Henrique de Borgoña

Henrique de Borgoña
Conde de Portugal
Henry, Count of Portugal.jpg

Reinado10931112
Nacementoca. 1066
Dijon, Ducado de Borgoña, feudo do Reino de Francia
Falecemento22 de maio de 1112
Astorga, Reino de León
SepulturaCatedral de Braga, Braga, Condado de Portugal
PredecesorRaimundo de Borgoña
ConsorteTeresa de León
Casa realCasa de Borgoña
ProxenitoresHenrique de Borgoña
Sibila de Barcelona

Escudo de Henrique de Borgoña
Armas de Henrique de Borgoña

Henrique de Borgoña, nado no 1066 en Dijon e finado o 24 de abril de 1112 en Astorga, foi un nobre de orixe francesa, conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte e pai do primeiro Rei de Portugal, Afonso Henríques.

Fillo de Henrique de Borgoña (1035-1066), último dos fillos do duque Roberto I de Borgoña, Roberto o Vello, e de Sibila de Barcelona, era neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso. Foi irmán de Hugo I de Borgoña, duque de Borgoña, e de Eudes I de Borgoña, así mesmo duque de Borgoña.[1]

Tamén era parente de Raimundo de Borgoña, e do papa Calisto II.

Traxectoria

Orixes e primeiros anos

Henrique de Borgoña naceu en Dijon, daquela a capital do ducado de Borgoña, no ano 1066. O seu pai era Henrique de Borgoña, chamado o Donzel —un fillo do duque Roberto I de Borgoña (fillo á súa vez do rei Roberto II de Francia)— e a súa nai foi Sibila de Barcelona.[2]

A súa tía paterna, Constanza de Borgoña da casa ducal de Borgoña, casara co rei Afonso VI de León, da dinastía Ximena.

Como fillo menor, Henrique tivo escasas oportunidades de adquirir títulos e fortuna por herdanza, e por esa razón procurou riqueza e poder na península Ibérica. Así, Henrique chegou en 1087 ao reino de León xunto ao seu parente Raimundo de Borgoña,[3] ofrecendo os seus servizos a Afonso VI "o Bravo",[4] participando nas campañas bélicas entre monarcas cristiáns e musulmáns.

Ambos os nobres borgoñóns chegaron como cruzados para loitar contra os almorábides. As vitorias militares dos borgoñóns e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaron a conveniencia de enlaces matrimoniais.

Así, en 1092, Afonso casou á súa filla natural Urraca con Raimundo de Borgoña, outorgándolle un impoorttante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coimbra, co título de condes de Galicia, tanto a Raimundo como a Urraca.

Dous anos máis tarde, en 1093, o outro cruzado, Henrique de Borgoña, tomaba a man da filla menor de Afonso VI, Teresa.[2]

Conde de Portugal

Representación gótica de Teresa de Portugal (dereita).
Tombos A e B da Catedral de Santiago, e Tombo de Toxos Outos, Lousame.

Contra 1095 Afonso VI outorgou a este último matrimonio o novo condado de Portugal, formado cos territorios do sur do Reino de Galicia situados entre o Miño e o Mondego (en realidade, a influencia deste condado chegaba case até o río Texo, isto é, á zona fronteiriza co norte da Lusitania.[2]

O novo condado portucalense pasou a prestarlle vasalaxe directa, desvisculándoo do de Galicia. O rei de León pretenderia así limitar o poder do conde Raimundo de Borgoña.

Ao enviuvar a raíña Urraca de León —media irmá de Teresa— por cuestións políticas e estratéxicas contrae matrimonio con Afonso I de Aragón. Henrique de Borgoña, aproveitando os problemas, conflitos familiares e políticos xurididos en torno á súa cuñada a raíña Urraca, declarou a independencia do condado de Portugal.[2]

Henrique morreu o 24 de abril de 1112 en Astorga, sendo sepultado na Sé de Braga. Á súa morte a súa viúva Teresa gobernou o condado durante a minoría do futuro Afonso I de Portugal que só contaba con tres años.

Porén, en 1128 o xove Afonso Henriques rebelouse contra a súa nai, que pretendia manterse no goberno do condado. Por iso, en 1139, Afonso reafirmouse independente de León, proclamándose rei de Portugal, recibindo o recoñecmento oficial do reino de León, en 1143, polo Tratado de Zamora, asinado o 5 de outubro dese ano co seu primo Afonso Raimúndez, que entón xa era o rei Afonso VII de León e Castela, e a do papado en 1179.

Other Languages