Guitarra eléctrica

Guitarra eléctrica Gibson Les Paul 54 Custom

Unha guitarra eléctrica é unha guitarra cun ou máis transductores electromagnéticos ("pastillas") que converten as vibracións das cordas en sinais eléctricas capaces de ser amplificadas e procesadas. Hai guitarras sen caixa de resoancia (guitarra eléctrica sólida) ou cunha caixa máis pequena do habitual (semisólida), ás veces con buratos cara o exterior con formas en "f" semellantes aos das caixas de resoancia dos violíns e outros instrumentos acústicos.

Inventada en 1931, a guitarra eléctrica fíxose moi necesaria para os músicos de jazz xa que estes precisaban amplificar o seu son debido a que o resto dos instrumentos das bandas tiñan unha sonoridade máis alta. Dende entón a guitarra eléctrica converteusenoinstrumento máis importante da música popular, e é moi usada en moitos estilos, incluíndo todos os xéneros de rock and roll, heavy metal, música country, pop, jazz, blues, e incluso a música clásica contemporánea.

Historia

Adolph Rickenbacher pode considerarse o inventor a guitarra eléctrica, aínda que a aparición deste instrumento foi un proceso no que colaboraron gran cantidade de músicos, fabricantes e técnicos durante os anos 30 e 40 nos Estados Unidos. A súa popularidade comezou na época das big bands, xa que os instrumentos amplificados fixéronse necesarios para competir cos volumes das grandes seccións de vento comúns en orquestras de jazz dos anos 30 e 40. Inicialmente, as guitarras eléctricas tiñan corpos de guitarras acústicas con transductores electromagnéticos engadidos.

Os primeiros anos

As guitarras eléctricas foron orixinalmente deseñadas por grupos de luthiers, entusiastas da electrónica e fabricantes de instrumentos, en variadas combinacións. As primeiras guitarras eléctricas, que usaban corpos de guitarras eléctricas, usaban pastillas de tungsteno e foron fabricadas nos anos 30 por Rickenbacker. En 1935, un científico soviético, traballando independientemente dos seus colegas occidentais, foi coñecido por producir unha guitarra rusa eléctrica chamada "Kuznetsov electromagnetic guitar". Foi exhibida nunha exposición tecnolóxica en Moscova, pero o seu desenvolvemento parouse debido á hostilidade do réxime de Stalin coa música de guitarra.

A primeira gravación dunha guitarra eléctrica foi do guitarrista de jazz Beddie Durham en 1937. Durham amosoulle o instrumento a un novo Charlie Christian, que o fixo famoso e é xeralmente coñecido como o primeiro guitarrista eléctrico e unha grande influencia para os guitarristas de jazz nas décadas seguintes.

A versión do instrumento máis coñecida hoxe en día é a guitarra eléctrica de corpo sólido, unha guitarra feita de madeira sólida, sen caixas de resoancia no seu interior.

Finalmente unha compañía, Audiovox, construíu e ofertou unha guitarra eléctrica de corpo sólido a mediados dos anos 30. Rickenbacher, posteriormente Rickenbacker, ofreceu un molde de aluminio de guitarra eléctrica, alcumada The Frying Pan (a tixola), en 1933, que tiña xa un son moderno e agresivo.

Outra guitarra eléctrica de corpo sólido foi deseñada e construída polo músico e inventor Les Paul a principios dos anos 40, traballando fóra de horas na fabrica de Gibson Guitar. A súa guitarra tronco (chamada así debido a que o mastro insertábase no corpo, nunha única e longa peza de madeira) foi patentada e é considerada a primeira da súa claser, aínda que o seu deseño non se asemalle moito á guitarra les Paul vendida por Gibson.

Fender

En 1950 e 1951, o fabricante de compoñentes electrónicos e amplificadores de instrumentos Clarence Leonidas Fender deseñou a primeira guitarra eléctrica de corpo sólido comercialmente exitosa, que foi inicialmente chamada "Esquire" e tiña unha pastilla magnética sinxela. A versión de dúas pastillas da Esquire foi bautizada como "Broadcaster". Porén, Gretsch tiña unha batería cun nome semellante (Broadkaster), polo que Fender cambiou o nome a "Telecaster" facendo referencia ao novo fenómeno da televisión.

No ano 1954 Fender sacou ao mercado a Fender Stratocaster. A Stratocaster presentaba varias melloras e innovacións con respecto á Telecaster.

Other Languages
Alemannisch: E-Gitarre
azərbaycanca: Elektrogitara
Boarisch: E-Gitarren
беларуская: Электрагітара
беларуская (тарашкевіца)‎: Электрагітара
Cymraeg: Gitâr drydan
Deutsch: E-Gitarre
Esperanto: Elektra gitaro
հայերեն: Էլեկտրակիթառ
Bahasa Indonesia: Gitar listrik
íslenska: Rafmagnsgítar
한국어: 전기 기타
Lingua Franca Nova: Gitar eletrical
македонски: Електрична гитара
Bahasa Melayu: Gitar elektrik
မြန်မာဘာသာ: လျှပ်စစ်ဂစ်တာ
Nederlands: Elektrische gitaar
norsk nynorsk: Elektrisk gitar
português: Guitarra elétrica
srpskohrvatski / српскохрватски: Električna gitara
Simple English: Electric guitar
slovenčina: Elektrická gitara
slovenščina: Električna kitara
српски / srpski: Електрична гитара
svenska: Elgitarr
Türkçe: Elektro gitar
татарча/tatarça: Электр гитарасы
українська: Електрогітара
oʻzbekcha/ўзбекча: Elektrogitara
Tiếng Việt: Guitar điện
吴语: 电吉他
中文: 电吉他
粵語: 電結他