Urano

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
UranoUranus symbol.svg
Urano, imaxe dende a Voyager 2, o día 10 de xaneiro de 1986.
Descubrimento
Descuberto porWilliam Herschel
Descuberto o13 de marzo de 1781
Características orbitais
Semieixo maior2 870 972 200 km
Excentricidade0,04716771
Período orbital84a 3d 15,66h
Período sinódico369,7 días
Velocidade orbital media6,8352 km/s
Inclinación orbital0,76986°
Número de satélites27
Características físicas
Diametro ecuatorial51,724 km
Área superficial8 130 000 000 km²
Masa8,686×1025 kg
Densidade media1290 kg/m³
Aceleración gravítica
á superficie
8,69 m/s²
Período de rotación-17h 14m
Inclinación axial97,86°
Albedo0,51
Velocidade de escape21,29 km/s
temp.55 K
Temperatura
á superficie
minmedmax
59 K68 KN/A K
Características atmosféricas
Presión atmosféricaVaría coa profundidade
Hidróxeno83%
Helio15%
Metano1,99%
Amonio0,01%
Etano0,00025%
Acetileno0,00001%
Monóxido de carbono
Sulfuro de hidróxeno
Vestixios

Urano é un planeta do Sistema Solar situado entre Saturno e Neptuno. Descuberto en 1781, recibiu o nome de Georgium Sidus, en homenaxe ao rei Xurxo III do Reino Unido. Durante moito tempo coñeceuse como Georgian ata que, finalmente en 1850, foi rebatizado como Urano, de acordo coa tradición de dar nome de deuses aos planetas. É o 7.º na orde das distancias ao Sol.

Historia

Aínda que é visible a simple vista como os cinco planetas clásicos, nunca foi recoñecido como planeta polos antigos observadores debido á súa semiescuridade e lenta órbita. Sir William Herschel anunciou o seu descubrimento o 13 de marzo de 1781, expandindo os límites coñecidos do Sistema Solar por primeira vez na historia. Urano foi tamén o primeiro planeta descuberto cun telescopio.

Descubrimento

Urano fora observado en moitas ocasións antes de ser recoñecido como un planeta, pero xeralmente era considerado erroneamente unha estrela. O primeiro avistamento rexistrado foi en 1690, cando John Flamsteed observou o planeta polo menos seis veces, catalogándoo como 34 Tauri. O astrónomo francés Pierre Lemonnier observou Urano polo menos doce veces entre 1750 e 1769, incluídas catro noites consecutivas.

Sir William Herschel observou o planeta o 13 de marzo de 1781 mentres estaba no xardín da súa casa no 19 de New King Street. no pobo de Bath, Somerset (na actualidade o Herschel Museum of Astronomy), pero inicialmente informou del como un cometa. Herschel participaba nunha serie de observacións da paralaxe das estrelas fixas usando un telescopio deseñado por el.

Herschel escribiu no seu diario "No coartil próximo a ζ Tauri ... ben [unha] estrela nebulosa ou quizais un cometa". O 17 de marzo anotou "Busquei o cometa ou a estrela nebulosa e atopei que se trataba dun cometa, xa que cambiara de lugar". Cando presentou o seu descubrimento á Royal Society continuou afirmando que atopara un cometa aínda que tamén implicitamente comparábao a un planeta.

Herschel notificou ao Astrónomo Real, Nevil Maskelyne, o seu descubrimento e recibiu esta resposta del o 23 de aril: "Non sei como chamalo. É case tan probable que sexa un planeta normal movéndose nunha órbita case circular ao redor do Sol como un cometa movéndose nunha elipse moi excéntrica. Aínda non vin unha coma ou cola del".

Mentres Herschel continuaba describindo coidadosamente o novo obxecto como un cometa, outros astrónomos xa comezaran a sospeitar que non o era. O astrónomo ruso Anders Johan Lexell foi o primeiro en calcular a órbita do novo corpo, e a súa traxectoria case circular levouno á conclusión de que era un planeta e non un cometa. O astrónomo alemán Johann Elert Bode describiu o descubrimento de Herschel como "unha estrela en movemento que pode ser considerada ata a data un obxecto descoñecido como un planeta circulando máis alá da órbita de Saturno". Bode chegou á conclusión de que a súa órbita case círcular era máis propia dun planeta que dun cometa.

O obxecto foi ao pouco tempo universalmente aceptado como un novo planeta. Cara a 1783, o propio Herschel recoñeceu este feito ao presidente da Royal Society Joseph Banks: "Pola observación dos astrónomos máis eminentes en Europa semella que a nova estrela, que tiven a honra de sinalarlles en marzo de 1781, é un planeta primario do noso Sistema Solar". En recoñecemento ao seu descubrimento, o rei Xurxo III déulle a Herschel un estipendio anual de 200 libras coa condición de que se transladase a Windsor para que a familia real tivese a oportunidade de mirar a través dos seus telescopios.

Denominación

Maskelyne díxolle a Herschel que bautizase o novo planeta, xa que fora un descubrimento seu. En resposta, Herschel decidiu chamalo Georgium Sidus (Estrela de Xurxo) na honra do seu novo patrón, o rei Xurxo III. Explicou a súa decisión nunha carta a Joseph Banks:

Nos fabulosos tempos da antigüidade os planetas recibiron as denominacións de Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, como os nomes dos seus principais heroes e divindades. No presente dificilmente sería aceptable recorrer ao mesmo método e chamar Xuno, Palas, Apolo ou Minerva, ao novo corpo celeste. A primeira consideración de calquera evento particular, ou incidente destacable, semella ser a súa cronoloxía: se nun tempo futuro cabe preguntarse, cando este último planeta foi descuberto? Podería ser unha resposta moi satisfactoria dicir, 'No reinado do rei Xurxo III'.

O nome proposto por Herschel non era popular fóra de Gran Bretaña, e ao pouco tempo foron propostas alternativas. O astrónomo Jérôme Lalande propuxo bautizar ao planeta como Herschel, na honra do seu descubridor. O astrónomo sueco Erik Prosperin propuxo o nome de Neptuno, que foi apoiado por outros astrónomos aos que lles gustaba a idea de conmemorar as vitorias da Royal Naval británica no curso da guerra de Revolución Americana chamando ao novo planeta Neptune George III ou Neptune Great Britain. Bode optou por Urano, a versión latinizada do rei grego do ceo, Ouranos. Bode argumentou que ao igual que Saturno era o pai de Xúpiter, o novo planeta debería levar o nome do pai de Saturno. En 1789, o colega de Bode na Royal Academy Martin Klaproth bautizou ao elemento que recentemente descubrira "uranium" para apoiar a elección de Bode. Finalmente, a suxestión de Bode foi a máis amplamente usada e fíxose universal en 1850 cando a HM Nautical Almanac Office, deixou de usar o nome de Georgium Sidus en favor de Uranus.

Other Languages
Afrikaans: Uranus
Alemannisch: Uranus (Planet)
አማርኛ: ኡራኑስ
aragonés: Urano (planeta)
Ænglisc: Uranus
العربية: أورانوس
مصرى: اورانوس
অসমীয়া: ইউৰেনাচ
asturianu: Uranu (planeta)
azərbaycanca: Uran (planet)
تۆرکجه: اورانوس
башҡортса: Уран (планета)
Boarisch: Uranus (Planet)
žemaitėška: Orans
беларуская: Уран (планета)
беларуская (тарашкевіца)‎: Уран
български: Уран (планета)
भोजपुरी: यूरेनस ग्रह
bosanski: Uran
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Tiĕng-uòng-sĭng
нохчийн: Уран
کوردی: یۆرانۆس
čeština: Uran (planeta)
kaszëbsczi: Ùran
Zazaki: Uranus
डोटेली: अरुणग्रह
emiliàn e rumagnòl: Uràn
English: Uranus
Esperanto: Urano (planedo)
español: Urano (planeta)
euskara: Urano
estremeñu: Uranu (praneta)
فارسی: اورانوس
suomi: Uranus
føroyskt: Uranus
Nordfriisk: Uranus
Frysk: Uranus
贛語: 天王星
Avañe'ẽ: Uráno
ગુજરાતી: યુરેનસ (ગ્રહ)
Gaelg: Uraanus
客家語/Hak-kâ-ngî: Thiên-vòng-sên
Hawaiʻi: Hele‘ekela
עברית: אורנוס
हिन्दी: अरुण (ग्रह)
Fiji Hindi: Arungrah
hrvatski: Uran
Kreyòl ayisyen: Iranis
magyar: Uránusz
interlingua: Urano
Bahasa Indonesia: Uranus
Ilokano: Urano
Ido: Urano
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐅᕌᓄᔅ
日本語: 天王星
Patois: Yuurienos
la .lojban.: uranos
Basa Jawa: Uranus
ქართული: ურანი
Qaraqalpaqsha: Uran (planeta)
Kabɩyɛ: Uranisi
Kongo: Uranus
ភាសាខ្មែរ: ភពអ៊ុយរ៉ានុស
ಕನ್ನಡ: ಯುರೇನಸ್
한국어: 천왕성
kurdî: Ûranûs
kernowek: Ouran (planet)
Кыргызча: Уран (планета)
Lëtzebuergesch: Uranus (Planéit)
Lingua Franca Nova: Urano
lumbaart: Urano (pianeta)
lietuvių: Uranas (planeta)
मैथिली: अरुण ग्रह
Malagasy: Uranus
македонски: Уран (планета)
മലയാളം: യുറാനസ്
Bahasa Melayu: Uranus
Mirandés: Ourano
မြန်မာဘာသာ: ယူရေးနပ်စ်ဂြိုဟ်
مازِرونی: اورانوس
Napulitano: Urano
Plattdüütsch: Uranus (Planet)
Nedersaksies: Uranus (planeet)
नेपाली: अरुणग्रह
Nederlands: Uranus (planeet)
norsk nynorsk: Planeten Uranus
norsk: Uranus
Diné bizaad: Yoowéinis
Livvinkarjala: Uranus
ଓଡ଼ିଆ: ଇଉରେନ୍ସେ
Kapampangan: Uranus
polski: Uran
Piemontèis: Uran (pianeta)
پنجابی: یورینس
پښتو: اورانوس
português: Urano (planeta)
rumantsch: Uranus (planet)
Romani: Rahor
română: Uranus
armãneashti: Uranus
русиньскый: Уран (планета)
संस्कृतम्: युरेनस्-ग्रहः
саха тыла: Ураан (планета)
sardu: Uranu
sicilianu: Uranu (pianeta)
Scots: Uranus
سنڌي: يورينس
davvisámegiella: Uranus
srpskohrvatski / српскохрватски: Uran (planeta)
සිංහල: යු‍රේනස්
Simple English: Uranus
slovenčina: Urán (planéta)
slovenščina: Uran (planet)
Soomaaliga: Uraano
српски / srpski: Уран
Sesotho: Yuranese
Seeltersk: Uranus
Basa Sunda: Uranus
svenska: Uranus
Kiswahili: Uranus
ślůnski: Ůrůn
தமிழ்: யுரேனசு
తెలుగు: యురేనస్
Türkmençe: Uran (planeta)
Tagalog: Urano
Tok Pisin: Yurenes (planet)
Türkçe: Uranüs
татарча/tatarça: Уран (планета)
тыва дыл: Уран
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئۇران (پلانىت)
українська: Уран (планета)
اردو: یورینس
oʻzbekcha/ўзбекча: Uran (sayyora)
vepsän kel’: Uran (planet)
Tiếng Việt: Sao Thiên Vương
West-Vlams: Uranus
Volapük: Uranud
Winaray: Urano
Wolof: Uraanus
吴语: 天王星
მარგალური: ურანი (პლანეტა)
ייִדיש: אוראנוס
Yorùbá: Úránù
中文: 天王星
文言: 天王星
Bân-lâm-gú: Thian-ông-chheⁿ
粵語: 天王星
isiZulu: UYurenasi