Metal pesado
English: Heavy metals

Monumento en memoria dos intoxicados por mercurio en Minamata (Xapón)

Desígnanse co nome xenérico de metais pesados algúns elementos metálicos presentes na natureza, de densidade relativamente alta, e que poden presentar toxicidade para os organismos vivos, entre eles para o ser humano, especialmente por ser bioacumulativos.

Trátase, normalmente, de elementos comprendidos entre o cobre e o chumbo na táboa periódica dos elementos, cunha densidade maior de 4 ou 4,5 g/cm3, pero hainos de menor densidade mentres que outros metais, máis densos, non se inclúen neste grupo ó non seren tóxicos. Mesmo os hai que cumpren algunha función biolóxica e cualifícanse, por tal razón, como nutrientes esenciais, pero que a determinadas concentracións poden resultar tóxicos nalgunha das súas formas (como níquel, manganeso ou cobre); outros non teñen misión biolóxica coñecida (como o cadmio, mercurio, chumbo). Algún elemento incluído entre os metais pesados, coma o arsénico ou o selenio, non son realmente metais.

A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas medioambientais, debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos alimentos, problemas de saúde pública entre os consumidores.

O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A [1] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos. Neste sentido, un exemplo claro é a practicamente nula toxicidade do mercurio fronte á elevada toxicidade do metilmercurio, a súa forma orgánica máis perigosa.

Orixe

Os elementos comprendidos baixo o concepto de metais pesados están presentes na natureza e poden liberarse ó ambiente a través de fenómenos naturais como as emisións volcánicas, pero os seus efectos negativos sobre o medio adoitan ser consecuencia de residuos da actividade mineira, de vertidos industriais ou da incineración de combustibles fósiles. Por calquera destas vías, os metais chegan ás augas, ó aire ou ó chan, medios desde os que son absorbidos por plantas e animais ingresando así na cadea alimentaria.

Os metais pesados non son degradables, nin química nin bioloxicamente, polo que permanecen activos no medio tralo vertido durante centos de anos, contaminando o chan e acumulándose en plantas e animais, aumentando a concentración a medida que se eleva a cadea trófica.

Noutros casos, a súa presenza nos alimentos débese a unha contaminación durante o proceso de elaboración ou á migración desde os envases que conteñen eses alimentos. É o caso do estaño, que pode contamina-las conservas ou bebidas enlatadas.

En calquera caso, a toxicidade dos metais non é cousa nova: médicos gregos e romanos describiron síntomas de envenenamento agudo por chumbo.

Other Languages
العربية: فلز ثقيل
azərbaycanca: Ağır metallar
башҡортса: Ауыр металдар
български: Тежки метали
বাংলা: ভারী ধাতু
bosanski: Teški metal
català: Metall pesant
čeština: Těžké kovy
dansk: Tungmetal
Deutsch: Schwermetalle
Ελληνικά: Βαρέα μέταλλα
English: Heavy metals
Esperanto: Pezmetalo
español: Metal pesado
euskara: Metal astun
فارسی: فلز سنگین
magyar: Nehézfém
Bahasa Indonesia: Logam berat
íslenska: Þungmálmur
italiano: Metallo pesante
日本語: 重金属
한국어: 중금속
lietuvių: Sunkusis metalas
Plattdüütsch: Swoormetall
Nederlands: Zwaar metaal
norsk nynorsk: Tungmetall
norsk: Tungmetall
português: Metal pesado
română: Metale grele
Simple English: Heavy metals
slovenčina: Ťažký kov
slovenščina: Težka kovina
српски / srpski: Teški metal (hemija)
svenska: Tungmetall
Türkçe: Ağır metal
українська: Важкі метали
Tiếng Việt: Kim loại nặng
吴语: 重金属
中文: 重金属
粵語: 重金屬