Presión atmosférica

A presión atmosférica é a presión exercida polo aire en calquera punto da atmosfera. Normalmente refírese á presión atmosférica terrestre, pero o teermo é extensible á atmosfera de calquera planeta ou satélite.

Características

A atmosfera na Terra ten unha presión media de 1.013,25 hectopascais (hPa) ou milibares (mbar) ao nivel do mar, medido en latitude 45º. A medida de presión do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o newton por metro cadrado (N/m²) ou presión atmosférica a nivel do mar en unidades internacionais é 101.325 N/m² ou Pa.

Cando o aire está frío, este descende, facendo aumentar a presión e provocando estabilidade. Fórmase, entón, un anticiclón térmico. Cando o aire está quente, ascende, facendo baixar a presión e provocando inestabilidade. Fórmase entón un ciclón ou borrasca térmica.

Ademais, o aire frío e o cálido tenden a non mesturarse, debido á diferenza de densidade, e cando se atopan na superficie, o aire frío empuxa cara a arriba o aire quente provocando un descenso da presión e inestabilidade, por causas dinámicas. Fórmase entón un ciclón ou borrasca dinámica. Esta zona de contacto é a que se coñece como fronte. Cando o aire frío e o cálido se atopan en altura, descenden en converxencia dinámica, facendo aumentar a presión e provocando estabilidade e o conseguinte aumento da temperatura. Fórmase, entón un anticiclón dinámico.

Denomínase atmosfera a capa de aire constituída por unha mestura homoxénea de gases que rodea un planeta, variando drasticamente de un a outro. O seu peso orixina sobre todos os corpos mergullados nela, unha presión denominada atmosférica, que podemos evidenciar mediante a experimentación. Poderiamos comparalo como se vivísemos no fondo dun océano de aire. A atmosfera, como a auga dun lago, exerce presión; e tal como o peso da auga é a causa da presión na auga, o peso do aire é a causa da presión atmosférica. Estamos tan afeitos ao aire invisible que ás veces esquecemos que ten peso. Quizais os peixes tamén "esquezan" que a auga ten peso.

Other Languages
Afrikaans: Lugdruk
العربية: ضغط جوي
azərbaycanca: Atmosfer təzyiqi
беларуская: Атмасферны ціск
беларуская (тарашкевіца)‎: Атмасфэрны ціск
Deutsch: Luftdruck
Esperanto: Atmosfera premo
eesti: Õhurõhk
فارسی: فشار جو
suomi: Ilmanpaine
magyar: Légnyomás
Bahasa Indonesia: Tekanan atmosfer
íslenska: Loftþrýstingur
日本語: 気圧
한국어: 대기압
Bahasa Melayu: Tekanan atmosfera
Nederlands: Luchtdruk
norsk nynorsk: Lufttrykk
srpskohrvatski / српскохрватски: Atmosferski tlak
Simple English: Atmospheric pressure
slovenčina: Atmosférický tlak
slovenščina: Zračni tlak
svenska: Lufttryck
українська: Атмосферний тиск
oʻzbekcha/ўзбекча: Atmosfera bosimi
Tiếng Việt: Áp suất khí quyển
中文: 气压
文言: 氣壓
Bân-lâm-gú: Khì-ap
粵語: 大氣壓力