Wikipedia:Fontes fiables

  • os artigos da wikipedia deben basearse en fontes acreditadas e fiables, asegurándose que tódolos puntos de vista maioritarios e minoritarios que fan aparición nesas fontes se tratan no artigo (vexa wikipedia:punto de vista neutral). se non se poden atopar fontes fiables dun tema concreto, a wikipedia non debería ter un artigo sobre ese tema.

    esta guía trata sobre a fiabilidade de varios tipos de fontes. a política sobre as fontes é wikipedia:verificabilidade, que require citar as fontes para a información incluída nos artigos, en particular a susceptible de ser cuestionada, e para tódalas citas atribuídas. a política debe aplicarse da forma máis estrita posible en todo o material dos artigos, listas e seccións dos artigos, sen excepcións, e en particular nas biografías de persoas vivas, que indica o seguinte:

    todo o material incluído debe estar apoiado en referencias fiables, pero se se inclúe contido que poida ser conflitivo ou disputado este ten que incluír referencias fiables ou debe ser borrado inmediatamente e sen discusión previa.

    no caso de contradición entre esta guía e as políticas relacionadas, estas últimas teñen prioridade e os editores deben valerse delas para resolver discrepancias. outras políticas relevantes ás fontes de información son wikipedia:a wikipedia non é unha fonte primaria e wikipedia:biografías de persoas vivas.

  • visión xeral
  • algúns tipos de fontes
  • fontes cuestionables e fontes autopublicadas
  • fiabilidade en contextos específicos
  • notas
  • véxase tamén

Os artigos da Wikipedia deben basearse en fontes acreditadas e fiables, asegurándose que tódolos puntos de vista maioritarios e minoritarios que fan aparición nesas fontes se tratan no artigo (vexa Wikipedia:Punto de vista neutral). Se non se poden atopar fontes fiables dun tema concreto, a Wikipedia non debería ter un artigo sobre ese tema.

Esta guía trata sobre a fiabilidade de varios tipos de fontes. A política sobre as fontes é Wikipedia:Verificabilidade, que require citar as fontes para a información incluída nos artigos, en particular a susceptible de ser cuestionada, e para tódalas citas atribuídas. A política debe aplicarse da forma máis estrita posible en todo o material dos artigos, listas e seccións dos artigos, sen excepcións, e en particular nas biografías de persoas vivas, que indica o seguinte:

Todo o material incluído debe estar apoiado en referencias fiables, pero se se inclúe contido que poida ser conflitivo ou disputado este ten que incluír referencias fiables ou debe ser borrado inmediatamente e sen discusión previa.

No caso de contradición entre esta guía e as políticas relacionadas, estas últimas teñen prioridade e os editores deben valerse delas para resolver discrepancias. Outras políticas relevantes ás fontes de información son Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria e Wikipedia:Biografías de persoas vivas.

Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Вікіпэдыя:Крыніцы, вартыя даверу
Bahasa Indonesia: Wikipedia:Sumber tepercaya
srpskohrvatski / српскохрватски: Wikipedia:Pouzdani izvori
oʻzbekcha/ўзбекча: Vikipediya:Nufuzli manbalar