Himno do Brasil

Hino Nacional Brasileiro
Bandeira do Brasil.JPG
Himno doFlag of Brazil.svg Brasil
LetraOsório Duque-Estrada
1909
MúsicaFrancisco Manuel da Silva
1831
Adoptado1831

Mostra da música

O Himno Nacional Brasileiro é o himno do Brasil. Composto por Francisco Manuel da Silva en 1831, a letra data de 1909 sendo o seu autor Joaquim Osório Duque Estrada. Foi oficializado pola lei nº 5.700, de 1 de setembro de 1971, publicada no Diario Oficial do 2 de setembro de 1971.

Historia e características

É un himno executado como saúdo á Bandeira Nacional e ao presidente da República, ao Congreso Nacional brasileiro e ao Supremo Tribunal Federal brasileiro. Tamén é de uso noutros casos que stán determinados polos regulamentos de saúdo ou cortesía internacional. A súa execución está permitida mesmo na apertura de sesións cívicas, nas cerimonias relixiosas de carácter patriótico e antes de eventos deportivos internacionais. A música do himno é de Francisco Manuel da Silva e foi inicialmente composta para banda.

En 1831, tornouse popular con versos que lembraban a abdicación de Pedro I, emperador do Brasil. Posteriormente, á época da coroación de Pedro II, a súa letra foi trocada e a composición, debido a súa popularidade, pasou a ser considerada como o himno nacional brasileiro, aínda cando non fora oficializado como tal. Logo da proclamación da República brasileira os gobernantes abriran un concurso para a oficialización dun novo himno, gañado por Leopoldo Miguez. Mentres, coas manifestacións populares contrarias á adopción do novo himno, o presidente da República, Deodoro da Fonseca, oficializou como Himno Nacional Brasileiro a composición de Francisco Manuel da Silva, establecendo que a composición de Leopoldo Miguez sería o Himno da Proclamação da República.

Durante o centenario da Proclamación da Independencia, en 1922, finalmente a letra escrita polo poeta e xornalista Joaquim Osório Duque Estrada tornouse oficial. A orquestración do himno é de A. Assis Republicano e súa instrumentación para banda é do tenente Antônio Pinto Júnior. A adaptación vocal foi feita por Alberto Nepomuceno e está prohibida a execución de calquera outros arranxos vocais ou artístico-instrumentais do himno.

Other Languages
azərbaycanca: Braziliya himni
беларуская: Гімн Бразіліі
български: Химн на Бразилия
čeština: Brazilská hymna
Bahasa Indonesia: Hino Nacional Brasileiro
Bahasa Melayu: Lagu Kebangsaan Brazil
srpskohrvatski / српскохрватски: Hino Nacional Brasileiro
українська: Гімн Бразилії
Tiếng Việt: Hino Nacional Brasileiro
中文: 巴西國歌
粵語: 巴西國歌