Virginia Woolf

Virginia Woolf
George Charles Beresford - Virginia Woolf in 1902 - Restoration.jpg
Virginia Woolf en 1902
Nome completoAdeline Virginia Stephen
Nacemento25 de xaneiro de 1882
 Kensington
Falecemento28 de marzo de 1941
 River Ouse
Causaafogamento
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Relixiónateísmo
Educada enKing's College de Londres
Ocupaciónnovelista, ensaísta, autobiógrafa, contista, autora de diarios, crítica literaria, editora, escritora, feminista e autora
PaiLeslie Stephen
NaiJulia Prinsep Stephen
CónxuxeLeonard Woolf
IrmánsVanessa Bell
Coñecido/a porAo Farol, Mrs Dalloway, Orlando: A Biography e Un cuarto de seu
Virginia Woolf signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Adeline Virginia Stephen, coñecida como Virginia Woolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882 e finada en Rodemell o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británica de renome.

Traxectoria

Vida persoal

Filla de sir Leslie Stephen, distinguido crítico e historiador, Virginia Woolf creceu nun ambiente frecuentado por literatos, artistas e intelectuais. Tralo falecemento do seu pai, en 1905, estableceuse coa súa irmá Vanessa (pintora que casaría co crítico Clive Bell) e os seus dous irmáns no barrio londiniense de Bloomsbury, que se converteu en centro de reunión de antigos compañeiros universitarios do seu irmán maior, entre os que figuraban intelectuais do talle do escritor E. M. Forster, o economista John Maynard Keynes e os filósofos Bertrand Russell e Ludwig Wittgenstein, e que sería coñecido como o grupo ou círculo de Bloomsbury. En 1912, cando contaba trinta anos, casou con Leonard Woolf, economista e membro tamén do grupo, con quen fundou en 1917 a soada editorial Hogarth Press, que editou a obra da propia Virginia e a doutros relevantes escritores, como Katherine Mansfield, T. S. Eliot ou Sigmund Freud.

Novelística

As súas primeiras novelas, Viaxe de ida e Noite e día, poñen xa de manifesto a intención da escritora de romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais; con todo, estes primeiros títulos apenas mereceron consideración por parte da crítica. Só trala publicación de A señora de Dalloway e Ao faro os críticos comezaron a eloxiar a súa orixinalidade literaria. Nestas obras chaman xa a atención a mestría técnica e o afán experimental da autora, quen introducía ademais na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Desaparecidas a acción e a intriga, as súas narracións esfórzanse por captar a vida cambiante e inasible da conciencia. Influída pola filosofía de Henri Bergson, Woolf experimentou con especial interese co tempo narrativo, tanto no seu aspecto individual, no fluxo de variacións na conciencia do personaxe, como na súa relación co tempo histórico e colectivo. Así, Orlando constitúe unha fantasía libre, baseada nalgunhas pasaxes da vida de Vita Sackville-West, amiga e tamén escritora, en que a protagonista vive cinco séculos da historia inglesa. En As ondas presenta o « fluxo de conciencia» de seis personaxes distintos, é dicir, a corrente preconsciente de ideas tal como aparece na mente, a diferenza do lóxico e ben trabado monólogo tradicional. Escribiu así mesmo unha serie de ensaios que viraban en torno da condición da muller, nos que destacou a construción social da identidade feminina e reivindicou o papel da muller escritora, como n'Un cuarto de seu. Destacou á súa vez como crítica literaria, e foi autora de dúas biografías: unha divertida recreación da vida dos Browning a través dos ollos do seu can (Flush) e outra sobre o crítico R. Fry (Fry). Nun dos accesos dunha enfermidade mental que obrigara a ingresala en varias ocasións ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941 desapareceu da súa casa de campo, ata que días despois o seu corpo foi achado no río Ouse, no que se supón foi un suicidio, xa que se guindara ao río cun abrigo cargado de pedras.

Other Languages
Afrikaans: Virginia Woolf
aragonés: Virginia Woolf
العربية: فرجينيا وولف
asturianu: Virginia Woolf
Aymar aru: Virginia Woolf
azərbaycanca: Virciniya Vulf
беларуская: Вірджынія Вульф
беларуская (тарашкевіца)‎: Вірджынія Ўулф
български: Вирджиния Улф
brezhoneg: Virginia Woolf
bosanski: Virginia Woolf
Esperanto: Virginia Woolf
español: Virginia Woolf
français: Virginia Woolf
hrvatski: Virginia Woolf
Bahasa Indonesia: Virginia Woolf
íslenska: Virginia Woolf
italiano: Virginia Woolf
Кыргызча: Виржиния Вулф
Lëtzebuergesch: Virginia Woolf
lietuvių: Virginia Woolf
Malagasy: Virginia Woolf
македонски: Вирџинија Вулф
مازِرونی: ویرجینیا وولف
Nederlands: Virginia Woolf
norsk nynorsk: Virginia Woolf
Livvinkarjala: Virginia Woolf
Piemontèis: Virginia Woolf
پنجابی: ورجینیا ولف
português: Virginia Woolf
Runa Simi: Virginia Woolf
română: Virginia Woolf
srpskohrvatski / српскохрватски: Virginia Woolf
Simple English: Virginia Woolf
slovenčina: Virginia Woolfová
slovenščina: Virginia Woolf
српски / srpski: Вирџинија Вулф
Türkçe: Virginia Woolf
українська: Вірджинія Вулф
Tiếng Việt: Virginia Woolf
Yorùbá: Virginia Woolf
Bân-lâm-gú: Virginia Woolf
粵語: 伍爾芙