Hip hop

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Hip hop
KRS-One by Wade Grayson.jpg
Orixe musicalFunk, disco, soul, R&B, electrónica,dub, reggae, rock, jazz[1] toasting, performance poetry, scat e blues parlat
Orixe culturalGriots, África
Instrumentos típicosTocadiscos, sintetizador, voz, caixa de ritmos, sampler, beatboxing
DerivadosGangsta Rap - Hip Hop Soul
Kool Herc, é considerado o pai do Hip Hop.

O hip hop é un movemento artístico e cultural nado en Nova York a finais da década de 1960, dende onde se espallou por todo o mundo, conservando uns patróns e características comúns independentemente do país onde se instalara.

Definición de hip hop

O hip-hop (cadril/cadeira-chimpo en inglés) é unha corrente artística que pode verse representada en catro temáticas principais:

Alén destes catro elementos a Zulu Nation aínda engadía un quinto considerado vital para a supervivencia e éxito do movemento: o coñecemento e a concienciación cidadá. Isto significaba o coñecemento das realidades sociais do mundo actual e da cultura, co obxectivo de formar unha identidade e unha consciencia étnica e de cidadanía entre estas persoas (recordemos que na súa inmensa maioría eran descendentes africanos sumidos na pobreza) que tiñan escaso acceso á cultura e descoñecían os seus dereitos e deberes. Desta maneira o hip hop axiña se converteu, nestes seus inicios, nun instrumento de transformación social ou, dito doutra maneira, promovía o activismo político[2].

Nos últimos anos está tomando forza unha quinta disciplina, o chamado beatboxing, que consiste na imitación dos sons instrumentais usando a gorxa e outras partes do corpo.

Tamén se considera parte do hip-hop o estilo de vestir (máis folgado do habitual, con pezas de roupa como gorras, puchos ou calzado deportivo).

Etimoloxía

A creación do vocábulo hip hop adoita atribuírse a Keith 'Cowboy' Wiggins, rapeiro que colaboraba xunto a Grandmaster Flash and the Furious Five.[3] Non obstante, Lovebug Starski, Keith Cowboy e DJ Hollywood usaban o vocábulo como un apoio verbal ao improvisar co micrófono, cando esta música era coñecida aínda como disco rap. Crese que Cowboy creou o termo cando bromeaba cun amigo que acababa de alistarse nas Forzas Armadas dos Estados Unidos, ao cantar facendo scat as palabras "hip/hop/hip/hop" de forma que imitaba a cadencia rítmica dos soldados ao marcharen.[3] Cowboy máis tarde desenvolveu a cadencia da súa rima "hip hop" como parte da súa actuación en directo, o que deseguido foi empregado por outros artistas como The Sugarhill Gang en " Rapper's Delight".[3]

Afrika Bambaataa, fundador de Universal Zulu Nation, está recoñecido como o primeiro en utilizar o vocábulo para describir unha subcultura á que esta música pertencía. Suxeriuse tamén que este era un vocábulo que se empregaba para referirse de modo pexorativo a este estilo.[4] O primeiro uso impreso do termo foi en The Village Voice,[5] por Steven Hager, máis tarde autor dunha historia do hip hop en 1984.[6]

Other Languages
Afrikaans: Hip-hop
Alemannisch: Hip-Hop
aragonés: Hip hop
العربية: هيب هوب
asturianu: Hip hop
azərbaycanca: Hip-hop
Boarisch: Hip Hop
беларуская: Хіп-хоп
беларуская (тарашкевіца)‎: Гіп-гоп
български: Хип-хоп музика
brezhoneg: Hip hop
bosanski: Hip-hop
català: Música rap
čeština: Hip hop
Cymraeg: Hip hop
Deutsch: Hip-Hop
English: Hip hop music
Esperanto: Hiphopo
español: Hip hop
eesti: Hiphop
euskara: Hip hop
suomi: Rap
føroyskt: Hip hop
français: Hip-hop
Frysk: Hiphop
Gaeilge: Rapcheol
贛語: 嘻哈音樂
Gàidhlig: Hip-hop
hrvatski: Hip-hop glazba
magyar: Hiphop
հայերեն: Հիփ հոփ
Bahasa Indonesia: Musik hip hop
Ido: Hip hop
íslenska: Hipphopp
Kabɩyɛ: Hɩpɔpʊ
қазақша: Хип-хоп
한국어: 힙합 음악
Lëtzebuergesch: Hip-Hop
lietuvių: Hiphopas
latviešu: Hiphops
македонски: Хип хоп музика
മലയാളം: റാപ്പ്
Bahasa Melayu: Muzik hip hop
Mirandés: Hip hop
မြန်မာဘာသာ: ဟစ်ဟော့ ဂီတ
Plattdüütsch: Hip-Hop (Musik)
Nedersaksies: Hiphop
Nederlands: Hiphop
occitan: Hip-hop
Ирон: Хип-хоп
Papiamentu: Hip hop
português: Hip hop
română: Muzică hip-hop
русиньскый: Гіп-гоп
srpskohrvatski / српскохрватски: Hip hop
Simple English: Hip hop
slovenčina: Hip-hop (hudba)
slovenščina: Hip-hop
shqip: Hip hop
српски / srpski: Хип хоп
svenska: Hiphopmusik
தமிழ்: ஹிப் ஹாப்
Türkçe: Hip hop müzik
oʻzbekcha/ўзбекча: Hip hop
Tiếng Việt: Hip hop
Wolof: Hip-hop
მარგალური: ჰიპ-ჰოპი
ייִדיש: היפ האפ
Yorùbá: Orin hip hop
中文: 嘻哈音樂
Bân-lâm-gú: Hip hop
粵語: Hip hop