St. Louis

St. Louis
StLouisMontage.jpg
Localización
MOMap-doton-Saint Louis.png
PaísEstados Unidos
Xeografía
Altitude142 m msnm
Demografía
Poboación318.069
Densidade1,983 hab./km²
XentilicioSan Louisiano
Outros datos
Código postal63105
AlcaldeLyda Krewson

St. Louis (en francés: Saint-Louis ou St-Louis) é unha cidade estadounidense situada na fronteira oriental de Missouri, e é a segunda maior cidade do estado. Cunha poboación de 318 069 en xullo de 2011 foi a 58ª cidade estadounidense en 2010 segundo o Censo dos Estados Unidos. A área estatística combinada (CSA) de Greater St. Louis ten unha poboación de 2 882 932 habitantes e é a 15ª maior do país e a maior en Missouri.

A cidade de St. Louis foi fundada en 1764 por Pierre Laclède e Auguste Chouteau, e despois da compra de Luisiana, converteuse nun importante porto no río Mississippi. A súa poboación expandiuse despois da guerra civil americana, e converteuse na cuarta cidade máis grande dos Estados Unidos no século xix. Separouse de St. Louis County en marzo de 1877, o que permitiu que se convertese nunha cidade independente e que se limitasen as súas fronteiras políticas. En 1904, foi sede da feira mundial e dos Xogos Olímpicos. A poboación da cidade alcanzou o seu punto máximo en 1950, e logo comezou un longo declive que continúa no século XXI.

A economía de St. Louis baséase no servizo, a fabricación, o comercio, o transporte de mercancías e o turismo. A cidade é o fogar de varias corporacións, incluíndo Peabody Energy, Ameren, Ralcorp e Sigma-Aldrich. En St. Louis teñen tres equipos deportivos profesionais: O St. Louis Cardinals, un dos maior éxito da Liga de Béisbol, no hóckey o St. Louis Blues e no fútbol americano o St. Louis Rams. A cidade identifícase de xeito maioritario co arco da entrada, parte do Jefferson National Expansion Memorial no centro de St. Louis.

Historia

St Louis Birdseye Map 1896.jpg

A área que se convertería en St. Louis era o centro da cultura nativa americana do Mississippi, onde foron construídos numerosos templos e residencias movendo a terra da rexión, dando lugar á súa denominación popular Mound City. A exploración europea da zona comenzou en 1673, cando os exploradores fraceses Louis Jolliet e Jacques Marquette viaxaron polo val do río Mississippi. Cinco anos máis tarde, La Salle reclamou a rexión de Francia como parte da Luisiana francesa.

Os primeiros asentamentos da zona construíronse en Illinois (tamén coñecido como o Alto de Luisiana) durante a década de 1700 e principios de 1760 en Cahokia, Kaskaskia e Fort de Chartres. Os emigrantes dos pobos orientais franceses fundaron Ste. Genevieve, Missouri, a través do río Mississippi dende Kaskaskia, xa a principios de 1764, Pierre Laclede e o seu fillastro Auguste Chouteau fundaron a cidade de St. Louis.

Dende 1764 ata 1803 o control europeo da zona oeste de Mississippi na parte máis setentrional da conca do río Missouri, chamada Luisiana, foi asumido polos españois como parte do Vicerreinado da Nova España. En 1780, St. Louis foi atacado polas forzas británicas, na súa maioría indíxenas estadounidenses, durante a Guerra da Independencia.

Século XIX

St. Louis transferiúselle a Francia en 1800, e logo foi vendido aos Estados Unidos en 1803 como parte da compra de Luisiana, e a cidade converteuse na capital territorial. Pouco despois da compra, a expedición de Lewis e Clark deixou St. Louis en maio de 1804, alcanzando o Océano Pacífico no verán de 1805 e regresando o 23 de setembro de 1806. Tanto Lewis como Clark quedaron a vivir en St. Louis. Moitos exploradores, tanto colonos coma cazadores (como Ashley Hundred) máis tarde tomaron unha ruta similar á de Occidente. A cidade elixiu os primeiros lexisladores municipais (denominados administradores fiduciarios) en 1808.

Os barcos de vapor apareceron por primeira vez en St. Louis en 1818, mellorando as conexións con Nova Orleans e os mercados orientais. Missouri converteuse en estado en 1821, e a capital trasladouse a St. Louis, que foi incorporada como cidade en 1822 e continuou medrando grazas ás conexións portuarias.

Os inmigrantes de Irlanda e Alemaña chegaron a St. Louis en masa a partir da década de 1840, e a población da cidade medrou de menos de 20 000 en 1840 a 77 860 en 1850, e a máis de 160 000 en 1860. A mediados da década de 1800, St. Louis tiña unha población maior cá de Nova Orleans. St. Louis é a cidade máis grande que foi controlada polos franceses na Luisiana francesa.

Durante a Guerra Civil Americana foi lugar de importantes divisións, pero non de combates que se deron en 1861 no Campamento Affair Jackson. A guerra case arruinou economicamente a cidade debido ao bloqueo do tráfico fluvial. Finalmente St. Louis saíu ben parada grazas á construción da primeira ponte (Eads) da zona sobre o río Mississippi en 1874.

O 22 de agosto de 1876, a cidade de St. Louis, votou separarse do Condado, e converterse en cidade independente. A súa enorme produción indrustrial continuou ao largo do século XIX, sendo lugar de empresas de renome. Tamén alí foi construído o Wainwritight Building, un rañaceos de principios de 1892.

Século XX

En 1904, a cidade foi sede da Exposición Mundial e dos Xogos Olímpicos, converténdose na primeira cidade americana que organizou os Xogos. As ganancias da cidade proveñen principalmente da feira Forest Park, do St. Louis Art Museum, o Zoo de St. Louis e o Museo de Historia de Missouri.

A discriminación, a segregación e restricións por causas raciais ou relixiosas era común na década de 1910 nesta cidade. A NAACP loitou contra estas causas durante a Segunda Guerra Mundial e en 1970 continuábase a loitar contra elas.

Ao longo dos anos, a poboación aumentaba significativamente con motivo das empresas que se creaban en St.Louis, chegando aos 856 796 habitantes. Hoxe en día[cando?] a cidade céntrase máis na renovación urbana, o que lle permitiu obter o premio en 2006 ao Liderado Mundial en favor desta causa.

Other Languages
Afrikaans: St. Louis
azərbaycanca: Sent-Luis
تۆرکجه: سنت لوئیس
беларуская: Сент-Луіс
беларуская (тарашкевіца)‎: Сэнт-Люіс
български: Сейнт Луис
bosanski: Saint Louis
čeština: St. Louis
dansk: St. Louis
Deutsch: St. Louis
Zazaki: St. Louis
Ελληνικά: Σαιντ Λούις
English: St. Louis
Esperanto: Sankta Luiso
føroyskt: St. Louis
Frysk: St. Louis
Gaeilge: St. Louis
עברית: סנט לואיס
Kreyòl ayisyen: Saint Louis, Missouri
հայերեն: Սենթ Լուիս
Bahasa Indonesia: St. Louis, Missouri
íslenska: St. Louis
italiano: Saint Louis
ქართული: სენტ-ლუისი
Gĩkũyũ: St. Louis
lumbaart: Saint Louis
lietuvių: Sent Luisas
latviešu: Sentluisa
македонски: Сент Луис
मराठी: सेंट लुईस
Bahasa Melayu: St. Louis, Missouri
Plattdüütsch: St. Louis
norsk nynorsk: Saint Louis
norsk: St. Louis
Diné bizaad: Béésh Názhah
Kapampangan: St. Louis, Missouri
polski: Saint Louis
Piemontèis: Saint Louis
română: Saint Louis
русский: Сент-Луис
Scots: St. Louis
srpskohrvatski / српскохрватски: St. Louis, Missouri
Simple English: St. Louis
slovenčina: St. Louis
slovenščina: St. Louis
српски / srpski: Сент Луис
svenska: Saint Louis
ślůnski: Saint Louis
Türkçe: St. Louis
українська: Сент-Луїс
oʻzbekcha/ўзбекча: Saint Louis
Tiếng Việt: St. Louis
ייִדיש: סאנט לואיס
Bân-lâm-gú: St. Louis (Missouri)
粵語: 聖路易斯