Inconsciente

Na linguaxe corrente, o termo inconsciente utilízase como substantivo para designar o conxunto dos procesos mentais que non necesitan depender dunha prioridade, pois ou ben non son relevantes para a tarefa que se está desenvolvendo ou porque xa teñen un camiño establecido que atende a eses eventos de forma automática, polo que non son pensados conscientemente. Tamén se pode empregar como adxectivo, cunha connotación pexorativa, para falar dun individuo irresponsable ou tolo, incapaz de dar razón dos seus feitos e xestos.

Empregado por primeira vez como termo técnico en lingua inglesa en 1751 (coa significación de non consciente) polo xurista escocés Henry Lord Kames (1696-1782), o termo inconsciente popularizouse máis tarde en Alemaña, na época romántica, (por exemplo, nun poema de Goethe "Á lúa" (1777) empregándose por primeira vez o termo en alemán: "unbewusst") designando un depósito de imaxes mentais, unha fonte de paixóns cuxo contido escapaba á consciencia.

Na psicanálise, o inconsciente é o concepto chave da teoría, posto que constitúe o seu principal obxecto de estudo, e designa no sentido tópico un sistema e un lugar psíquico descoñecido para a conciencia ("a outra escena") e no sentido dinámico ao conxunto dos contidos reprimidos que son mantidos á marxe, apartados da conciencia, aínda cando eles amosen unha permanente efectividade psíquica e intensa actividade a través de mecanismos e formacións específicas.

Historia do termo

Introducido na lingua francesa cara 1860 (coa significación de vida inconsciente) polo escritor suízo Henri Amiel (1821-1881), foi admitido no Dictionnaire de l'Académie française en 1878.

Dende a Antigüidade, a idea da existencia dunha actividade que non fose a actividade da conciencia sempre deu lugar a múltiples reflexións. Pero debéuselle a René Descartes (1596-1650) o principio dun dualismo corpo/mente que levaba a facer da conciencia (e do cogito) o lugar da razón, oposto ao universo do despropósito. O pensamento inconsciente apareceu entón domesticado, sexa para integralo á razón, sexa para rexeitalo á tolemia.

Ao longo do século XIX, dende Wilhelm von Schelling (1775-1854) até Friedrich Nietzsche (1844-1900), pasando por Arthur Schopenhauer (1788-1860), a filosofía alemá adoptou unha visión do inconsciente oposta á do racionalismo e sen relación directa co punto de vista terapéutico da psiquiatría dinámica. Subliñou o lado nocturno da alma humana e tratou de facer emerxer o rostro tenebroso dunha psique soterrada nas profundidades do ser. Sobre este horizonte despregáronse os traballos da psicoloxía experimental, a medicina e a fisioloxía: pensamos en Johann Friedrich Herbart, Hermann von Helmholtz, Gustav Fechrier, Wilhelm Wundt (1832-1920) e mesmo Carl Gustav Carus (1789-1869).

Other Languages
Alemannisch: Das Unbewusste
العربية: عقل باطن
অসমীয়া: অচেতন মন
български: Несъзнавано
বাংলা: অচেতন মন
català: Inconscient
čeština: Nevědomí
Ελληνικά: Ασυνείδητο
Esperanto: Nekonscio
español: Inconsciente
eesti: Alateadvus
euskara: Inkontziente
français: Inconscient
Frysk: Unbewuste
עברית: לא-מודע
magyar: Tudattalan
Հայերեն: Անգիտակցական
íslenska: Dulvitund
italiano: Inconscio
日本語: 無意識
қазақша: Бейсаналық
한국어: 무의식
Кыргызча: Бейаңдуулук
lietuvių: Pasąmonė
македонски: Несвен ум
Bahasa Melayu: Pemikiran bawah sedar
Nederlands: Onbewuste
occitan: Inconscient
português: Inconsciente
română: Inconștient
sicilianu: Ncuscenza
Simple English: Unconscious mind
slovenčina: Nevedomie
српски / srpski: Несвесно
தமிழ்: உள்மனம்
українська: Несвідоме
Tiếng Việt: Vô thức
中文: 潛意識