Singleton

En enxeñaría de software, o padrón de deseño Singleton (Instancia Única) emprégase para garantir que unha clase soamente teña unha instancia, ademais de proporcionar un punto de acceso global a esa instancia. Trátase polo tanto dun padrón de creación.

É de utilidade cando se necesita exactamente un obxecto para coordinar accións nun sistema. Este concepto pode xeneralizarse para restrinxir a instanciación a un certo número de obxectos.

Motivación

En certos contextos, é importante que algunhas clases teñan exactamente unha instancia que sexa facilmente accesible (por exemplo, ter un único xestor de ventás nunha aplicación).

O uso dunha variable global fai accesible a un obxecto, pero non evita que se poidan crear múltiples instancias de obxectos. Unha solución mellor é facer que sexa a propia clase a responsable da súa única instancia. A clase pode garantir que non se poida crear ningunha outra instancia (restrinxindo o acceso ao construtor) e pode así mesmo proporcionar un modo de acceso á instancia.

Other Languages