Xapón

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Xapón
日本国
Nihon-koku / Nippon-koku
Bandeira do Xapón
Selo do Xapón
BandeiraSelo
Japan (orthographic projection).svg
Lema: 平和と進歩 (Heiwa to Shinpo)
(Xaponés: Paz e progreso)
Capital
 • Poboación
Toquio
8 949 447 (2010)
Cidade máis poboadaToquio
 • Poboaciónmetro. 36 923 000[1]
Linguas oficiaisXaponés1
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
Akihito
Shinzō Abe
• Fundación
• Constitución Meiji
• Constitución actual
• Trat. S. Francisco
11 de febreiro de 660 a.C.
29 de novembro de 1890
3 de maio de 1947
28 de abril de 1952
SuperficiePosto 62º
 • Total377 972,28[2] km²
 • % auga0,8
Fronteiras0 km
Costas29 751[3] km
PoboaciónPosto 11º
 • Total (2015 est.[3])126 919 659 hab.
 • Densidade335,7 hab./km²
PIB (nominal)Posto 3º
 • Total (2015)4 123 258 millóns $
 • per cápita32 487,15 $
PIB (PPA)Posto 4º
 • Total (2012)4 901 102 millóns $
 • per cápita38 615,78 $
MoedaIen (¥, JPY)
IDH (2014)0,891[4] (20º) – Moi alto
XentilicioXaponés, xaponesa
Nipón, nipoa[5]
Fuso horarioUTC+9
 • Horario de veránNon se aplica
Dominio de Internet.jp
Prefixo telefónico+81
Prefixo radiofónico8JA-8NZ / 7JA-7NZ / JAA-JSZ
Código ISO392 / JPN / JP
Membro de: ONU, OSCE, APEC, G7, G8, G20
1 A lingua xaponesa non está recoñecida como lingua oficial do Estado, aínda que é a lingua nacional. Están recoñecidas, á parte de diferentes dialectos xaponeses, a lingua ainu e a linguas ryukyuanas.[6]

O Xapón[7] (en xaponés: 日本 Nihon ou Nippon; oficialmente 日本国, Nihon-koku Ja-nippon_nihonkoku.ogg Nippon-koku, literalmente: "Estado do Xapón") é un país insular situado no Extremo Oriente asiático. Circundado polo oeste polo océano Pacífico e polo leste polo mar do Xapón, ao leste está a China, Corea do Norte, Corea do Sur e Rusia, estendéndose dende o mar de Okhotsk ao norte, até o mar da China Oriental e Taiwán ao sur. Os caracteres que compoñen o nome do Xapón significan 'sol orixe', polo que o país é chamado ás veces a "Terra do Sol Nacente".

O país nipón é un arquipélago estratovolcánico composto por 6 852 illas. As catro máis grandes e principais illas son Honshu, Hokkaido, Kyūshū e Shikoku, que en conxunto constitúen aproximadamente o 97% da superficie terrestre nacional. O Xapón é ademais o décimo país máis poboado do mundo, con máis de 127 millóns de habitantes. Na súa capital Toquio residen máis de 9 millóns de persoas,[8] sendo a sexta cidade con maior poboación do mundo,[9] e a súa área metropolitana é a concentración urbana máis grande do mundo con máis de 36 millóns de habitantes.[1]

Investigacións arqueolóxicas indican que as illas estaban habitadas xa no Paleolítico superior, aínda que non hai ningunha referencia escrita que fale do Xapón até o século I. A historia do Xapón caracterízase pola influencia doutras rexións, principalmente a China e posteriormente a Europa occidental. Dende o século XII até o ano 1868 o Xapón foi gobernado por sucesivas ditaduras militares feudais (shogunatos) en nome do emperador. Este longo período de illamento no que estaba somerxido non terminou até o ano 1853 cando unha frota dos Estados Unidos exerceu a presión para forzar a apertura do país a Occidente. Logo de case dúas décadas de conflito interno e insurrección, o emperador Meiji foi restituído como xefe de Estado en 1868. Este proclamou o Imperio do Xapón e converteuse no símbolo divino da nación. A finais do século XIX e comezos do XX, unha serie de vitorias na primeira guerra sino-xaponesa, na guerra ruso-xaponesa e na primeira guerra mundial permitiron ampliar o territorio do Imperio durante un período de crecente militarismo. A segunda guerra sino-xaponesa de 1937 espallouse ata formar parte da segunda guerra mundial no 1941, rematando no 1945 tralo bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. Dende a adopción da Constitución revisada de 1947, o Xapón mantén unha monarquía constitucional unitaria, cun emperador (Tennō) e un parlamento democrático chamado Kokkai, no sistema coñecido como Dieta do Xapón.

Xapón é membro das Nacións Unidas, do G7, do G8 e do G20, e está considerado unha das principais potencias mundiais.[10][11][12] No 2015 era o terceiro país do mundo por PIB nominal e o cuarto por PIB de paridade de poder adquisitivo, así como o cuarto maior exportador e importador mundial. Aínda que o Xapón renunciou oficialmente ao seu dereito a declarar a guerra, mantén unha forza militar moderna usada para funcións de autodefensa e mantemento da paz, cuns dos maiores orzamentos mundiais. É un país desenvolvido cun alto nivel de vida e un Índice de Desenvolvemento Humano alto, coa maior esperanza de vida e a terceira menor mortalidade infantil do mundo, na primeira posición en canto a número de premiados co Nobel de Asia.[13] É o primeiro país no Global Competitiveness Report de 2015-2016[14][15] e o primeiro país asiático no Índice Global de Paz.[16] Foi tamén o primeiro país de Asia anfitrión duns Xogos Olímpicos de verán e inverno.

Etimoloxía

O vocábulo Xapón (Nippon/Nihon 日本, significado literal: 'a orixe do sol'),[17] deriva da pronuncia chinesa do nome. O carácter 日 é a evolución dun círculo cun punto central que representa ao sol, e 本 representa a raíz dunha árbore e tamén ten o significado de orixe. A expresión «País do Sol Nacente» ou «Terra do Sol Nacente» fai referencia a esta etimoloxía do nome en xaponés.[18] Antes de que Nihon pasase a ser de uso oficial, Xapón era coñecido como Wa (?) ou Wakoku (倭国?).[19]

O nome en xaponés, Nippon, é utilizado en selos e en eventos deportivos internacionais,[20] mentres que Nihon é empregado máis comunmente dentro do Xapón.[21] A versión occidental e galega, Xapón, provén do nome chinés. Na lingua malaia a palabra china transformouse en Jepang[22] e foi máis tarde adoptada polos mercadores portugueses do século XVI que foron os primeiros en introducir o nome en Europa.[23]

Other Languages
Аҧсшәа: Иапониа
Acèh: Jeupun
адыгабзэ: Японие
Afrikaans: Japan
Akan: Japan
Alemannisch: Japan
አማርኛ: ጃፓን
aragonés: Chapón
Ænglisc: Iapan
العربية: اليابان
ܐܪܡܝܐ: ܝܦܢ
مصرى: اليابان
অসমীয়া: জাপান
asturianu: Xapón
Aymar aru: Nihun
azərbaycanca: Yaponiya
تۆرکجه: ژاپون
башҡортса: Япония
Boarisch: Japan
žemaitėška: Japuonėjė
Bikol Central: Hapon
беларуская: Японія
беларуская (тарашкевіца)‎: Японія
български: Япония
भोजपुरी: जापान
Bislama: Japan
Bahasa Banjar: Japang
বাংলা: জাপান
བོད་ཡིག: ཉི་ཧོང་།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: জাপান
brezhoneg: Japan
bosanski: Japan
ᨅᨔ ᨕᨘᨁᨗ: ᨍᨛᨄ
буряад: Япон Улас
català: Japó
Chavacano de Zamboanga: Japón
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Nĭk-buōng
нохчийн: Япон
Cebuano: Hapon
Chamoru: Chapan
ᏣᎳᎩ: ᏣᏩᏂᏏ
Tsetsêhestâhese: Japan
کوردی: ژاپۆن
corsu: Giapponu
qırımtatarca: Yaponiya
čeština: Japonsko
kaszëbsczi: Japòńskô
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Ꙗпѡнїꙗ
Чӑвашла: Япони
Cymraeg: Japan
dansk: Japan
Deutsch: Japan
Zazaki: Japonya
dolnoserbski: Japańska
डोटेली: जापान
ދިވެހިބަސް: ޖަޕާނު
ཇོང་ཁ: ཇ་པཱན
eʋegbe: Japan
Ελληνικά: Ιαπωνία
emiliàn e rumagnòl: Giapòṅ
English: Japan
Esperanto: Japanio
español: Japón
eesti: Jaapan
euskara: Japonia
estremeñu: Japón
فارسی: ژاپن
suomi: Japani
Võro: Jaapan
føroyskt: Japan
français: Japon
arpetan: J·apon
Nordfriisk: Jaapan
furlan: Gjapon
Frysk: Japan
Gaeilge: An tSeapáin
Gagauz: Yaponiya
贛語: 日本
Gàidhlig: An Iapan
Avañe'ẽ: Hapõ
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: जपान
Bahasa Hulontalo: Japangi
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌾𐌰𐍀𐌰𐌽
ગુજરાતી: જાપાન
Hausa: Japan
客家語/Hak-kâ-ngî: Ngi̍t-pún
Hawaiʻi: Iāpana
עברית: יפן
हिन्दी: जापान
Fiji Hindi: Japan
hrvatski: Japan
hornjoserbsce: Japanska
Kreyòl ayisyen: Japon
magyar: Japán
հայերեն: Ճապոնիա
interlingua: Japon
Bahasa Indonesia: Jepang
Interlingue: Japan
Iñupiak: Japan
Ilokano: Hapon
ГӀалгӀай: Япони
Ido: Japonia
íslenska: Japan
italiano: Giappone
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓃᑉᐊᓐ
日本語: 日本
Patois: Japan
la .lojban.: pongu'e
Basa Jawa: Jepang
ქართული: იაპონია
Qaraqalpaqsha: Yaponiya
Taqbaylit: Yapan
Адыгэбзэ: Япон
Kabɩyɛ: Sapɔŋ
Kongo: Japan
Gĩkũyũ: Japan
қазақша: Жапония
kalaallisut: Japani
ភាសាខ្មែរ: ជប៉ុន
ಕನ್ನಡ: ಜಪಾನ್
한국어: 일본
Перем Коми: Ниппон
къарачай-малкъар: Япония
kurdî: Japon
коми: Япония
kernowek: Nihon
Кыргызча: Япония
Latina: Iaponia
Ladino: Japon
Lëtzebuergesch: Japan
лезги: Япония
Lingua Franca Nova: Nion
Limburgs: Japan
Ligure: Giappon
lumbaart: Giapun
lingála: Zapɔ́
لۊری شومالی: جاپون
lietuvių: Japonija
latgaļu: Japoneja
latviešu: Japāna
मैथिली: जापान
мокшень: Японмастор
Malagasy: Japana
олык марий: Японий
Māori: Nipono
Baso Minangkabau: Japang
македонски: Јапонија
മലയാളം: ജപ്പാൻ
монгол: Япон
मराठी: जपान
кырык мары: Япони
Bahasa Melayu: Jepun
Malti: Ġappun
Mirandés: Japon
မြန်မာဘာသာ: ဂျပန်နိုင်ငံ
مازِرونی: جاپون
Dorerin Naoero: Djapan
Napulitano: Giappone
Plattdüütsch: Japan
Nedersaksies: Japan
नेपाली: जापान
नेपाल भाषा: जापान
Nederlands: Japan
norsk nynorsk: Japan
norsk: Japan
Novial: Japan
Nouormand: Japon
Sesotho sa Leboa: Japane
occitan: Japon
Livvinkarjala: Japounii
Oromoo: Jaappaan
ଓଡ଼ିଆ: ଜାପାନ
Ирон: Япон
ਪੰਜਾਬੀ: ਜਪਾਨ
Kapampangan: Hapon
Papiamentu: Hapon
Picard: Japon
Deitsch: Japan
पालि: जापान
Norfuk / Pitkern: Japan
polski: Japonia
Piemontèis: Giapon
پنجابی: جپان
پښتو: جاپان
português: Japão
Runa Simi: Nihun
rumantsch: Giapun
română: Japonia
tarandíne: Giappone
русский: Япония
русиньскый: Японія
Kinyarwanda: Ubuyapani
संस्कृतम्: जपान्
саха тыла: Дьоппуон
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱡᱟᱯᱟᱱ
sardu: Giappone
sicilianu: Giappuni
Scots: Japan
سنڌي: جاپان
davvisámegiella: Jáhpan
srpskohrvatski / српскохрватски: Japan
ၽႃႇသႃႇတႆး : မိူင်းၵျပၢၼ်ႇ
සිංහල: ජපානය
Simple English: Japan
slovenčina: Japonsko
slovenščina: Japonska
Gagana Samoa: Iapani
chiShona: Japan
Soomaaliga: Jabaan
shqip: Japonia
српски / srpski: Јапан
Sranantongo: Japan
SiSwati: IJaphani
Sesotho: Japane
Seeltersk: Japan
Basa Sunda: Jepang
svenska: Japan
Kiswahili: Japani
ślůnski: Japůńijo
தமிழ்: யப்பான்
ತುಳು: ಜಪಾನ್
తెలుగు: జపాన్
tetun: Japaun
тоҷикӣ: Ҷопон
ትግርኛ: ጃፓን
Türkmençe: Ýaponiýa
Tagalog: Hapon
Tok Pisin: Siapan
Türkçe: Japonya
Xitsonga: Japani
татарча/tatarça: Япония
chiTumbuka: Japan
Twi: Yapan
reo tahiti: Tāpōnē
тыва дыл: Япония
удмурт: Япония
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ياپونىيە
українська: Японія
اردو: جاپان
oʻzbekcha/ўзбекча: Yaponiya
vèneto: Giapòn
vepsän kel’: Japonii
Tiếng Việt: Nhật Bản
West-Vlams: Japan
Volapük: Yapän
Winaray: Hapon
Wolof: Sapoŋ
吴语: 日本
isiXhosa: IJapani
მარგალური: იაპონია
ייִדיש: יאפאן
Yorùbá: Japan
Vahcuengh: Nditbonj
Zeêuws: Japan
中文: 日本
文言: 日本
Bân-lâm-gú: Ji̍t-pún
粵語: 日本
isiZulu: IJaphani