Wikipedia:Guía

Páxina de inicio Edición Formato Ligazóns internas Citar as fontes Páxinas de conversa Ten en conta Rexistro Resumo  
  • benvido á guía de edición da wikipedia!

Benvido á guía de edición da Wikipedia!

A Wikipedia é unha enciclopedia escrita por colaboradores na que ti podes contribuír. Estas direccións axudaranche a te converteres nun wikipedista.

As seguintes páxinas daranche consellos sobre o estilo e contido dos artigos da Wikipedia, e achegaranche a comunidade e as políticas e convencións máis importantes da Wikipedia.

Isto é unha guía básica, non un manual amplo. Se queres obter máis detalles, hai diversas ligazóns cara a outras páxinas con máis información. Para botarlles unha ollada á vez que continúas esta orientación, podes abrilas noutra ventá ou separador do navegador.

Existen ligazóns á páxina da "zona de probas" onde podes practicar o que esteas a aprender. Intenta facer cousas novas e argalla alí todo o que queiras! Ninguén se vai amolar porque experimentes nesta área de prácticas.

Nota: A guía asume que estás a usar a aparencia da páxina por defecto. Se accediches ao sistema e cambiaches as túas preferencias, a posición dalgunhas ligazóns pode diferir.

Other Languages
Alemannisch: Wikipedia:Tutorial
asturianu: Ayuda:Tutorial
español: Ayuda:Tutorial
hornjoserbsce: Pomoc:Prěnje kroki
Bahasa Indonesia: Wikipedia:Tutorial
Interlingue: Auxilie:Prim passus
മലയാളം: സഹായം:Tutorial
Bahasa Melayu: Wikipedia:Tutorial
Mirandés: Ajuda:Manual
Plattdüütsch: Wikipedia:Inwiesung
português: Ajuda:Tutorial
română: Wikipedia:Ghid
srpskohrvatski / српскохрватски: Wikipedia:Kurs/Tečaj
slovenščina: Wikipedija:Vadnica
Soomaaliga: Wikipedia:Waxbarid
oʻzbekcha/ўзбекча: Vikipediya:Dars