Electrón

Os primeiros orbitais inferiores de átomos de hidróxeno mostradas como seccións transversais con código de cor que mostra a probabilidade de densidade

O electrón, designado como e-, é unha partícula elemental estable, pertencente á clase dos leptóns coa carga negativa máis pequena que existe na natureza (1.602*10−19 Culombios). Recibe o nome de carga elemental xa que calquera carga eléctrica está composta por un número enteiro delas.

Características

É moito máis lixeiro que o neutrón ou que o protón. Os procesos eléctricos en metais son debidos ó movemento de electróns (en fluídos corresponden a electróns, pero tamén a outras partículas), mentres que as reaccións químicas son debidas ó intercambio de electróns entre átomos, polo que se pode dicir que é a partícula que actúa na maior parte da transformación da materia. Nun campo eléctrico, móvense en dirección contraria ó campo, ou sexa, en dirección ó potencial positivo, e nun campo magnético móvense perpendicularmente ás liñas de campo. Como partícula de masa moi pequena que é réxese polas leis da Mecánica Cuántica, polo que presenta á vez propiedades de partícula e de onda. A maneira de achar o seu raio é facendo que a súa enerxía en repouso coincida coa do campo eléctrico producida pola súa carga; como onda presenta fenómenos de interferencia e fenómenos de difracción, preditos teoricamente por Louis de Broglie.

A súa lonxitude de onda a 1 eV é do orde de 1.22nm, que asemella á dos raios X; as súas propiedades ondulatorias empréganse na determinación de estruturas cristalinas, a determinación de materiais e en microscopios electrónicos. As propiedades químicas dos átomos veñen determinadas pola súa estrutura electrónica (distribución dos electróns na zona exterior do átomo chamada cortiza electrónica, ou tamén capa electrónica) e máis en particular polos que se atopan na última capa, tamén chamada capa de valencia, en xeral sen completar, ós que se lles chama electróns de valencia, que son os que fan que o átomo emita ou son os beneficiarios da radiación recibida nos espectros. A enerxía necesaria para desprender un electrón dun átomo pódese dar por medio de enerxía luminosa, debido o efecto fotoeléctrico, en forma de raios X ou raios corpusculares. Actualmente sábese que o electrón non é indestrutible, pois dita destrución pode vir dada polo choque contra un positrón, caso no que a enerxía en repouso das partículas pasa ó cuanto da radiación, que deste xeito ten orixe. Pode nacer un electrón acompañado polo positrón por medio dun cuanto de radiación suficientemente rico en enerxía no campo da outra partícula que ha de recibir a diferenza dos impulsos. Tamén se produce un electrón no núcleo atómico cando un neutrón se converte en protón. Os electróns así emitidos producen os chamados raios beta.

Os dous electróns que están no mesmo orbital chámanse emparellados, mentres que se hai só un nun orbital chámase desemparellado [1].

Other Languages
Afrikaans: Elektron
Alemannisch: Elektron
aragonés: Electrón
العربية: إلكترون
অসমীয়া: ইলেকট্ৰন
asturianu: Electrón
azərbaycanca: Elektron
تۆرکجه: الکترون
башҡортса: Электрон
Boarisch: Elektron
žemaitėška: Alektruons
беларуская: Электрон
беларуская (тарашкевіца)‎: Электрон
български: Електрон
বাংলা: ইলেকট্রন
brezhoneg: Elektron
bosanski: Elektron
ᨅᨔ ᨕᨘᨁᨗ: Elektron
català: Electró
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Diêng-cṳ̄
کوردی: ئێلێکترۆن
čeština: Elektron
Чӑвашла: Электрон
Cymraeg: Electron
dansk: Elektron
Deutsch: Elektron
Ελληνικά: Ηλεκτρόνιο
emiliàn e rumagnòl: Eletròun
English: Electron
Esperanto: Elektrono
español: Electrón
eesti: Elektron
euskara: Elektroi
فارسی: الکترون
suomi: Elektroni
Võro: Elektron
føroyskt: Elektron
français: Électron
Nordfriisk: Elektron
Frysk: Elektron
Gaeilge: Leictreon
ગુજરાતી: ઈલેક્ટ્રોન
עברית: אלקטרון
हिन्दी: इलेक्ट्रॉन
Fiji Hindi: Electron
hrvatski: Elektron
Kreyòl ayisyen: Elektwon
magyar: Elektron
Հայերեն: Էլեկտրոն
interlingua: Electron
Bahasa Indonesia: Elektron
Ilokano: Elektron
íslenska: Rafeind
italiano: Elettrone
日本語: 電子
Patois: Ilekchran
la .lojban.: dutydikca kantu
Basa Jawa: Èlèktron
ქართული: ელექტრონი
қазақша: Электрон
ភាសាខ្មែរ: អេឡិចត្រុង
한국어: 전자
Ripoarisch: Elektron
kurdî: Kareva
Кыргызча: Электрон
Latina: Electron
Lëtzebuergesch: Elektron
Lingua Franca Nova: Eletron
Limburgs: Elektron
Ligure: Elettron
lumbaart: Elettron
lingála: Eléktron
lietuvių: Elektronas
latviešu: Elektrons
македонски: Електрон
മലയാളം: ഇലക്ട്രോൺ
монгол: Электрон
मराठी: विजाणू
Bahasa Melayu: Elektron
မြန်မာဘာသာ: အီလက်ထရွန်
Plattdüütsch: Elektron
नेपाली: इलेक्ट्रोन
नेपाल भाषा: इलेक्ट्रोन
Nederlands: Elektron
norsk nynorsk: Elektron
norsk: Elektron
Novial: Elektrone
occitan: Electron
ਪੰਜਾਬੀ: ਬਿਜਲਾਣੂ
polski: Elektron
Piemontèis: Eletron
پنجابی: الیکٹران
português: Elétron
Runa Simi: Iliktrun
română: Electron
русский: Электрон
русиньскый: Електрон
संस्कृतम्: विद्युदणुः
sicilianu: Elettrùni
Scots: Electron
سنڌي: برقيو
srpskohrvatski / српскохрватски: Elektron
Simple English: Electron
slovenčina: Elektrón
slovenščina: Elektron
Soomaaliga: Elektaroon
shqip: Elektroni
српски / srpski: Електрон
Seeltersk: Elektron
Basa Sunda: Éléktron
svenska: Elektron
Kiswahili: Elektroni
తెలుగు: ఎలక్ట్రాన్
Tagalog: Elektron
Türkçe: Elektron
татарча/tatarça: Электрон
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئېلېكترون
українська: Електрон
اردو: برقیہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Elektron
vèneto: Ełetron
vepsän kel’: Elektron
Tiếng Việt: Electron
Winaray: Electron
Wolof: Mbëjfepp
吴语: 电子
хальмг: Электрон
isiXhosa: Ii-electrons
ייִדיש: עלעקטראן
中文: 电子
文言: 電子
Bân-lâm-gú: Tiān-chú
粵語: 電子