Ordenador persoal

Desktop computer clipart - Yellow theme.svg

Un ordenador persoal é un aparello electrónico deseñado para un uso variado cuxo tamaño, capacidade e prezo de venda faino útil para o usuario. O termo ordenador persoal ven do inglés Personal Computer (PC), que aínda que no principio era un acrónimo co tempo foise utilizando para referirse os ordenadores baseados no sistema operativo Windows.

Os ordenadores soen traer aplicacións como editores de texto, follas de cálculo, navegadores e reprodutores multimedia entre outros mais non están limitados a esas só, se non que permiten a instalación de outras. A maioría deles poden ser conectados a unha conexión LAN, xa sexa mediante cable ou unha conexión sen fíos. Un ordenador persoal pode facer referencia tanto a ordenadores deescritorio ou portátil, netbooks ou tablets.

Os primeiros usuarios dos ordenadores persoais tiñan que escribir os seus programas para facer algo útil xa que a maioría delas non tiñan sistemas operativos. Os primeiros de ordenadores de máis pequeno tamaño tiñan que cargar a man a secuencia de arranque e os programas (mediante cintas perforadas e máis tarde disquetes). Logo coa chegada das memorias ROM o arranque volveuse moito máis rápido, xa que o sistema operativo viña dentro desta memoria. Hoxe en día, pódese acceder facilmente a software comercial, libre e de código aberto que están xa compilados para poder executalos directamente. O software para estes ordenadores, tanto aplicacións coma videoxogos, soen desenvolverse independentemente do hardware e sistema operativo do equipo e distribuírse en formato CD mentres que nos dispositivos móbiles polo xeral sóense distribuír mediante unha tenda online.

Dende principios dos anos 90, o sistema operativo de Microsoft e o hardware de Intel predominaron no mercado dos ordenadores persoais, primeiro con MS-DOS e logo con Windows. As principais alternativas a este popular sistema operativo son OS X de Apple e os libres de código aberto Unix-Like, tales como Ubuntu. AMD pola contra é a principal alternativa a Intel.

Historia

Other Languages
العربية: حاسوب شخصي
беларуская (тарашкевіца)‎: Пэрсанальны кампутар
føroyskt: Eginteldur
客家語/Hak-kâ-ngî: Ke-ngìn thien-nó
עברית: מחשב אישי
interlingua: Computator personal
Bahasa Indonesia: Komputer pribadi
íslenska: Einkatölva
македонски: Личен сметач
Bahasa Melayu: Komputer peribadi
Nederlands: Personal computer
norsk nynorsk: Personleg datamaskin
português: Computador pessoal
srpskohrvatski / српскохрватски: Osobni kompjuter
Simple English: Personal computer
slovenčina: Osobný počítač
српски / srpski: Лични рачунар
svenska: Persondator
oʻzbekcha/ўзбекча: Shaxsiy kompyuter
Tiếng Việt: Máy tính cá nhân
West-Vlams: Personal computer
中文: 个人电脑
Bân-lâm-gú: Kò-jîn tiān-náu
粵語: 個人電腦