Psicoloxía
English: Psychology

Psi (Ψ), letra grega asociada coa psicoloxía.
Wilhelm Wundt (sentado) con colegas no seu laboratorio psicolóxico, o primeiro do seu tipo. Wundt conseguíu que a psicoloxía fose un campo científico independente da filosofía e da bioloxía.

A psicoloxía[1] (literalmente «estudo ou tratado da alma»; do grego clásico ψυχή, transliterado psykhé, «psique», «alma», «actividade mental», e λογία, loxía, «tratado» ou «estudo») é unha profesión, unha disciplina académica[2] e unha ciencia que trata o estudo e a análise da conduta e os procesos mentais dos individuos e de grupos humanos en distintas situacións,[2][3][4][5] cuxo eido de estudo abrangue tódolos aspectos da experiencia humana[6] e faino con fins tanto de investigación como docentes e laborais, entre outros. Existen diversas perspectivas psicolóxicas,[7] cada unha coas súas propias teorías e metodoloxías, e en comparanza poden coincidir, influirse, superpoñerse ou mesmo ser contradictorias e incompatibles;[8] esta variedade dá pé a múltiples acepcións e abordaxes.[9] Algúns enfoques —como no humanismo— consideran que o método científico non é axeitado para investigar a conduta; outros tales como o condutismo emprégano para comportamentos observables que poden ser obxectivamente medidos.[4]

Por medio dos seus diversos enfoques, a psicoloxía explora conceptos como a percepción, a atención, a motivación, a emoción, o funcionamento do cerebro, a intelixencia, o pensamento, a personalidade, as relacións personais, a conciencia e a inconsciencia. A psicoloxía emprega métodos empíricos cuantitativos e cualitativos de investigación para analizar o comportamento. Tamén se poden atopar, especialmente no eido clínico ou de consultaría, outro tipo de métodos cualitativos e mixtos. Mentres que o coñecemento psicolóxico é empregado na avaliación ou tratamento das psicopatoloxías, nas últimas décadas os psicólogos tamén están sendo empregados nos departamentos de recursos humanos das organizacións, en áreas relacionadas co desenvolvemento infantil e do envellecemento, os deportes, os medios de comunicación, o mundo do dereito e as ciencias forenses. Aínda que a meirande parte dos psicólogos están involucrados profesionalmente en actividades terapéuticas (clínica, consultaría, educación), unha parte tamén se adica á investigación, dende as universidades, sobre un amplo rango de temas relacionados co comportamento e o pensamento humano.

Etimoloxía

A verba grega ψυχή (psykhé) quere dicir «alma», «mente», «alento», «vida», «vento frío», «sopro xeado» e era representado simbolicamente cunha bolboreta,[10][11] mentres que -λογία (-loxía) describe a «fala» ou o «discurso», «tratado», «doutrina», etc.;[12] polo tanto, psicoloxía significa literalmente «estudo da alma» e denota o «estudo da mente».[13]

A palabra psicoloxía foi empregada por primeira vez en lingua latina polo poeta e humanista cristián Marko Marulić, no seu libro Psichiologia de ratione animae humanae a finais do século XV ou a comezos do XVI,[14] e tamén se cita a obra dun autor alemán, Rudolf Göckel, que publicou o texto Psychologia hoc est de hominis perfectione, anima, ortu ( Marburg, 1590). O termo difundiuse a través da Reforma protestante en Alemaña e os escritos de Philippe Melanchthon, e tamén se encontra o termo en francés, por exemplo no texto Psichologie ou traicté de l'apparition des esprits, de Noël Taillepied (1588).[15] En canto á lingua inglesa, a primeira referencia coñecida de psychology apareceu na obra de Steven Blankaart, en 1694.[16]

O termo non gañou popularidade no eido ilustrado senón até o uso do mesmo a cargo do filósofo alemán Christian Wolff, quen o empregou nas súas obras Psychologia empirica (1732) e Psychologia rationalis (1734).[13]

Other Languages
Afrikaans: Sielkunde
Alemannisch: Psychologie
aragonés: Psicolochía
العربية: علم النفس
অসমীয়া: মনোবিজ্ঞান
asturianu: Sicoloxía
azərbaycanca: Psixologiya
تۆرکجه: سایکولوژی
башҡортса: Психология
žemaitėška: Psikoluogėjė
беларуская: Псіхалогія
беларуская (тарашкевіца)‎: Псыхалёгія
български: Психология
भोजपुरी: मनोबिज्ञान
brezhoneg: Bredoniezh
bosanski: Psihologija
català: Psicologia
нохчийн: Психологи
Cebuano: Sikolohiya
corsu: Psicologia
čeština: Psychologie
kaszëbsczi: Psychòlogijô
Чӑвашла: Психологи
Cymraeg: Seicoleg
dansk: Psykologi
Deutsch: Psychologie
Thuɔŋjäŋ: Piööcëkuɛ̈nnhom
Zazaki: Psikolociye
Ελληνικά: Ψυχολογία
English: Psychology
Esperanto: Psikologio
español: Psicología
euskara: Psikologia
estremeñu: Sicologia
suomi: Psykologia
føroyskt: Sálarfrøði
français: Psychologie
Nordfriisk: Psüchologii
furlan: Psicologjie
Frysk: Psychology
Gàidhlig: Eòlas-inntinn
Avañe'ẽ: Apytu'ũkuaaty
ગુજરાતી: મનોવિજ્ઞાન
Gaelg: Shicklaage
客家語/Hak-kâ-ngî: Sîm-lî-ho̍k
हिन्दी: मनोविज्ञान
Fiji Hindi: Psychology
hrvatski: Psihologija
Արեւմտահայերէն: Հոգեբանութիւն
interlingua: Psychologia
Bahasa Indonesia: Psikologi
Interlingue: Psichologie
Ilokano: Sikolohia
íslenska: Sálfræði
italiano: Psicologia
日本語: 心理学
Patois: Saikalaji
la .lojban.: menske
Jawa: Psikologi
ქართული: ფსიქოლოგია
Taqbaylit: Tasnafsit
қазақша: Психология
kalaallisut: Tarnip ilinniarnera
ភាសាខ្មែរ: ចិត្តវិទ្យា
한국어: 심리학
kurdî: Psîkolojî
Кыргызча: Психология
Latina: Psychologia
Ladino: Psikolojiya
Lëtzebuergesch: Psychologie
Lingua Franca Nova: Psicolojia
Limburgs: Psychologie
Ligure: Psicologia
lietuvių: Psichologija
latviešu: Psiholoģija
मैथिली: मनोविज्ञान
македонски: Психологија
Bahasa Melayu: Psikologi
Mirandés: Psicologie
မြန်မာဘာသာ: စိတ်ပညာ
مازِرونی: روان‌شناسی
Napulitano: Psicologgia
Nedersaksies: Psychologie
नेपाली: मनोविज्ञान
नेपाल भाषा: साइकोलोजी
Nederlands: Psychologie
norsk nynorsk: Psykologi
norsk: Psykologi
Novial: Psikologia
Nouormand: Psychologie
occitan: Psicologia
ਪੰਜਾਬੀ: ਮਨੋਵਿਗਿਆਨ
Picard: Psicologie
polski: Psychologia
Piemontèis: Psicologìa
پنجابی: نفسیات
پښتو: ساپوهنه
português: Psicologia
Runa Simi: Nuna yachay
rumantsch: Psicologia
română: Psihologie
русский: Психология
русиньскый: Псіхолоґія
саха тыла: Психология
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱢᱚᱱ ᱥᱟᱬᱮᱥ
sardu: Psicologia
sicilianu: Psicoluggìa
سنڌي: نفسيات
srpskohrvatski / српскохрватски: Psihologija
Simple English: Psychology
slovenčina: Psychológia
slovenščina: Psihologija
Gagana Samoa: Saikolosi
Soomaaliga: Cilminafsi
српски / srpski: Психологија
Sesotho: Saekholoji
Seeltersk: Psychologie
Sunda: Psikologi
svenska: Psykologi
Kiswahili: Elimunafsia
தமிழ்: உளவியல்
tetun: Psikolojia
Tagalog: Sikolohiya
Tok Pisin: Saikolosi
Türkçe: Psikoloji
татарча/tatarça: Психология
українська: Психологія
اردو: نفسیات
oʻzbekcha/ўзбекча: Psixologiya
vèneto: Sicołogia
Tiếng Việt: Tâm lý học
West-Vlams: Psychologie
Winaray: Psikolohiya
吴语: 心理学
მარგალური: ფსიქოლოგია
ייִדיש: פסיכאלאגיע
Vahcuengh: Simleixhag
Zeêuws: Psyholohie
中文: 心理学
Bân-lâm-gú: Sim-lí-ha̍k
粵語: 心理學