Terraformación

Concepción artística en catro estadios diferentes da terraformación de Marte.

Terraformación é a denominación dada ó proceso, ata o de agora teórico, de modificar a atmosfera e temperatura dun corpo celeste sólido coma un planeta, un satélite etc, ata deixalo en condicións adecuadas para soster un ecosistema confortable para os seres vivos da Terra, malia que o proceso poida chegar a ser moi lento. A posibilidade de crear unha biosfera planetaria semellante á da Terra noutro planeta aínda precisa ser desenvolvida.

A maior parte do que se sabe sobre a modificación das condicións para a vida planetaria é baseado no que observamos no noso propio mundo. Consecuentemente Marte é o candidato máis probable para as primeiras experiencias en terraformación, por ser o planeta máis parecido e máis próximo á Terra.[1] A NASA estuda maneiras de quecer o planeta e de alterar a súa atmosfera coa tecnoloxía actualmente dispoñible. Outras cuestións a debater son de índole ética, loxística, económica, política e o procedemento para alterar o ambiente doutro planeta.

Primeiras aparicións do termo

O termo terraformación foi empregado por primeira vez no ano 1942 nun relato chamado "Órbita de Colisión" ("Collision Orbit")[2], de Jack Williamson[3] aínda que o concepto pódese dicir que é anterior, aparecendo varios exemplos na literatura.

Other Languages
български: Тераформиране
brezhoneg: Terrafurmiñ
čeština: Terraformace
Deutsch: Terraforming
Ελληνικά: Γαιοπλασία
English: Terraforming
Esperanto: Teroformigo
español: Terraformación
français: Terraformation
עברית: הארצה
hrvatski: Teraformiranje
Bahasa Indonesia: Terraform
italiano: Terraformazione
한국어: 테라포밍
lietuvių: Teraformavimas
Nederlands: Terravorming
português: Terraformação
română: Terraformare
Simple English: Terraforming
српски / srpski: Тераформирање
українська: Тераформування
Tiếng Việt: Địa khai hóa
中文: 地球化