Maio do 68

Maio do 68 foi un movemento estudantil que tivo lugar en Francia entre maio e xuño de 1968

Desenvolvemento

Durante o mes de maio de 1968, Francia foi oescenario dun importante movemento estudantil e social, que forzou ao xeneral De Gaulle a disolver a Asemblea nacional e a organizar novas eleccións. Este movemento formou parte dun conxunto de acontecementos nos medios estudantís dun gran número de países, como a República Federal de Alemaña (movemento SDS - Sozialistischer Deutscher Studentenbund), os Estados Unidos (accións contra a guerra de Vietnam), Checoslovaquia (Primavera de Praga) ou México.

Este movemento comeza nos dous lados da cortina de aceiro. A partir de 1967, varios campus nos Estados Unidos ou Polonia, por exemplo, levántanse contra a política educativa. En Francia, estes acontecementos toman con todo unha amplitude particular xa que se acompañan de potentes manifestacións de estudantes, logo dunha folga xeral que paraliza completamente o país (os camións militares deberán asegurar o transporte de fortuna).

Tamén foi acompañado dunha onda de reunións informais dentro dos organismos, empresas, administracións, os colexios e as universidades, teatros, casas de mozas, das casas da cultura. En todo o país, as portas ábrense a calquera cidadán, a palabra libérase e pasa a ser por algunhas semanas a razón de ser dos franceses.

Entusiasmados, abatidos, dubitativos ou meditativos, cada un, segundo a súa sensibilidade participa ou observa. Diálogos intensos establécense nas rúas, entre descoñecidos, e a través das xeracións. Os slogans do 68 eran poéticos, subversivos, apocalípticos, revolucionarios:

  • Sede realistas, pedide o imposible
  • A imaxinación ao poder
  • Prohibido prohibir
  • Baixo os lastros, a praia
  • A propiedade é un crime (de Estado), entre outros.
Other Languages
беларуская (тарашкевіца)‎: Травеньскія падзеі ў Францыі 1968 году
brezhoneg: Mae 1968
català: Maig francès
Ελληνικά: Μάης του '68
français: Mai 68
עברית: מאי 1968
interlingua: Maio de 1968
Bahasa Indonesia: Mei 1968
italiano: Maggio francese
日本語: 五月危機
norsk: Mai 1968
occitan: Mai de 68
polski: Maj 1968
português: Maio de 1968
srpskohrvatski / српскохрватски: Maj 1968.
svenska: Majrevolten
українська: Червоний травень
中文: 五月风暴
粵語: 五月風暴