Free Software Foundation

Logo da FSF.

A Free Software Foundation (FSF) -Fundación polo Software Libre- é unha organización sen ánimo de lucro fundada por Richard Stallman para apoiar o movemento polo software libre (free significa neste caso libre e non necesariamente gratis, a outra acepción que a palabra ten en inglés) e, en particular o proxecto GNU.

Desde a súa fundación até mediados da década de 1990, os fondos da FSF destináronse principalmente a pagar a programadores para que escribisen software libre. A partir de mediados ou finais da década de 1990 existen xa moitas compañías e autores individuais que escriben software libre, de xeito que os empregados e voluntarios da FSF traballan fundamentalmente en asuntos legais e estruturais en beneficio da comunidade do software libre.

Actividade actual da FSF

Facer cumprir a GPL 
A FSF dispón dos recursos e a vontade para facer cumprir a GPL e outras licenzas GNU, se ben só para o software do cal posúe os dereitos; o software publicado segundo a GPL pero propiedade doutros debe ser defendido polos seus propietarios dado que a FSF non conta con sanción oficial para facer cumprir a GPL por eles. A FSF trata unhas 50 violacións da GPL cada ano e tenta que a outra parte se aveña a cumprir sen necesidade de recorrer aos xulgados. Até xaneiro de 2004 ninguén ten levado a FSF a xuízo sobre unha disputa por copyright.
Licenzas GNU 
A licenza GNU GPL é a máis usada nos proxectos de Software Libre. A versión actual (versión 2) foi emitida en 1991, mais a FSF está a traballar na versión 3. A FSF ten publicadas tamén a Licenza Pública Xeral Menor de GNU (LGPL) e a Licenza de Documentación Libre GNU (GFDL).
Gardián de copyrights 
A FSF detenta os dereitos de todo o software de GNU e dalgún software libre non GNU. Require que toda persoa que contribúa nos paquetes de GNU ceda os seus dereitos de maneira que o software poida ser defendido diante dun tribunal se se produce unha disputa e para que, de ser preciso modificar a licenza dunha obra, se poida facer sen ter que contactar con todas as persoas que nalgunha ocasión contribuíron co seu traballo a desenvolver ese software.
O Directorio do Software Libre 
É unha listaxe de paquetes de software que se ten comprobado que son software libre. A entrada de cada paquete contén 47 informacións tales como a páxina web do proxecto, programadores, linguaxe de programación etc. Os obxectivos son fornecer un motor de procura para o software libre e unha referencia para que os usuarios poidan comprobar se un paquete foi identificado como software libre. A FSF ten recibido unha pequena cantidade de fondos da UNESCO para este proxecto. Espérase que o directorio poida ser traducido a moitos idiomas no futuro.
Mantemento da definición de Software Libre 
A FSF mantén moitos dos documentos que definen o movemento polo Software Libre.
Formación legal 
A FSF organiza seminarios relacionados con aspectos legais da utilizacion da GPL e ofrece un servizo de consultoría para avogados.
Aloxamento de Proxectos 
A FSF fornece aloxamento para proxectos a través do seu sitio web (Savannah).
Premio á Promoción do Software Libre 
Un premio anual.
Other Languages
Кыргызча: Free Software Foundation
Lëtzebuergesch: Free Software Foundation
олык марий: Эрыкан ПВ фонд
Bahasa Melayu: Yayasan Perisian Bebas
srpskohrvatski / српскохрватски: Fondacija za slobodni softver
Simple English: Free Software Foundation