NCAA

A National Collegiate Athletic Association (NCAA) é unha asociación composta dunhas 1.200 institucións, conferencias, organizacións e individuos que organizan a maioría dos programas deportivos universitarios nos Estados Unidos de América. A súa sede atópase actualmente en Indianapolis, Indiana.

Oficinas centrais da NCAA, en Indianapolis, Indiana)

Historia

A súa predecesora, a Asociación Intercolexial de Atletismo dos Estados Unidos (IAAUS polas súas siglas en inglés), foi fundada o 31 de marzo de 1906 para fixar as regras do deporte afeccionado nos Estados Unidos. A súa creación foi suxerida polo entón presidente Theodore Roosevelt como reacción á súa preocupación pola crecente cantidade de lesións serias e mortes no fútbol universitario. A IAAUS despois converteuse na NCAA en 1910.

Ata os anos 80, a asociación non ofrecía deportes femininos. En 1982, porén, todas as divisións da NCAA ofrecían campionatos nacionais para mulleres.

En agosto de 1973, a NCAA repartiu aos seus membros en 3 divisións: División I, División II e División III. Baixo as regras da NCAA, as universidades da División I e da División II poden ofrecer bolsas aos alumnos por practicar algún deporte. As universidades da División III por outro lado, non poden ofrecer esas bolsas.

A NCAA non é a única entidade do seu ámbito nos Estados Unidos, aínda que é a maior con diferenza, senón que tamén existe a National Association of Intercollegiate Athletics (NAIA). No Canadá opera a Canadian Interuniversity Sport (CIS).

Other Languages
Ελληνικά: NCAA
euskara: NCAA
suomi: NCAA
עברית: NCAA
hrvatski: NCAA
lietuvių: NCAA
Piemontèis: NCAA
தமிழ்: என்.சி.ஏ.ஏ.