Thomas Alva Edison

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Thomas Alva Edison
Thomas Edison.jpg
"O xenio é un un por cento de inspiración e un noventa e nove por cento de transpiración." - Thomas Alva Edison, cit. en Harper's Monthly (1932).
Datos persoais
Nacemento 11 de febreiro de 1847
Lugar Milan, Ohio Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 18 de outubro de 1931 84 anos
Lugar West Orange, Nova Jersey
Nacionalidade estadounidense
Cónxuxe Mary Stilwell (1871-1884)
Mina Edison (1886-1931)
Fillos Charles Edison, Theodore Miller Edison, Thomas Alva Edison Jr., Marion Estelle Edison Oeser, John Eyre Sloane e Madeleine Edison Sloane
Actividade
Campo Inventor, científico, empresario
Contribucións e premios
Coñecido por Lámpada incandescente, Fonógrafo
Premios Commander of the Legion of Honour, Grammy Trustees Award, Medalha Benjamin Franklin, Medalha Matteucci, Prêmio Rumford, Medalha John Fritz, Medalha John Scott, New Jersey Hall of Fame, Medalha Franklin, Medalha de Ouro do Congresso, National Inventors Hall of Fame, Navy Distinguished Service Medal, Legião de Honra, Albert Medal e sen etiquetar
Thomas Alva Edison Signature.svg
Documental A Day with Thomas Edison (1922), en galego Un día con Thomas Edison.

Thomas Alva Edison, nado en Milan ( Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange ( Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense que desenvolveu moitos dispositivos que influíron en gran medida na vida de todo o mundo. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park) [1], como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da produción en cadea ao proceso da invención. [2] [3]

Edison foi considerado un dos máis prolíficos inventores do seu tempo, logrou 1093 patentes [4] ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúeselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas [3]. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta con un filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Traxectoria

Primeiros anos

Thomas Edison de neno, vendedor de xornais.

Nace o 11 de febreiro de 1847 en Milán [3], no estado de Ohio ( Estados Unidos). Fillo de Samuel Edison, canadense de orixe holandesa e de Nancy Elliot Edison, canadense de orixe escocesa. Foi o fillo pequeno dunha familia modesta con sete pícaros o que chamaron Thomas por un antepasado da familia, e Alva en honor do capitán Alva Bradle.

Al, como chamaban a Thomas Alva Edison, era un neno enfermizo, de grandes ollos azuis, cara redonda, e pelo louro. A súa cabeza era tan anormalmente grande que o médico da aldea chegou a diagnosticarlle unha infección cerebral. A súa nai, Nancy, sentía por el unha gran preocupación; tivera que soportar en 1841 a morte da súa filla Carlile, cando tiña 6 anos. Pouco despois as de Samuel e Eliza, cando só tiña uns meses. Al fora considerado polos veciños como un neno difícil. Sempre andaba facendo travesuras encontrándose en apuros moitas veces. O celeiro do seu pai foi pasto das chamas porque acendeu unha pequena lumerada (só para ver que pasaba). O incendio estivo a punto de estenderse a toda a aldea; seu pai, Sam, comerciante de madeiras e víveres, castigouno pegándolle publicamente na praza do mercado.

Sendo xa adulto, Thomas Alva falaba da súa nai case con devoción, pero en cambio nunca mencionou nada positivo do seu pai: “Meu pai pensaba que eu era parvo, e eu case cría que en verdade era un idiota”. Á súa vez, o pai tampouco deixou dúbida ningunha de que non podía comprender o rapaz, a súa constante curiosidade, as súas preguntas...

O fonógrafo de Edison.

Thomas A. Edison desde pequeno demostrou poder de observación e curiosidade. En 1854 a familia mudouse para Port Huron, Míchigan. No soto da casa Edison instalou un laboratorio de química, onde realizaba experiencias. Aprendeu o código Morse e comezou a construír telégrafos artesanais.

Traballou como vendedor de libros e telegrafista. En 1868 patentou o seu primeiro invento, que foi un contador automático de votos. Dous anos despois fundou a súa empresa en Newark, Nova Jersey. Inventou un equipamento electromecánico que transmitía telegraficamente as evolucións da bolsa de valores, que lle proporcionou grandes beneficios económicos. Despois produciu moitos inventos que non tiveron gran resultado comercial.

Despois dalgún tempo, Edison inventou un dos seus dispositivos, un aparello que axilizaba as transmisións en código morse. Era unha pena eléctrica que simplificaba a duplicación en mimógrafo. O micrófono de carbón, outro invento, proporcionou as transmisións telefónicas. Mudándose para Menlo Park, Nova York, diversificou as súas investigacións, abordando as máis diversas tecnoloxías, iniciando as investigacións en telefonía, perfeccionou o fonógrafo, e creou a primeira lámpada incandescente con filamento de carbón. Xa cun gran equipo de profesionais, construíu o primeiro dínamo de alta potencia e patentou moitas invencións, destacando o xerador de alto vacuo para a fabricación de lámpadas, o medidor de consumo eléctrico ou o regulador de corrente para máquina de solda eléctrica.

En outubro de 1879 a Edison Eletric Light Company era unha potencia económica dominando a xeración de electricidade nos Estados Unidos. Porén, o seu creador continuou coa súa produción de inventos. Nesta época patentou a lámpada incandescente de filamento fino de carbón a alto vacuo. O produto, debido á nova tecnoloxía, tivo un aumento substancial da súa vida útil. En 1883, despois de ter descuberto o efecto Édison, patentou o primeiro dispositivo termoiónico, un díodo termoiónico ou válvula de Edison, que foi precursora da válvula de radio, ou válvula termoiónica.

Other Languages
Afrikaans: Thomas Edison
Alemannisch: Thomas Alva Edison
العربية: توماس إديسون
Aymar aru: Thomas Edison
azərbaycanca: Tomas Alva Edison
žemaitėška: Tuoms Edėsuons
беларуская: Томас Эдысан
беларуская (тарашкевіца)‎: Томас Эдысан
български: Томас Едисън
Bislama: Thomas Edison
Bahasa Banjar: Thomas Alva Edison
brezhoneg: Thomas Edison
Chavacano de Zamboanga: Thomas Edison
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Thomas Edison
Cebuano: Thomas Edison
Cymraeg: Thomas Edison
Ελληνικά: Τόμας Έντισον
English: Thomas Edison
français: Thomas Edison
Gaeilge: Thomas Edison
贛語: 愛迪生
Avañe'ẽ: Thomas Edison
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: Thomas Edison
ગુજરાતી: થૉમસ ઍડિસન
客家語/Hak-kâ-ngî: Thomas Eddison
Fiji Hindi: Thomas Edison
Հայերեն: Թոմաս Էդիսոն
interlingua: Thomas Edison
Bahasa Indonesia: Thomas Alva Edison
Ilokano: Thomas Edison
italiano: Thomas Edison
Qaraqalpaqsha: Thomas Edison
Taqbaylit: Thomas Edison
Kabɩyɛ: Thomas Edison
Gĩkũyũ: Thomas Edison
къарачай-малкъар: Эдисон, Томас Альфа
Ripoarisch: Thomas Alva Edison
Кыргызча: Эдисон, Томас
Lëtzebuergesch: Thomas Alva Edison
Limburgs: Thomas Edison
lumbaart: Thomas Edison
لۊری شومالی: توٙماس ئدیسون
lietuvių: Thomas Edison
latviešu: Tomass Edisons
Basa Banyumasan: Thomas Alva Edison
Malagasy: Thomas Edison
македонски: Томас Алва Едисон
Bahasa Melayu: Thomas Edison
Mirandés: Thomas Edison
မြန်မာဘာသာ: သောမတ် အက်ဒီဆင်
مازِرونی: ادیسون
नेपाल भाषा: थोमस एडिसन
Nederlands: Thomas Edison
norsk nynorsk: Thomas Edison
occitan: Thomas Edison
Livvinkarjala: Thomas Edison
ਪੰਜਾਬੀ: ਥਾਮਸ ਐਡੀਸਨ
Kapampangan: Thomas Edison
Piemontèis: Thomas Edison
português: Thomas Edison
armãneashti: Thomas Alva Edison
русиньскый: Томас Едісон
संस्कृतम्: थामस् एडिसन्
саха тыла: Томас Эдисон
srpskohrvatski / српскохрватски: Thomas Alva Edison
Simple English: Thomas Edison
slovenčina: Thomas Alva Edison
slovenščina: Thomas Alva Edison
Gagana Samoa: Thomas Edison
Soomaaliga: Tomas Edison
српски / srpski: Томас Алва Едисон
Basa Sunda: Thomas Alfa Edison
svenska: Thomas Edison
Kiswahili: Thomas Edison
Türkmençe: Tomas Edison
Tagalog: Thomas Edison
Türkçe: Thomas Edison
татарча/tatarça: Томас Эдисон
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: توماس ئېدىسون
українська: Томас Алва Едісон
oʻzbekcha/ўзбекча: Thomas Edison
vepsän kel’: Edison Tomas Alva
Tiếng Việt: Thomas Edison
Volapük: Thomas Edison
Winaray: Thomas Edison
吴语: 爱迪生
Yorùbá: Thomas Edison
Zeêuws: Thomas Edison
中文: 爱迪生
Bân-lâm-gú: Thomas Edison
粵語: 愛迪生