Irmáns Wright

Primeiro voo, 17 de decembro, 1903.

Os Irmáns Wright, é dicir, Orville Wright, nado o 19 de agosto de 1871 e finado o 30 de xaneiro de 1948, e mais Wilbur Wright, nado o 16 de abril de 1867 e finado o 30 de maio de 1912, son recoñecidos por proxectaren e construíren o primeiro aeroplano funcional e por realizaren o primeiro voo controlado nun aparello máis pesado que o aire, alén de outras realizacións destacábeis da historia da aviación. Con todo, hai algunha polémica canto ao feito de teren ou non sido os primeiros a realizar estas accións, reclamadas por parte doutros individuos e nacións. O caso máis célebre e convincente é o do inventor brasileiro Alberto Santos-Dumont, considerado, principalmente no Brasil, como o creador do primeiro aparello voador "mais pesado que o ar" - o seu 1907 14-Bis, construído en Francia.

Traxectoria

O seu primeiro voo foi o 17 de decembro de 1903, en Kitty Hawk, a bordo do Flyer I. [1]

Realmente a súa grande importancia na historia da aviación foi o control de viraxe mediante o alabeo. Até entón os avións existentes eran difíciles de controlar por non considerarse necesaria a inclinación das alas para cambiar de dirección. O metódico e minucioso do traballo dos Wright estableceu as bases para o voo dos aparellos máis pesados que o ar.

Chegaron a construír o primeiro túnel aerodinámico para medir a sustentación que producen distintos perfís a distintos ángulos de ataque. Fixeron voar controladamente un aeroplano de 350 kg, construído cos pesados materiais da época, cun motor de só 19 cabalos (actualmente un ULM similar, de 200 kg, voa con 50 cv). É importante recordar que tamén tiveron que aprender a pilotar e moi ben, porque as actuais reproducións do Flyer I son moi difíciles de voar, incluso en mans de pilotos expertos.

Other Languages
aragonés: Chirmans Wright
العربية: الأخوان رايت
asturianu: Hermanos Wright
azərbaycanca: Rayt qardaşları
беларуская: Браты Райт
беларуская (тарашкевіца)‎: Райт (браты)
български: Братя Райт
brezhoneg: Breudeur Wright
bosanski: Braća Wright
Ελληνικά: Αδελφοί Ράιτ
Esperanto: Fratoj Wright
español: Hermanos Wright
euskara: Wright anaiak
ગુજરાતી: રાઈટ બંધુઓ
हिन्दी: राइट बंधु
hrvatski: Braća Wright
Bahasa Indonesia: Wright Bersaudara
íslenska: Wright-bræður
italiano: Fratelli Wright
日本語: ライト兄弟
한국어: 라이트 형제
Lëtzebuergesch: Bridder Wright
lietuvių: Broliai Raitai
latviešu: Brāļi Raiti
मैथिली: राइट बन्धु
олык марий: Райт иза-шольо
македонски: Браќа Рајт
монгол: Ах дүү Райт
मराठी: राइट बंधू
Bahasa Melayu: Wright bersaudara
Mirandés: Armanos Wright
မြန်မာဘာသာ: ရိုက်ညီနောင်
Napulitano: Frate Wright
नेपाल भाषा: राईट दाजुकिजा
Nederlands: Gebroeders Wright
norsk nynorsk: Wright-brørne
ਪੰਜਾਬੀ: ਰਾਇਟ ਭਰਾ
Piemontèis: Frej Wright
português: Irmãos Wright
română: Frații Wright
русский: Братья Райт
sicilianu: Frati Wright
srpskohrvatski / српскохрватски: Braća Wright
Simple English: Wright brothers
slovenčina: Bratia Wrightovci
slovenščina: Brata Wright
српски / srpski: Браћа Рајт
татарча/tatarça: Rayt bertuğannar
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئاكا-ئۇكا رايتلار
українська: Брати Райт
Tiếng Việt: Anh em nhà Wright
хальмг: Братья Райт
中文: 莱特兄弟
Bân-lâm-gú: Wright hiaⁿ-tī
粵語: 萊特兄弟