India

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República da India
भारत गणराज्य
Bhārat Gaṇarājya
Bandeira da India
Emblema da India
BandeiraEmblema
India (orthographic projection).svg
Lema: Satyameva Jayate (सत्यमेव जयते)
(Sánscrito: Só a verdade triunfa)[1]
Capital
 • Poboación
Nova Deli
257 803 (2011)[2] 1
Cidade máis poboadaBombai
 • Poboación12 442 373 (2011)[3] 2
Linguas oficiaisHindi e inglés3
Forma de gobernoRepública federal[4] parlamentaria[5][1]
Ram Nath Kovind
Narendra Modi
• Dominio
República
15 de agosto de 1947
26 de xaneiro de 1950
SuperficiePosto 7º
 • Total3 287 590[6][nota 1] km²
 • % auga9,56
Fronteiras14 103 km
Costas7 .516 km
PoboaciónPosto 2º
 • Total (2011[7][8])1 210 854 977 hab.
 • Densidade395.3 hab./km²
PIB (nominal)Posto 7º
 • Total (2018 estimado)2 654 billóns US$[9]
 • per cápita1 989 US$[9]
PIB (PPA)Posto 3º
 • Total (2018 estimado)10 339 billóns de dólares[9]
 • per cápita7 749 US$[9]
MoedaRupia ((₹), INR)
IDH (2015)0,624[10] (131º) – Medio
XentilicioIndio, india, hindú
Fuso horarioUTC +5:30
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.in
Prefixo telefónico+91
Prefixo radiofónicoATA-AWZ, VTA-VWZ, 8TA-8YZ
Código ISO356 / IND / IN
Membro de: ONU, SAARC, Commonwealth
1 26 454 000 na súa área metropolitana en 2016.[11]
2 18 414 288 na súa área metropolitana en 2011.[12]
3 Están tamén recoñecidas como linguas rexionais: Assamés, bengalí, bodo, caxemirés, dogri, gujarati, hindi, kannada, konkani, maithili, malaialam, manipuri, marathi, nepalés, oriya, punjabi, sánscrito, santali, sindhi, támil, telugu e urdú

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.[13] Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste;[nota 2] a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.[14] Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo.[9] A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento,[15] sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza,[16] a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Etimoloxía

O nome India deriva de Indus, que á súa vez deriva da palabra Hinduš, en persa antigo. Do sánscrito Sindhu, a denominación local histórica para o río Indo.[17] Os gregos clásicos referíanse aos indios como Indoi (Ινδοί), pobos do Indo.[18]

A Constitución da India e o uso común en varias linguas indias igualmente recoñecen Bharat como nome oficial de igual status.[19] É unha modernización do nome histórico Bharatavarsha, que gañou apoios dende o século XIX ata os nosos días como un nome nativo da India.[20] Os estudosos cren que o nome débese á tribo védica dos Bharatas no Punjab no segundo milenio antes de Cristo.[21] Con todo, tradicionalmente, está asociado co reinado do lendario emperador Bharata.[22] Gaṇarājya (literalmente, Estado da xente) é o termo sánscrito/hindi para "república" que se remonta a tempos antigos.[23][24][25]

Indostán, que é a palabra persa para a “terra dos hindús” e historicamente referida ao norte da India, é tamén empregada ocasionalmente como sinónimo para toda a India.[26] Este nome da India data do terceiro século antes de Cristo e foi introducida polos mogois e foi amplamente empregado dende aquela. O seu significado varía, referíndose a unha rexión que comprende o norte da India e Paquistán, ou a India na súa totalidade.[20][27][26]

Other Languages
Acèh: India
адыгабзэ: Индие
Afrikaans: Indië
Akan: India
Alemannisch: Indien
አማርኛ: ህንድ
aragonés: India
Ænglisc: Indea
العربية: الهند
ܐܪܡܝܐ: ܗܢܕܘ
مصرى: الهند
অসমীয়া: ভাৰত
asturianu: India
Aymar aru: Indya
azərbaycanca: Hindistan
تۆرکجه: هیندوستان
башҡортса: Һиндостан
Boarisch: Indien
žemaitėška: Indėjė
Bikol Central: Indya
беларуская: Індыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Індыя
български: Индия
भोजपुरी: भारत
Bislama: India
Bahasa Banjar: India
বাংলা: ভারত
བོད་ཡིག: རྒྱ་གར།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ভারত
brezhoneg: India
bosanski: Indija
ᨅᨔ ᨕᨘᨁᨗ: India
буряад: Энэдхэг
català: Índia
Chavacano de Zamboanga: India
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Éng-dô
нохчийн: ХӀинди
Cebuano: Indya
Chamoru: India
ᏣᎳᎩ: ᎢᏂᏗᎢᎠ
کوردی: ھیندستان
corsu: India
qırımtatarca: İndistan
čeština: Indie
kaszëbsczi: Indie
Чӑвашла: Инди
Cymraeg: India
dansk: Indien
Deutsch: Indien
Thuɔŋjäŋ: Indiɛn
Zazaki: Hindıstan
dolnoserbski: Indiska
डोटेली: भारत
ދިވެހިބަސް: އިންޑިޔާ
ཇོང་ཁ: རྒྱ་གར
eʋegbe: India
Ελληνικά: Ινδία
English: India
Esperanto: Barato
español: India
eesti: India
euskara: India
estremeñu: La Índia
فارسی: هند
suomi: Intia
Võro: India
føroyskt: India
français: Inde
arpetan: Ende
Nordfriisk: Indien
furlan: Indie
Frysk: Yndia
Gaeilge: An India
Gagauz: İndiya
贛語: 印度
Gàidhlig: Na h-Innseachan
گیلکی: هند
Avañe'ẽ: Índia
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: भारत
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌹𐌽𐌳𐌹𐌰
ગુજરાતી: ભારત
Gaelg: Yn Injey
Hausa: Indiya
客家語/Hak-kâ-ngî: Yin-thu
Hawaiʻi: ‘Īnia
עברית: הודו
हिन्दी: भारत
Fiji Hindi: India
hrvatski: Indija
hornjoserbsce: Indiska
Kreyòl ayisyen: End
magyar: India
հայերեն: Հնդկաստան
interlingua: India
Bahasa Indonesia: India
Interlingue: India
Igbo: Ndia
Ilokano: India
ГӀалгӀай: ХIиндиче
Ido: India
íslenska: Indland
italiano: India
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐃᓐᑎᐊ
日本語: インド
Patois: India
la .lojban.: xingu'e
Basa Jawa: Indhi
ქართული: ინდოეთი
Qaraqalpaqsha: Hindistan
Taqbaylit: Lhend
Адыгэбзэ: Индиэ
Kabɩyɛ: Ɛndɩ
Kongo: India
Gĩkũyũ: India
қазақша: Үндістан
kalaallisut: India
ភាសាខ្មែរ: ឥណ្ឌា
ಕನ್ನಡ: ಭಾರತ
한국어: 인도
къарачай-малкъар: Индия
कॉशुर / کٲشُر: بًارت
kurdî: Hindistan
коми: Индия
kernowek: Eynda
Кыргызча: Индия
Latina: India
Ladino: India
Lëtzebuergesch: Indien
лезги: Индия
Lingua Franca Nova: Barat
Limburgs: India
Ligure: India
lumbaart: India
lingála: India
لۊری شومالی: هاٛن
lietuvių: Indija
latgaļu: Iņdeja
latviešu: Indija
मैथिली: भारत
Basa Banyumasan: India
мокшень: Индие
Malagasy: India
олык марий: Индий
Māori: Īnia
Baso Minangkabau: India
македонски: Индија
മലയാളം: ഇന്ത്യ
монгол: Энэтхэг
मराठी: भारत
Bahasa Melayu: India
Malti: Indja
Mirandés: Índia
မြန်မာဘာသာ: အိန္ဒိယနိုင်ငံ
مازِرونی: هند
Dorerin Naoero: Indjiya
Nāhuatl: India
Napulitano: Innia
Plattdüütsch: Indien
Nedersaksies: India
नेपाली: भारत
नेपाल भाषा: भारत
Nederlands: India
norsk nynorsk: India
norsk: India
Novial: India
Nouormand: Înde
Sesotho sa Leboa: India
Chi-Chewa: India
occitan: Índia
Livvinkarjala: Indii
Oromoo: Indiyaa
ଓଡ଼ିଆ: ଭାରତ
Ирон: Инди
ਪੰਜਾਬੀ: ਭਾਰਤ
Kapampangan: India
Papiamentu: India
Picard: Inde
Deitsch: India
पालि: भारत
Norfuk / Pitkern: Endya
polski: Indie
Piemontèis: India
پنجابی: ھندستان
پښتو: هند
português: Índia
Runa Simi: Indya
rumantsch: India
Romani: Bharat
Kirundi: Ubuhindi
română: India
armãneashti: India
tarandíne: Indie
русский: Индия
русиньскый: Індія
Kinyarwanda: Ubuhinde
संस्कृतम्: भारतम्
саха тыла: Индия
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱥᱤᱧᱚᱛ
sardu: Ìndia
sicilianu: Innia
Scots: Indie
سنڌي: ڀارت
davvisámegiella: India
Sängö: Indïi
srpskohrvatski / српскохрватски: Indija
Simple English: India
slovenčina: India
slovenščina: Indija
Gagana Samoa: Igitia
chiShona: India
Soomaaliga: Hindiya
shqip: India
српски / srpski: Индија
Sranantongo: Indiakondre
SiSwati: INdiya
Sesotho: India
Seeltersk: Indien
Basa Sunda: India
svenska: Indien
Kiswahili: Uhindi
ślůnski: Indyje
தமிழ்: இந்தியா
ತುಳು: ಭಾರತ
తెలుగు: భారత దేశము
tetun: Índia
тоҷикӣ: Ҳиндустон
ትግርኛ: ህንድ
Türkmençe: Hindistan
Tagalog: India
lea faka-Tonga: ʻInitia
Tok Pisin: India
Türkçe: Hindistan
Xitsonga: Indiya
татарча/tatarça: Һиндстан
chiTumbuka: India
Twi: India
reo tahiti: ’Inītia
удмурт: Индия
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ھىندىستان
українська: Індія
اردو: بھارت
oʻzbekcha/ўзбекча: Hindiston
vèneto: India
vepsän kel’: Indii
Tiếng Việt: Ấn Độ
West-Vlams: Indië
Volapük: Lindän
walon: Inde
Winaray: India
Wolof: End
吴语: 印度
isiXhosa: IIndia
მარგალური: ინდოეთი
ייִדיש: אינדיע
Yorùbá: Índíà
Vahcuengh: Yindu
Zeêuws: India
中文: 印度
文言: 印度
Bân-lâm-gú: Ìn-tō͘
粵語: 印度
isiZulu: India