски: Јустинијан I
Bahasa Melayu: Justinian I
မြန်မာဘာသာ: ဂျပ်စတီနီယံ၊ (ပထမ)
Napulitano: Giustiniano I
Nederlands: Justinianus I
occitan: Justinian Ier
português: Justiniano
русский: Юстиниан I
sicilianu: Giustinianu I
srpskohrvatski / српскохрватски: Justinijan I. Veliki
Simple English: Justinian I
slovenčina: Justinián I.
slovenščina: Justinijan I.
српски / srpski: Јустинијан I
svenska: Justinianus I
Kiswahili: Justiniani I
Tagalog: Justiniano I
Türkçe: I. Justinianus
українська: Юстиніан I
Tiếng Việt: Justinianus I
Winaray: Justinian I