Electricidade

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Centro de distribución, na entrada de Padrón desde Santiago.
Enchufe Schuko de tres entradas.
Catenaria nunha paisaxe urbana.

A electricidade é un termo xeral que abrange unha variedade de fenómenos resultantes da presenza e do fluxo de carga eléctrica. Estes inclúen moitos fenómenos facilmente recoñecibles, tales como o relampo, a electricidade estática, e as correntes eléctricas dos cableados. Alén diso, é a propiedade da materia que se basea no movemento das cargas eléctricas que produce un desequilibrio entre as mesmas. Está vinculada por tanto co estado dos átomos do material considerado. Constitúe un dos xeitos en que se pode manifestar a enerxía, e dá lugar a múltiples fenómenos de toda índole (caloríficos, mecánicos, luminosos...). Os fenómenos eléctricos están incluídos, xunto cos magnéticos, no campo do electromagnetismo.

Dise que un material é electricamente neutro cando as cargas están presentes no seu interior en cantidades iguais. Entón non manifesta características eléctricas a nivel macroscópico. Atópase en estado positivo cando hai diferenza entre o número de protóns e de electróns, tendo máis cargas positivas (protóns) por perda de electróns, e negativo cando os electróns aparecen en maior cantidade por telos gañado o material.

Estes estados dan lugar á súa vez á aparición de forzas eléctricas atraentes ou repulsivas, dependendo do signo dunhas e outras cargas: cargas de igual signo repélense e cargas de distinto signo atráense. A intensidade destas forzas é maior que a das forzas gravitatorias e pódense crear á vontade mediante distribucións axeitadas de carga, que dan lugar á aparición dun campo eléctrico ó seu arredor o que produce a interacción antedita se outra carga se mete en dito campo. A extensión de ditos campos é ilimitada, pois pola lei de Coulomb o campo abrangue ata o infinito, se ben non se considera en xeral así debido á pouca intensidade do campo cando nos afastamos moito da carga que o produce, e tamén debido a que se mestura (compón) con outros campos. O libre desprazamento de electróns no interior do material (por ex.,un metal) provoca a aparición da denominada corrente eléctrica, orixe de efectos físicos como o chamado "efecto Joule" (calórico), a electrólise (químico) ou a indución magnética (magnético).

O transporte da corrente eléctrica pode ser -en función da súa propagación- alternado (corrente alterna) ou continuo (corrente continua), considerándose xeralmente no interior dun metal aínda que tamén é posible, en condicións axeitadas, que o faga no interior dun gas e dunha disolución. A súa xeración pódese levar a cabo de moitos xeitos, por ex., mediante o fregado de corpos ou pola compresión de certos materiais -como por ex., o cuarzo (piezoelectricidade)- ou grazas á diferenza de temperatura de dous corpos unidos mediante unha soldadura (termoelectricidade, efecto de Seebeck), por medio de reaccións químicas (pilas ou acumuladores) ou por causa da indución electromagnética (dínamos e alternadores); este último é o procedemento máis utilizado en procesos industriais. Existe ademais unha íntima relación entre a corrente eléctrica e o campo electromagnético, porque debido á presenza de cargas en movemento a corrente xera o campo e a variación deste último, a aparición dunha corrente eléctrica (indución electromagnética). A conxunción dos campos, o eléctrico e o magnético, é a orixe do campo electromagnético, de estudar o cal se ocupa o electromagnetismo. Considéranse diversas manifestacións da electricidade:

Tipos en electricidade

  • Electricidade atmosférica.
  • Electricidade de cascada.
  • Electricidade de contacto. Cando se poñen en contacto dous corpos de concentracións electrónicas diferentes (é dicir, diferente densidade de carga eléctrica), o corpo de maior concentración cede electróns ó outro, e queda cargado positivamente. Nos condutores é o denominado " efecto volta".
  • Electricidade de frega. Refírese á carga que adquire un corpo cando é fregado. Os exemplos máis clásicos son os da ebonita e o vidro ó ser fregados cunha pel ou cun anaco de la. A carga que adquire o vidro é positiva, e a da ebonita, negativa. Esencialmente, o fenómeno aparece cando dous materiais distintos se aproximan a distancias moleculares, do orde dos 10−10m. Nestas circunstancias un dos corpos cede electróns ó outro, co que o dous quedan cargados con diferente signo, un por exceso e o outro por falta deles, e créase unha diferenza de potencial entre eles. O papel do frotamento consiste só en facilitar que a superficie de contacto sexa o máis extensa posible.
Other Languages
Afrikaans: Elektrisiteit
Alemannisch: Elektrizität
አማርኛ: ኮረንቲ
aragonés: Electrecidat
العربية: كهرباء
ܐܪܡܝܐ: ܟܗܪܒܐ
مصرى: كهربا
অসমীয়া: বিদ্যুৎ
asturianu: Lletricidá
azərbaycanca: Elektrik
تۆرکجه: الکتیریک
башҡортса: Электр
žemaitėška: Alektra
беларуская: Электрычнасць
беларуская (тарашкевіца)‎: Электрычнасьць
български: Електричество
भोजपुरी: बिजली
Bahasa Banjar: Lestrék
bamanankan: Kùran
বাংলা: তড়িৎ
brezhoneg: Tredan
bosanski: Elektricitet
буряад: Сахилгаан
català: Electricitat
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Diêng
کوردی: کارەبا
čeština: Elektřina
Cymraeg: Trydan
Deutsch: Elektrizität
Thuɔŋjäŋ: Manywëëth
Ελληνικά: Ηλεκτρισμός
English: Electricity
Esperanto: Elektro
español: Electricidad
eesti: Elekter
euskara: Argindar
estremeñu: Eletricidá
فارسی: برق
suomi: Sähkö
Võro: Eelektri
føroyskt: Ravmagn
français: Électricité
Nordfriisk: Elektrisiteet
furlan: Eletricitât
Gaeilge: Leictreachas
贛語: 電氣
Gàidhlig: Dealan
Avañe'ẽ: Tendyry
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: वीज
עברית: חשמל
हिन्दी: विद्युत
hrvatski: Elektricitet
interlingua: Electricitate
Bahasa Indonesia: Listrik
Ido: Elektro
íslenska: Rafmagn
italiano: Elettricità
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓴᕕᒐᐅᔭᖅ/ikumautit
日本語: 電気
Patois: Ilekchrixiti
Basa Jawa: Listrik
ქართული: ელექტრობა
Kabɩyɛ: Laatriki miŋ
қазақша: Электр
한국어: 전기
kurdî: Elektrîk
kernowek: Tredan
Latina: Electricitas
Lëtzebuergesch: Elektrizitéit
Luganda: Amasannyalaze
Limburgs: Elektricitèèt
lingála: Lotilíki
lietuvių: Elektra
latviešu: Elektrība
Malagasy: Aratra
македонски: Електрицитет
മലയാളം: വൈദ്യുതി
मराठी: वीज
Bahasa Melayu: Elektrik
Mirandés: Eilatricidade
မြန်မာဘာသာ: လျှပ်စစ်ဓာတ်အား
эрзянь: Цитерь
Napulitano: Elettricìtà
नेपाल भाषा: विद्युत
Nederlands: Elektriciteit
norsk nynorsk: Elektrisitet
Nouormand: Êtricitaé
Sesotho sa Leboa: Mohlakase
occitan: Electricitat
ଓଡ଼ିଆ: ବିଦ୍ୟୁତ
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਿਜਲੀ
پنجابی: بجلی
پښتو: برېښنا
português: Eletricidade
Runa Simi: Pinchikilla
română: Electricitate
русиньскый: Електрика
sicilianu: Elettricitati
سنڌي: بجلي
srpskohrvatski / српскохрватски: Elektricitet
Simple English: Electricity
slovenčina: Elektrina
slovenščina: Elektrika
Soomaaliga: Koronto
српски / srpski: Електрицитет
Sesotho: Mohlakase
Seeltersk: Elektrizität
Basa Sunda: Listrik
svenska: Elektricitet
Kiswahili: Umeme
తెలుగు: విద్యుత్తు
ไทย: ไฟฟ้า
Tagalog: Elektrisidad
Setswana: Motlakase
Türkçe: Elektrik
Xitsonga: Gezi
татарча/tatarça: Электр
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئېلېكتر
українська: Електрика
اردو: برق
oʻzbekcha/ўзбекча: Elektr
vepsän kel’: Elektruz
Tiếng Việt: Điện
Winaray: Elektrisidad
Wolof: Mbëj
吴语:
ייִדיש: עלעקטריע
Yorùbá: Ìtanná
中文:
Bân-lâm-gú: Tiān-khì
粵語: