República Popular da China

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República Popular da China
中华人民共和国
Zhōnghuá rénmín gònghéguó
Bandeira da República Popular da China
Emblema da República Popular da China
BandeiraEmblema
People's Republic of China (orthographic projection).svg

Capital
 • Poboación
Pequín
21.700.000 (2015)
Cidade máis poboadaShanghai
Linguas oficiaisMandarín estándar1
Forma de gobernoUnipartidismo
Comunismo (nominalmente)
Xi Jinping
Wen Jiabao
Formación
 • Unificación
 • República
 • República Popular

221 a.C.
1 de xaneiro de 1912
1 de outubro de 1949
SuperficiePosto 3º
 • Total9 596 961 km²
 • % auga2,8%
Fronteiras22 117 km
Costas14 500 km
PoboaciónPosto 1º
 • Total (2016 est.)1 403 500 365 hab.
 • Densidade146,24 hab./km²
PIB (nominal)Posto 2º
 • Total (2017)11,80 billóns US$
 • per cápita8 481 US$
PIB (PPA)Posto 1º
 • Total (2017)23,19 billóns US$
 • per cápita16 676 US$
MoedaRenminbi (¥, CNY)
IDH (2015)0,738 (90º) – Alto
XentilicioChinés, chinesa
Fuso horarioUTC+8
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.cn
Prefixo telefónico+86
Prefixo radiofónico3HA-3UZ
Código ISO156 / CHN / CN
Membro de: ONU, APEC
1 Co-oficial co inglés en Hong Kong e co portugués en Macau. Ademais algunhas outras linguas son co-oficiais xunto co chinés mandarín en pequenas áreas do país.
2 A superficie non inclúe os territorios disputados. Con eles a superficie sería de 9.671.018 km².

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Etimoloxía

A verba «China» deriva do persa Cin (چین), a cal é unha adaptación do sánscrito Cīna (चीन).[1] O primeiro rexistro deste termo data de 1516, no diario do explorador portugués Duarte Barbosa.[2][3] O máis antigo exemplo do uso de Cīna data do ano 150 d.C.. Aínda que os escritorés hindús non non foron conscientes da existencia da China antes do século I a.C., a palabra Cīna aparece en Mahābhārata, así como nas Leis de Manu. En 1655, Martino Martini suxeriu que a palabra China deriva do nome da dinastía Qin (秦, Chin),[4] proposta que foi apoiada por moitos eruditos posteriores, aínda que hai outras moitas teorías.

O nome oficial do estado moderno é República Popular da China (中华人民共和国, Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó), aínda que as dinastías e gobernos anteriores cambiaron o nome oficial do país en numerosas ocasións. Os nomes comúns para o país en chinés son Zhongguó (中国, de zhong, ‘central’ ou ‘medio’, e guó, ‘estado’ ou ‘estados’, e en tempos modernos, ‘nación’) e Zhonghuá (中华). O termo Zhongguó apareceu en varios textos antigos, como o Clásico de historia do século -VI,[5] e en tempos pre-imperiais empregábase como un concepto cultural para distinguir as tribos Huaxia dos «bárbaros». Este termo, que pode ser singular ou plural, referíase a un grupo de estados ou provincias da Chaira Central, pero utilizouse para denominar a todo o país ata o século XIX. Os chineses non foron os únicos en percibir o seu país como o «centro» do mundo, xa que outras civilizacións aplicaron o mesmo pensamento ós seus territorios.[6]

Other Languages
адыгабзэ: Китай
Akan: China
Alemannisch: Volksrepublik China
العربية: الصين
مصرى: الصين
অসমীয়া: চীন
авар: Чин
تۆرکجه: چین
Boarisch: Kina
беларуская: Кітай
беларуская (тарашкевіца)‎: Кітай
български: Китай
भोजपुरी: चीन
Bislama: Jaena
Bahasa Banjar: Ripublik Rakyat Cina
bamanankan: China
বাংলা: গণচীন
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: গণচীন
bosanski: Kina
Chavacano de Zamboanga: China
corsu: China
qırımtatarca: Çin Halq Cumhuriyeti
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Срѣдинꙗнє
dansk: Kina
डोटेली: चीन देश
ދިވެހިބަސް: ސީނުކަރަ
eʋegbe: China
emiliàn e rumagnòl: Cina
English: China
Esperanto: Ĉinio (Ŝtato)
eesti: Hiina
فارسی: چین
Fulfulde: Ciina
suomi: Kiina
Na Vosa Vakaviti: Jaina (matanitu)
français: Chine
Nordfriisk: China
Frysk: Sina
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: चीन
ગુજરાતી: ચીન
Hausa: Sin
Hawaiʻi: Kina
Fiji Hindi: China
hrvatski: Kina
hornjoserbsce: China
Kreyòl ayisyen: Chin
magyar: Kína
Հայերեն: Չինաստան
interlingua: China
Bahasa Indonesia: Republik Rakyat Tiongkok
Interlingue: China
Ilokano: Tsina
italiano: Cina
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓴᐃᓇ
ქართული: ჩინეთი
Qaraqalpaqsha: Qıtay
Taqbaylit: Ccinwa
Kabɩyɛ: Siini
Kongo: Sina
Gĩkũyũ: China
kalaallisut: Kina
ភាសាខ្មែរ: ចិន
Перем Коми: Кина
къарачай-малкъар: Къытай Халкъ Республика
कॉशुर / کٲشُر: چیٖن
kurdî: Çîn
коми: Китай
Кыргызча: Кытай
Lëtzebuergesch: Volleksrepublik China
Lingua Franca Nova: Xina
Limburgs: China
lumbaart: Cina
lingála: Sína
latviešu: Ķīna
мокшень: Китай
олык марий: Китай
Māori: Haina
Baso Minangkabau: Republik Rakyaik Cino
മലയാളം: ചൈന
монгол: Хятад улс
मराठी: चीन
Bahasa Melayu: Republik Rakyat China
Malti: Ċina
Mirandés: China
مازِرونی: چین
Dorerin Naoero: Tsiene
Nāhuatl: China
Napulitano: Cina
Plattdüütsch: Volksrepubliek China
Nedersaksies: Volksrippebliek China
नेपाल भाषा: चीन
norsk nynorsk: Folkerepublikken Kina
Sesotho sa Leboa: Tšhaena
Chi-Chewa: China
Livvinkarjala: Kitai
Oromoo: Chaayinaa
ଓଡ଼ିଆ: ଚୀନ
Ирон: Китай
Papiamentu: China
Norfuk / Pitkern: Shiina
Piemontèis: Cin-a
پنجابی: چین
Ποντιακά: Κίνα
português: China
Romani: China
Kinyarwanda: Ubushinwa
sardu: Cina
sicilianu: Cina
سنڌي: چين
davvisámegiella: Kiinná
Sängö: Sînä
srpskohrvatski / српскохрватски: Kina
සිංහල: චීනය
slovenčina: Čína
Gagana Samoa: Saina
chiShona: China (nyika)
Soomaaliga: Shiinaha
shqip: Kina
српски / srpski: Кина
Sranantongo: Sneysa
SiSwati: IShayina
Sesotho: Tjhaena
svenska: Kina
தமிழ்: சீனா
తెలుగు: చైనా
tetun: Xina
Tagalog: Tsina
lea faka-Tonga: Siaina
Türkçe: Çin
Xitsonga: Chayina
татарча/tatarça: Кытай
chiTumbuka: China
Twi: China
reo tahiti: Tinitō
тыва дыл: Кыдат
удмурт: Китай
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: جۇڭخۇا خەلق جۇمھۇرىيىتى
اردو: چین
oʻzbekcha/ўзбекча: Xitoy
vepsän kel’: Kitai
Tiếng Việt: Trung Quốc
West-Vlams: China
Volapük: Tsyinän
isiXhosa: IShayina
მარგალური: ჩინეთი
ייִדיש: כינע
isiZulu: IShayina