TGV

TGV en París, Gare de Lyon.

O Train à Grande Vitesse (Tren de gran velocidade en francés), coñecido como TGV, é un tipo de tren de alta velocidade desenvolvido por Alsthom (actualmente Alstom) e SNCF, a compañía de ferrocarrís nacional francesa, e operado principalmente pola propia SNCF. A inauguración do servizo deste tren tivo lugar co traxecto entre París e Lión en 1981. Actualmente a rede do TGV conecta París con outras cidades de Francia e cos seus países veciños.

Historia e características

O TGV é un dos trens convencionais máis veloces do mundo, operando nalgúns tramos a velocidades de ata 320 km/h tendo a marca de maior velocidade media nun servizo de pasaxeiros e o de maior velocidade en condicións especiais de proba. En 1990 acadou a velocidade de 515,3 km/h, e o 3 de abril de 2007 superou o seu propio rexistro ao chegar aos 574,8 km/h na liña París-Estrasburgo[1].

O éxito da primeira liña provocou axiña o espallamento do servizo, con novas liñas construídas cara ao sur, oeste e nordés do país. Ansiosos por imitar o éxito da rede francesa algúns países veciños como Bélxica, Italia ou Suíza construíron tamén as súas propias liñas de alta velocidade enlazando as liñas do TGV francés con Bélxica, Alemaña, Países Baixos e ata co Reino Unido.

As altas velocidades destes trens son posibles en grande medida a un esixente deseño do trazado das vías chamado LGV (acrónimo francés de ligne à grande vitesse) ou liña de alta velocidade. Estas liñas de alta velocidade requiren dunhas características especiais para facer posible a viaxe de alta velocidade. As características destas liñas deben incluír curvas dun gran radio de xiro, capacidade para proporcionar enerxía a motores eléctricos de gran potencia, travesas con capacidade para aguantar estes trens cun baixo peso por eixo e remolques articulados ou sistema de sinalización en cabina que elimine a necesidade do maquinista de identificar os sinais a alta velocidade.

O TGV é basicamente un servizo para o transporte de pasaxeiros, pero existe unha pequena serie dun TGV para uso postal entre París e Lión caracterizado polas súas cores amarelas. Ademais dos TGV de Francia, existen trens derivados do TGV en Corea do Sur ( KTX), España ( AVE S.100 e Euromed S.101), e Reino Unido ( Eurostar).

O TGV absorbeu unha grande cantidade de desprazamentos a nivel nacional que antes se realizaban en avión, debido á redución do tempo de viaxe, especialmente para os traxectos de menos de 3 horas. Isto débese a que a viaxe en tren complétase nun tempo menor pola ausencia de protocolos e inspeccións asociadas aos aeroportos, así como das formalidades de seguridade aeroportuarias. Tamén inflúen detalles como a localización das estacións, moito máis próximas ao centro das cidades que os aeroportos. Por outra banda, o TGV é un medio de transporte moi seguro que non tivo ningún accidente a gran velocidade.

Other Languages
Afrikaans: TGV
беларуская: TGV
беларуская (тарашкевіца)‎: TGV
български: TGV
bosanski: TGV
català: TGV
čeština: TGV
Cymraeg: TGV
dansk: TGV
Deutsch: TGV
Ελληνικά: TGV
English: TGV
Esperanto: TGV
español: TGV
eesti: TGV
فارسی: ت ژ و
suomi: TGV
français: TGV
עברית: TGV
हिन्दी: टीजीवी
hrvatski: TGV
magyar: TGV
Bahasa Indonesia: Train à Grande Vitesse
italiano: TGV
日本語: TGV
한국어: TGV
Ladino: TGV
Lëtzebuergesch: TGV
latviešu: TGV
македонски: TGV
मराठी: टीजीव्ही
Bahasa Melayu: TGV
norsk nynorsk: TGV
norsk: TGV
occitan: TGV
polski: TGV
română: TGV
русский: TGV
Scots: TGV
srpskohrvatski / српскохрватски: TGV
Simple English: TGV
slovenčina: TGV
slovenščina: TGV
српски / srpski: ТЖВ
svenska: TGV
Türkçe: TGV
українська: TGV
Tiếng Việt: TGV
Winaray: TGV
Bân-lâm-gú: TGV