Xoán Paulo II, papa

San Xoán Paulo II
Medalla de Galiza.svg
Luxembourg-5151 - Pope John Paul II (12727135684).jpg
Papa da Igrexa católica
Biografía
Nacemento18 de maio de 1920 en Wadowice, Polonia
Pasamento2 de abril de 2005 no Palacio Apostólico, Cidade do Vaticano
Nome secularKarol Józef Wojtyła
Ordes
Diaconado20 de outubro de 1946
Ordenación sacerdotal1 de novembro de 1946, por Adam Stefan Sapieha
Consagración episcopal28 de setembro de 1958, por Eugeniusz Baziak
Creado cardeal26 de xuño de 1967, por Paulo VI
Elixido papa16 de outubro de 1978
Papa
Bispo de Roma
16 de outubro de 1978 - 2 de abril de 2005 (morte)
PredecesorXoán Paulo I
SucesorBieito XVI
Cargos anterioresArcebispo de Cracovia (1964-1978)
Bispo auxiliar de Cracovia (1958-1964)
Bispo titular de Ombi (1958-1964)
Outros
John paul 2 coa.svg
Escudo de San Xoán Paulo II
Ficha en catholic-hierarchy.org

Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920, e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).

Foi considerado, segundo a revista Time, un dos líderes máis influentes do século XX,[1] e considérase que axudou á fin dos réximes comunistas en Polonia e no resto de Europa.[2] No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica co xudaísmo, co islam, coa Igrexa ortodoxa e coa Comuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante a anticoncepción e a ordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio ao Concilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto á doutrina católica.

Perspectiva xeral

Xoán Paulo II na súa visita ó Brasil.

Xoán Paulo II enfatizou o que el denominou a «chamada universal á santidade». Tentou definir o papel da Igrexa católica no mundo moderno de cara a unha nova evanxelización, o pulo do ecumenismo e a contribución á construción dun mundo máis xusto e máis humano (o que denominou a civilización do amor). Denunciou o que considerou erros ideolóxicos propios do comunismo, o marxismo, o feminismo, o imperialismo, o relativismo, o materialismo, o fascismo (incluíndo o nazismo), o racismo e o capitalismo e as súas consecuencias. En moitos sentidos, loitou contra a opresión, o secularismo e a pobreza cunha constante defensa dos dereitos humanos, a dignidade da persoa e a diversidade cultural dos pobos.

A pesar de que mantivo relacións amistosas con moitos dirixentes occidentais, rexeitou profundamente o consumismo por consideralo culpable da corrosión espiritual dos países occidentais, e a orientación hedonista das súas poboacións. Acusou tamén a Occidente dun egoísmo insolidario cos desherdados da terra.

O seu labor en Polonia foi un factor relevante da apertura dos países do vello bloque soviético, tal como recoñeceu o propio Mikhail Gorbachev.

Dende o punto de vista doutrinal, mantívose equidistante. Rexeitou as formulacións máis radicais da Teoloxía da liberación, unha teoloxía comprometida cos procesos revolucionarios de Latinoamérica. Pero foi máis contundente con Monseñor Lefevbre, coñecido polas súas posicións ultraconservadoras, a quen acabou excomungando. Elevou ao cardealado a teólogos perseguidos no seu día polas súas ideas aperturistas (Yves Congar, Henri de Lubac ou Hans Urs von Balthasar), pero foi inflexible con outros como Hans Küng, xa sancionado por Paulo VI, ou Leonardo Boff).

Na súa loita contra o que denominou a cultura da morte, foi criticado polas súas posicións contrarias á anticoncepción, o preservativo, o aborto, a eutanasia e a fecundación artificial.

Maior recoñecemento suscitou a súa defensa da paz nos máis diversos conflitos bélicos e, moi particularmente, a súa condena da guerra de Irak.

Xoán Paulo II foi coñecido como o «Papa Viaxeiro» por percorrer distancias máis grandes que os seus predecesores.

Beatificou 1.340 persoas, máis que calquera dos papas anteriores. O [2] Este feito é difícil de demostrar, xa que as crónicas de moitas das máis temperás canonizacións están incompletas ou perdidas.

En febreiro de 2004 foi nomeado para o [3]

Xoán Paulo II morreu o 2 de abril de 2005 tras unha longa loita contra a doenza de Parkinson e outras enfermidades. Inmediatamente trala súa morte, moitos dos católicos de todo o mundo demandaron que fose declarado santo o máis pronto posible, ós berros de «Santo Subito» («Santo xa» en Italiano). Tanto o xornal L'Osservatore Romano como Bieito XVI, refírense a el como «O Grande».

Xoán Paulo II foi sucedido polo Cardenal Joseph Ratzinger de Alemaña, antigo Prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe que celebrou o funeral.

Other Languages
Alemannisch: Johannes Paul II.
aragonés: Chuan-Pavlo II
Aymar aru: Juan Pawlu II
azərbaycanca: II İohann Pavel
žemaitėška: Juons Paulios II
Bikol Central: Papa Juan Pablo II
беларуская (тарашкевіца)‎: Ян Павал II
български: Йоан Павел II
brezhoneg: Yann-Baol II
català: Joan Pau II
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Gáu-huòng Ioannes Paulus 2-sié
Cebuano: Juan Pablo II
čeština: Jan Pavel II.
kaszëbsczi: Jan Paweł II
dolnoserbski: Jan Pawoł II.
español: Juan Pablo II
فارسی: ژان پل دوم
français: Jean-Paul II
Avañe'ẽ: Huã Páulo II
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: Pope John Paul II
客家語/Hak-kâ-ngî: Kau-fòng Ioannes Paulus 2-sṳ
hrvatski: Ivan Pavao II.
hornjoserbsce: Jan Pawoł II.
Bahasa Indonesia: Paus Yohanes Paulus II
Interlingue: Ioannes Paulus II
ქართული: იოანე პავლე II
Kabɩyɛ: Jean-Paul 2
Ripoarisch: Johannes Paul II.
Lëtzebuergesch: Jean-Paul II. (Poopst)
lumbaart: Giovann Paol II
lietuvių: Jonas Paulius II
Malagasy: Joany Paoly II
македонски: Јован Павле II
Bahasa Melayu: Paus Ioannes Paulus II
مازِرونی: پاپ ژان پل دوم
Plattdüütsch: Johannes Paul II.
norsk nynorsk: Pave Johannes Paul II
Nouormand: Jean-Paoul II
occitan: Joan Pau II
Kapampangan: Papa Juan Pablo II
Piemontèis: Gioann Pàul II
Runa Simi: Huwan Pawlu II
armãneashti: Papa Ioannis Pavlu II
русский: Иоанн Павел II
саха тыла: Иоанн Павел II
srpskohrvatski / српскохрватски: Ivan Pavao II.
Simple English: Pope John Paul II
slovenčina: Ján Pavol II.
slovenščina: Papež Janez Pavel II.
српски / srpski: Папа Јован Павле II
ślůnski: Jůn Paul II
татарча/tatarça: Иоанн Павел II
українська: Іван Павло II
oʻzbekcha/ўзбекча: Ioann Pavel II