Siemens AG

Siemens AG
Siemens AG logo.svg
Siemens München Martinstr.jpg
TipoSociedade Anónima
Fundación1847 Berlín Alemaña Alemaña
LocalizaciónMúnic - Berlín Alemaña Alemaña
FundadorWerner von Siemens e Johann Georg Halske
Persoas clavePeter Löscher Gerhard Cromme
IndustriaTelecomunicacións, Enerxía Saúde
ProdutosSistemas de telecomunicacións
Xeración de enerxía
Automatización industrial e control
Iluminación
Equipamento médico
Transporte e automoción
Tecnoloxías da agua
Tecnoloxías da construción
Electrodomésticos
Reactores nucleares (abandonado)
Turbinas
Beneficio83.049 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados343.000 (setembro de 2014)[2]
Páxina websiemens.com

Siemens AG (en alemán pronunciado [ˈziːməns], pronúnciase "simens") é unha empresa multinacional formada por un conxunto de empresas que traballan no campo da enxeñería eléctrica, electrónica, telecomunicacións, equipamento enerxético, automoción, equipamento médico e iluminación, así como en servizos especializados en diversos campos industriais, o transporte e as telecomunicacións. A súa sede central está en Berlín e Múnic. A empresa opera en 190 países e practicamente en tódolos sectores tecnolóxicos e industriais.

A décimo cuarta Conferencia Xeral de Pesos e Medidas en 1971 aprobou chamar siemens e símbolo S á unidade derivada no Sistema Internacional de Unidades para medir a condutividade eléctrica en memoria e recoñecemento de Ernst Werner von Siemens.

A cotización das accións de Siemens inclúense na base de cálculo dos siguientes índices bolsistas: DAX, S&P Global 100, Dow Jones EuroStoxx 50, Dow Jones Stoxx 50 e Dow Jones Global Titans 50.

Historia

Fundadores de Siemens AG
Johann Georg Halske gl1.jpg
Werner-von-Siemens.png
Johann Georg Halske
(1814-1890)
Werner von Siemens
(1822–1881)

A empresa foi fundada polo alemán Werner von Siemens enxeñeiro, inventor, científico, coñecido político e activista social. Fundou a empresa co apoio financeiro de Johann Georg Halske co nome de: Telegraphen-Bauanstalt Siemens & Halske o 12 de outubro de 1847 en Berlín para a fabricación de telégrafos. A partir de 1897 a empresa pasou a chamarse Siemens & Halske AG. En 1849 construíu a primeira liña telegráfica entre Berlín e Frankfurt e de seguido as liñas Berlín Colonia, Hamburgo, Breslau e Stettin. Ese mesmo ano inaugurou a súa primiera delegación no estranxeiro, en Londres. En 1853 Siemens & Halske iniciou a construción da rede telegráfica de Rusia cunha lonxitude de 10.000 Km dende Finlandia ata Crimea.

En 1881 creou a primeira fábrica europea de bombillas incandescentes a que sería o inicio de Osram. A empresa foi das primeiras en ofrecer asistencia social e melloras laborais aos seus empregados, plans de pensións, comedores de empresa ou redución de xornada laboral.

En 1903 asóciase con AEG e fundan a compañía Gesellschaft für drahtlose Telegraphie (coñecida como Telefunken). En 1914 a empresa xa era unha das máis grandes do mundo. A Primeira Guerra Mundial fixo que perdese moitas das súas filiais no estranxeiro que foron nacionalizadas, perdeu patentes e mercados. En 1918 asociada con AEG crea Osram. En 1923 inicia a súa asociación con Fuji. En 1925 inicia a produción de equipamento médico como o de raios X.

Siemens na Segunda Guerra Mundial

Prisioneiros en traballos forzados facendo compoñentes de avións. Fábrica de Siemens no campo de concentración de Auschwitz (Polonia) en 1943.

En 1943 fabrica o seu primeiro radar cun alcance de 150 a 300 Km. Nese mesmo ano empezan a traballar nas súas fábricas prisioneiros de guerra e traballadores forzados dos campos de concentración. Chegou a ter 50.000 traballadores forzados, unha quinta parte do total dos seus traballadores entón. A empresa tiña unha fábrica no campo de concentración de Bobrek, un dos campos de Auschwitz. Gilbert Michelin prisioneiro en Bobrek, nas súas memorias, dicía que as condicións de vida eran tan malas como en Birkenau, pero non había cámaras de gas, non os maltrataban e estableceuse como día festivo o domingo. Por presións posteriores Siemens recoñeceu dereitos e compensacións a estas persoas[3][4]. Nos últimos combates da Segunda Guerra Mundial morreron moitos traballadores e algúns directivos suicidáronse. En China o director da fábrica de Siemens en Nankin, John Rabe salvou a vida a 200.000 chineses ao permitirlles empregar os terreos da fábrica como refuxio, na matanza de Nankin foron asasinadas segundo o goberno chinés máis de 300.000 persoas[5].

Ao rematar a guerra en palabras dun coronel ruso: «Hitler Kaputt, Berlín Kaputt, Siemens Kaputt»[6].

A finais do século XX Siemens tiña delegacións e operaba en tódolos países do mundo excepto en Israel onde abriu delegación no ano 2000[7].

Siemens despois da Segunda Guerra Mundial

SIMATIC S7 serie 300 e 400

A empresa perdera case tódolos seus activos pero volveu ao mercado polo rápido crecemento económico da posguerra. En 1958 sacou ao mercado o primeiro marcapasos implantable. En 1959 sae ao mercado o sistema de control industrial SIMATIC que aínda segue evolucionando no mercado. Nos anos 50 Siemens iniciou a investigación en tecnoloxía nuclear. En 1963 fabrica o seu primeiro reactor nuclear comercial en colaboración con Westinghouse. Son reactores que podían funcionar con uranio natural ou enriquecido lixeiramente. En 1965, o Mariner IV, con equipamento Siemens transmitiu imaxés da superficie marciana á Terra. Nese mesmo ano, a compañía introduciu no mercado VIDOSON, o primeiro dispositivo de diagnóstico por ecografía en tempo real. En 1966 a empresa pasa a denominarse Siemens AG. En 1967 Bosch e Siemens inician a produción de electrodomésticos. Dende a súa fundación Siemens traballou activamente no desenrollo de melloras en trens e no ano 1985 Siemens crea o ICE tren de alta velocidade alemán. En 1990, fundan Siemens Nixdorf. En 1992 entra no mercado da telefonía GSM. En 2007 Siemens fusionouse coa división de redes de telecomunicacións de Nokia. En 2005 vende a súa división de teléfonos móbiles a BenQ.

En novembro de 2011 a empresa anunciou o abandono do negocio da enerxía nuclear.

Escándalos de subornos na CE

En 2005 primeiro na CE e despois en EE.UU. comezouse a investigar a Siemens polo pago de subornos e a creación dun cártel para fixar prezos e repartir o mercado eléctrico e de telecomunicacións e acadar contratos con outras empresas. Ademais de Siemens foron acusadas: ABB, Alstom, Fuji Electric, Hitachi Japan, AE Power Systems, Mitsubishi Electric Corp., Schneider Electric, Areva, Toshiba e VA Tech[8]. Polas investigacións o CEO Klaus Kleinfeld e o presidente Heinrich von Pierer tiveron que deixar a empresa. Impuxéronse 750 millóns de euros en multas. A comisária da Competencia, Neelie Kroes, declarou: "Estas compañías formaron un cártel, as empresas de servizos públicos e os consumidores foron estafados dende hai máis de 16 anos ". Case 400 millóns de euros tivo que pagar Siemens en multas[9].

Other Languages
aragonés: Siemens AG
العربية: سيمنز
asturianu: Siemens AG
azərbaycanca: Siemens AG
Boarisch: Siemens
беларуская: Siemens
български: Сименс АГ
বাংলা: সিমেন্স
bosanski: Siemens AG
català: Siemens AG
کوردی: زیمێنس
čeština: Siemens (firma)
dansk: Siemens AG
Deutsch: Siemens
Ελληνικά: Siemens
English: Siemens
Esperanto: Siemens AG
español: Siemens AG
eesti: Siemens
euskara: Siemens AG
فارسی: زیمنس
français: Siemens
हिन्दी: सीमेंस एजी
hrvatski: Siemens AG
Bahasa Indonesia: Siemens AG
íslenska: Siemens AG
日本語: シーメンス
қазақша: Siemens
kurdî: Siemens
Latina: Siemens AG
lietuvių: Siemens AG
latviešu: Siemens
Bahasa Melayu: Siemens
Nederlands: Siemens AG
norsk nynorsk: Siemens AG
norsk: Siemens
ਪੰਜਾਬੀ: ਸੀਮਨਜ਼
polski: Siemens
پنجابی: سیمنز
português: Siemens AG
română: Siemens AG
русский: Siemens
Scots: Siemens
srpskohrvatski / српскохрватски: Siemens AG
Simple English: Siemens
slovenčina: Siemens AG
slovenščina: Siemens (podjetje)
shqip: Siemens
српски / srpski: Сименс (предузеће)
svenska: Siemens AG
தமிழ்: சீமென்ஸ்
తెలుగు: సిమెన్స్ AG
Türkçe: Siemens AG
українська: Siemens
اردو: سیمنز
oʻzbekcha/ўзбекча: Siemens
Tiếng Việt: Siemens AG
Bân-lâm-gú: Siemens