Prehistoria

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mapa das primeiras migracións humanas, de acordo co ADN. Os números indican milenios antes da nosa era (precisión en debate).

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Prehistoria, Historia e Arqueoloxía

Véxase tamén: Arqueoloxía.

Dende o punto de vista máis tradicional, considérase que a Prehistoria é unha especialidade científica que estuda, por medio da escavación, os datos deste período da Historia que precedeu á invención da escritura. Os restos arqueolóxicos son a principal fonte de información e para estudalos utilízanse numerosas disciplinas auxiliares, coma a física nuclear para efectuar datacións absolutas, a análise por espectrómetro de masas de compoñentes líticos, cerámicos ou metálicos, a xeomorfoloxía, a edafoloxía, a tafonomía, a trazaloxía, para as pegadas de uso, a paleontoloxía, a paleobotánica, a estatística non paramétrica, a etnografía, a paleoantropoloxía, a topografía e o debuxo técnico, entre outras moitas ciencias e técnicas. De maneira que hai un gran número de persoas que consideran a Prehistoria coma unha especialidade dentro da Historia, pero con moitas máis técnicas e disciplinas.

A metodoloxía de base para a obtención de datos na Prehistoria é a Arqueoloxía, polo que ata hai moi pouco Prehistoria e Arqueoloxía confundíanse constantemente. Nos ámbitos académicos da Europa continental, a Prehistoria é unha especialidade da Historia, sendo habitual que haxa departamentos de Prehistoria dentro das facultades de Historia e tamén é normal que o financiamento das investigacións corra a cargo de institucións de orientación humanística ou da propia administración estatal. En cambio, en América e nas Illas Británicas, a Prehistoria está supeditada á Arqueoloxía ( Arqueoloxía procesual), a cal, á súa vez, se ve normalmente como unha especialidade da Antropoloxía, cuxo alcance, en calquera caso, non se limita ás fases preliterarias da Historia, senón a calquera período pretérito, aínda que sexa moi recente. Ademais, a organización dos departamentos de Arqueoloxía anglosaxóns adoita ser diferente ao asociarse a miúdo ás Ciencias Naturais, incluíndo laboratorios propios e sistemas de financiamento ligados a organismos enfocados a tales ciencias (en Estados Unidos, por exemplo, a National Science Foundation e en Gran Bretaña o Natural Environment Research Council) ou fundacións máis relacionadas co sector privado.[1]

Os últimos estadios da Prehistoria, a Protohistoria, englobarían, segundo algunhas interpretacións, os períodos sen escritura de certas culturas contemporáneas dos pobos históricos, cuxos textos nos dan unha información adicional sobre estes grupos ágrafos, e segundo outras, aquelas sociedades en proceso de formación dun estado, pero que non teñen escritura. Estas definicións son bastante limitadas, sendo a primeira escasamente útil fora do ámbito europeo. Así, debido á complexidade do concepto, é pouco utilizado, e as culturas protohistóricas adoitan incluírse tanto no estudo da Prehistoria como nos primeiros momentos da Historia antiga.

Cronoloxía de aparición da especie humana
HolocenoPlistocenoPliocenoMiocenoNeolíticoPalelolíticoHomo sapiensHomo heidelbergensisHomo neanderthalensisHomo rhodesiensisHomo antecessorHomo erectusHomo floresiensisHomo georgicusHomo ergasterHomínido de DenisovaHomo habilisHomo rudolfensisAustralopithecus sedibaAustralopithecus africanusAustralopithecus garhiAustralopithecus robustusAustralopithecus bahrelghazaliArdipithecus ramidusArdipithecus kadabbaAustralopithecus boiseiAustralopithecus afarensisSahelanthropus tchadensisAustralopithecus aethiopicusAustralopithecus anamensisOrrorin tugenensis
Escala en millóns de anos
As etapas das especies marcadas cun * son estimadas.
Fontes : [1] - [2] - [3] - [4]
Other Languages
Afrikaans: Voorgeskiedenis
Alemannisch: Urgeschichte
አማርኛ: ቅድመ-ታሪክ
aragonés: Prehistoria
অসমীয়া: প্ৰাক-ইতিহাস
asturianu: Prehistoria
žemaitėška: Prīšistuorė
беларуская (тарашкевіца)‎: Першабытнае грамадзтва
български: Праистория
brezhoneg: Ragistor
bosanski: Prahistorija
català: Prehistòria
کوردی: پێش مێژوو
čeština: Pravěk
Cymraeg: Cynhanes
Deutsch: Urgeschichte
Zazaki: Vertarix
Ελληνικά: Προϊστορία
English: Prehistory
Esperanto: Prahistorio
español: Prehistoria
eesti: Esiaeg
euskara: Historiaurre
فارسی: پیشاتاریخ
français: Préhistoire
贛語: 史前時代
Fiji Hindi: Purana itihaas
hrvatski: Prapovijest
Kreyòl ayisyen: Preyistwa
magyar: Őskor
հայերեն: Նախնադար
interlingua: Prehistoria
Bahasa Indonesia: Prasejarah
italiano: Preistoria
日本語: 先史時代
Patois: Bifuo-Ischri
la .lojban.: prucitri
Basa Jawa: Prasejarah
ქართული: პრეისტორია
한국어: 선사 시대
kurdî: Pêşdîrok
kernowek: Kynsistori
Кыргызча: Алгачкы коом
Lëtzebuergesch: Virgeschicht
Lingua Franca Nova: Preistoria
Limburgs: Prehistorie
lumbaart: Preistòria
lietuvių: Priešistorė
latgaļu: Pyrmaviesture
latviešu: Aizvēsture
Basa Banyumasan: Prasejarah
македонски: Праисторија
Bahasa Melayu: Zaman prasejarah
Malti: Preistorja
Mirandés: Pré-stória
नेपाल भाषा: प्रागितिहास
Nederlands: Prehistorie
norsk nynorsk: Førhistorisk tid
Nouormand: Préhistouaithe
occitan: Preïstòria
Pälzisch: Vorgschischd
polski: Prehistoria
Piemontèis: Preistòria
português: Pré-história
română: Preistorie
русиньскый: Правік
саха тыла: Преистория
sicilianu: Preistoria
Scots: Prehistory
srpskohrvatski / српскохрватски: Prahistorija
Simple English: Pre-history
slovenčina: Pravek
slovenščina: Prazgodovina
српски / srpski: Преисторија
Basa Sunda: Prasajarah
Türkçe: Tarihöncesi
oʻzbekcha/ўзбекча: Ibtidoiy jamiyat
vèneto: Preistoria
Tiếng Việt: Thời tiền sử
West-Vlams: Prehistorie
Volapük: Rujenav
Winaray: Prehistorya
吴语: 史前时代
中文: 史前時代
文言: 史前
Bân-lâm-gú: Sú-chêng
粵語: 史前史