Tom Jones (cantante)

Sir Tom Jones
Tom Jones concert.jpg
Tom Jones nun concerto en 2009.
Nome completo Thomas Jones Woodward
Nacemento 7 de xuño de 1940 (77 anos)
Orixe Trefforest, Pontypridd, Glamorgan, Gales Gales
Ocupación(s) Cantante
Xénero Pop rock e música country
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico(s) Columbia, Decca, Epic, JIVE, Island, V2 e S-Curve
Na rede
http://www.tomjones.com/
editar datos en Wikidata ]

Thomas John Woodward, máis coñecido polo nome artístico de Tom Jones, nado en Trefforest ( Pontypridd) o 7 de xuño de 1940, é un cantante e actor galés, cabaleiro da Coroa Británica. Jones acadou sona na década de 1960 pola súa gran voz, estilo extravagante e sensualidade, elementos claves na súa imaxe como artista. É coñecido como o tigre de Gales.

Traxectoria

Era fillo de Thomas Woodward, mineiro, e de de Freda Jones. De novo adoitaba cantar en festas familiares e participaba no coro da escola. Padeceu tuberculose e estivo doente case un ano, tempo que adicou a escoitar música e debuxar. Con 17 anos casou con Linda Trenchard, coa que tivo ao seu fillo Mark. Logo de deixar os estudos, traballou en empregos como vendedor a domicilio ou na construción.

Comezou a súa carreira musical en 1963 como vocalista de Tommy Scott & The Senators, unha banda beat local de sona en Gales do Sur. Malia que o produtor Joe Meek intentou promover a banda, non terminaba de callar. Gordon Mills levou a Tom a Londres e animouno a mudar o seu nome artístico en honra ao personaxe literario.

En 1964 gravou o seu primeiro sinxelo, "Chills and Fever", publicado por Decca. En 1965 acadou o éxito con " It's Not Unusual" e con " Thunderball", canción da banda sonora da película Thunderball de James Bond. Ese mesmo ano recibiu un Grammy ao mellor artista novo. En 1966 comezou a ser coñecido como crooner con cancións como "Green Green Grass of Home", "What's New Pussycat", "Help Yourself" ou "Delilah".

Entre 1969 e 1971 tivo un exitoso programa de variedades para a televisión titulado This is Tom Jones, emitido por ABC nos Estados Unidos e ITV no Reino Unido. Porén, na década de 1970 a súa carreira tivo unha lenta decadencia, xa que o seu estilo estaba a pasar de moda.

Trala morte do seu representante Gordon Mills o 29 de xullo de 1986, o seu fillo Mark pasou a administrar a súa carreira, reactivándose a partir de 1987 coa canción "A Boy From Nowhere" e coa gravación de "Kiss", canción popularizada por Prince, xunto a The Art of Noise.

En 1993 Interscope Records publicou The Lead And How to Swing It, un éxito inmediato que conquistou a audiencias máis novas. En 1998 actuou xunto a Robbie Williams nos Brit Awards cantando unha selección de cancións da banda sonora da película The Full Monty.

En 1999 gravou Reload, un disco de duetos, destacando a canción "Burning Down The House" xunto a The Cardigans, versión da orixinal dos '80 de Talking Heads.

Como actor aparece en The Special London Bridge ( David Winters, 1972) e Edward Scissorhands ( Tim Burton, 1990). Amais, colaborou na serie The Simpsons (capítulo 7 da cuarta tempada) e O príncipe de Bel Air.

Other Languages
العربية: توم جونز
مصرى: توم جونز
azərbaycanca: Tom Cons
български: Том Джоунс
català: Tom Jones
čeština: Tom Jones
Cymraeg: Tom Jones
dansk: Tom Jones
Deutsch: Tom Jones
Ελληνικά: Τομ Τζόουνς
Esperanto: Tom Jones
eesti: Tom Jones
euskara: Tom Jones
فارسی: تام جونز
suomi: Tom Jones
עברית: טום ג'ונס
hrvatski: Tom Jones
magyar: Tom Jones
Bahasa Indonesia: Tom Jones (penyanyi)
lietuvių: Tom Jones
مازِرونی: تام جونز
Nederlands: Tom Jones (zanger)
norsk: Tom Jones
português: Tom Jones
Simple English: Tom Jones (singer)
slovenčina: Tom Jones
shqip: Tom Jones
српски / srpski: Том Џоунс (певач)
svenska: Tom Jones
Tagalog: Tom Jones
українська: Том Джонс
Tiếng Việt: Tom Jones (ca sĩ)
中文: 湯·鍾士