Punk

O punk é un movemento musical dentro do rock que emerxeu a mediados dos anos 1970. Caracterízase pola súa actitude independente e de afeccionados. Nos seus inicios, o punk era unha música moi simple e crúa, ás veces descoidada: un tipo de rock sinxelo, con melodías simples de duracións curtas, sons de guitarras amplificadas pouco controlados ou ruidosos, poucos arranxos e instrumentos, e, polo xeral, de compases e tempos rápidos.

As liñas de guitarra caracterízanse pola súa sinxeleza e a crueza do son amplificado, xeralmente creando un ambiente sonoro ruidoso ou agresivo herdado do Garage rock. O baixo, polo xeral, segue só a liña do acorde e non busca adornar con oitavas nin arranxos a melodía. A batería pola súa banda leva un tempo acelerado, con ritmos sinxelos de rock. As voces varían desde expresións fortes e ata violentas ou desgarradas, expresivas caricaturas cantadas que alteran os parámetros convencionais da acción do cantante, ata formas máis melódicas e elaboradas.

Historia do punk

Orixes e contexto cultural

A finais dos anos 1960, unha corrente de mozos de Gran Bretaña e outros países industrializados consideraban que o rock pasara de ser un medio de expresión para os mozos, a unha mera ferramenta de mercado e escaparate para a grandilocuencia dos músicos dese entón, afastando a música da xente común. O punk xurdiu como unha mofa á rixidez dos convencionalismos que ocultaban formas de opresión social e cultural.

As características do punk rock foron precedidas polo garaxe rock, recruando máis o son forte do rock e con composicións menos profesionais, influenciados polo son da "Invasión Británica", como The Kinks, The Beatles ou The Who, e collendo elementos do son ruidoso do garaxe rock de The Stooges ou Velvet Underground. Tamén se recollen influencias do frenético Surf rock. Estas variadas influencias coñécense agora como proto-punk. Dentro das mesmas pódese incluír tamén entre as influencias temperás a Bobby Fouler Four autor do sinxelo "I Fought the Law", que fose covereado por The Clash, e a Moderns Lovers autores de "Rooadrunner" dados os seus ritmos acelerados, non tan próximos ao punk rock posterior pero se afastado do rock convencional e típico da época, con acordes simples pero aínda sen distorsión ou volume alto.

The Ramones fixeron composicións sinxelas, cuxas acedas letras trataban temas como a anti-moda e as drogas, marcando co seu estilo unha pauta a seguir para as bandas por vir.

The Clash, unha das bandas máis populares do punk británico.A visita destes a Londres fixo que grupos xa existentes, como os Sex Pistols, comezasen a usar os seus instrumentos como medios de expresión e provocación para mostrar o seu descontento cara ao que consideraban unha sociedade de mentalidade estreita e represora.

Co tempo o xénero tomaría diferentes camiños e no seu paso evolucionaría en moitos subxéneros e recollería influencias doutros estilos musicais. Os subxéneros do punk defínense ás veces por características musicais, e noutros casos polo contido da mensaxe ou a ideoloxía que o inspira.

Tal como despois sucedería en moitos outros países, en Inglaterra pronto os grupos tomaron influencias doutros xéneros. Unha das primeiras fusións do punk foi co reggae e o ska dos inmigrantes xamaicanos no país. Como primeiro e máis representativo exemplo pódese mencionar á banda The Clash e os seus temas "Police and Thieves", "The Guns of Brixton" e "(White Man) In Hammersmith Palais". Outro xénero que pronto se fusionou co punk foi o glam rock.

Nos inicios tamén xurdiu o estilo hardcore punk, que se caracterizou por ser unha versión máis rápida da forma sucia de tocar o punk. As primeiras bandas foron Bad Brains, Middle Class e Teen Idles.

Other Languages
aragonés: Punk
العربية: بانك
asturianu: Punk
Boarisch: Punk
беларуская: Панк-рок
беларуская (тарашкевіца)‎: Панк-рок
বাংলা: পাংক রক
brezhoneg: Punk rock
català: Punk rock
کوردی: پەنک ڕۆک
čeština: Punk rock
kaszëbsczi: Punk
Cymraeg: Pync-roc
dansk: Punk-rock
Deutsch: Punk (Musik)
Ελληνικά: Πανκ
English: Punk rock
Esperanto: Punko
español: Punk
eesti: Punk rock
euskara: Punk
فارسی: پانک راک
français: Punk rock
furlan: Musiche punk
Frysk: Punk rock
Gaeilge: Punc-rac
Gàidhlig: Punc
עברית: פאנק רוק
hrvatski: Punk rock
հայերեն: Փանկ ռոք
Bahasa Indonesia: Punk rock
íslenska: Pönk
italiano: Punk rock
ქართული: პანკ-როკი
한국어: 펑크 록
Limburgs: Punk
lumbaart: Punk rock
lietuvių: Pankrokas
latviešu: Pankroks
македонски: Панк рок
Bahasa Melayu: Rock punk
မြန်မာဘာသာ: ပန့်ခ် ဂီတ
Nāhuatl: Punk
नेपाल भाषा: पंक रक
Nederlands: Punk (muziek)
norsk nynorsk: Pønkrock
norsk: Punkrock
occitan: Punk rock
polski: Punk rock
português: Punk rock
română: Punk rock
русский: Панк-рок
sardu: Punk rock
sicilianu: Punk rock
Scots: Punk rock
srpskohrvatski / српскохрватски: Punk
Simple English: Punk rock
slovenčina: Punk rock
slovenščina: Punk
shqip: Punk rock
српски / srpski: Панк рок
svenska: Punkrock
தமிழ்: பங்க்
Türkçe: Punk rock
татарча/tatarça: Панк-рок
українська: Панк-рок
oʻzbekcha/ўзбекча: Punk rock
vèneto: Punk
Tiếng Việt: Punk rock
中文: 朋克搖滾
Bân-lâm-gú: Punk rock