Dinastía Tang

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Dinastía Tang

618907
CapitalChang'an
(618–904)
Luoyang
(904–907)
LinguaChinés Medio
RelixiónBudismo
Taoísmo
Confucianismo
Relixión tradicional chinesa
GobernoMonarquía
Historia
 • Li Yuan apodérase do trono da Dinastía Sui618
Superficie
 • 715 est.[1]5 400 000 km²
 • 866 est.3 700 000 km²
Poboación
 • Século VII est.50 000 000 
 • Século IX est.80 000 000 
Moeda• Moeda chinesa
• Cash chinés
Precedido por
Sucedido por
Blank.pngDinastía Sui
Dinastía Liang posteriorBlank.png
Wu (dez reinos)Blank.png
WuyueBlank.png
Chu (dez reinos)Blank.png
Antigo ShuBlank.png
Qi (dez reinos)Blank.png
O reinado da Dinastía Tang foi interrompido brevemente pola Segunda Dinastía Zhou (8 de outubro de 6903 de marzo de 705) cando a emperatriz Wu Zetian se apoderou do trono.

A Dinastía Tang (en chinés 唐朝; pinyin Táng Cháo; Chinés medio Dâng) foi unha dinastía imperial chinesa precedida pola Dinastía Sui e sucedida polo período das Cinco Dinastías e Dez Reinos, que gobernou en China entre o 18 de xuño de 618 e o 1 de xuño de 907. Foi fundada pola familia Li (李), que chegou ao poder durante a decadencia e colapso do Imperio Sui. A Dinastía foi interrompida brevemente entre o 8 de outubro de 690 e o 3 de marzo de 705 pola Segunda Dinastía Zhou, cando a emperatriz Wu Zetian se apoderou do trono, converténdose na única emperatriz reinante, gobernante por dereito propio.

Historia

Ao caer a dinastía Han, no ano 220 d. C., a China viviu un longo período de desunión, caos social, desorde política e illamento económico e cultural entre o sur e o norte. O país reunificouse no 589 coa dinastía Sui e entrou nunha etapa de prosperidade e estabilidade ata a aparición do despotismo e a burocracia durante o reinado do cruel, extravagante e licencioso gobernante Yang Di. O sinólogo Guillermo Dañino Ribatto sostén que "os chineses aceptaron sempre que o mandato do ceo podía retirarse e ser outorgado a un revolucionario"; agrega ademais que "neste caso o vencedor foi Li Shimin (597-649), quen, por piedade filial, puxo o seu pai no trono antes de asumir el mesmo a función de emperador e fundar a dinastía Tang".[2]

O territorio Tang, adquirido mediante as conquistas militares dos seus primeiros gobernantes e devastadoras guerras que provocaron a morte de millóns de persoas, foi maior que o da dinastía Han. Estimulada polo contacto coa India e Oriente Medio, o imperio viviu un auxe da creatividade en numerosos campos. O budismo, que xurdira na India na época de Confucio, continuou florecendo durante o período Tang e foi adoptado pola familia imperial, converténdose nunha parte esencial da cultura tradicional chinesa. O desenvolvemento da imprenta de bloques estendeu a difusión das obras escritas a públicos máis amplos.

O período Tang foi a idade dourada da arte e a literatura chinesa. Un sistema de goberno apoiado por unha gran clase de letrados confucianos seleccionados a través dos exames da administración foi perfeccionado durante o goberno Tang. Se ben este procedemento competitivo foi deseñado para captar os mellores talentos para o goberno, unha preocupación talvez maior para os gobernantes do período Tang, conscientes de que a dependencia imperial de poderosas familias aristocráticas e xefes militares podía provocar consecuencias desestabilizadoras, era a de crear un corpo de oficiais profesionais sen bases de poder autónomas territoriais ni funcionais.

Estes funcionarios eruditos gañaron un certo status nas súas comunidades locais, así como lazos familiares e valores compartidos que os conectaban á corte imperial.[3]

O máximo esplendor da dinastía tivo lugar durante o reinado de Li Shimin, célebre emperador no que se unían habilidade política e dotes de goberno beneficiosos para a poboación. Algo que caracteriza esta dinastía foi que a maioría dos emperadores pensaron na vida da poboación que tiñan condicións de vida realmente malas polas continuas guerras. Li Shimin foi cuestionado bastante polos historiadores pola forma na que subiu ao trono. Li Shimin asasinou o seu irmán máis vello, ao que proclamaran sucesor, e o seu irmán máis novo para obrigar o seu pai a nombralo sucesor. Isto foi moi cuestionado polos historiadores mais grazas a que reinou de forma brillante, na China recórdase como un emperador grandioso.

Esplendor do imperio Tang

O emperador Li Shimin.

Li Shimin reinou dende 626 ata a súa morte en 649. O seu reinado comezou cando quitou o trono ao seu pai pola forza despois de matar os seus irmáns. Ao comezo do seu reinado o imperio era débil e tiña que dar tributo aos xiongnu para non ser atacado por eles, mais os xiongnu non se conformaban e saqueaban cidades constantemente. Li Shimin decidiu facer reformas no exército e adaptalo para ter algunha posibilidade de derrotar os xiongnu. O exército ata ese momento estaba formado na súa maior parte por infantería. Li Shimin sabía que os xiongnu eran hábiles arqueiros a cabalo e que a razón pola que non podían con eles era que a infantería chinesa antes de chegar ata eles era atacada polas frechas dos xiongnu,[4] a infantería era decimada antes de poder loitar corpo a corpo. Por iso decidiu comprar cabalos aos xiongnu, que tiñan cabalos moi rápidos e resistentes grazas a que dende que eran poldros os adestraban para a guerra. Tras comprar suficientes e de adestrar un exército de arqueiros durante uns tres anos organizou campañas contra os xiongnu que tras longas loitas nas que foron derrotados deixaron de supor unha ameaza para o imperio.

Tras derrotar os xiongnu, no imperio viviuse unha época de esplendor e poder. O imperio tiña unha próspera economía e a poboación era rica e estaba contenta co goberno, polas reformas na repartición de terras que fixo Li Shimin. Por isto moitos historiadores e a maioría dos chineses lembran a Li Shimin como un dos mellores emperadores da historia da China e non lle dan tanta importancia á forma en que subiu ao trono. Que a poesía chinesa tivese o seu máximo esplendor nesta dinastía é porque as persoas ao teren diñeiro se dedicaron a viaxar a lugares belos e que lles servían de inspiración para escribiren poemas.

Decadencia do imperio Tang

Contra mediados do século VIII, o poder Tang decaera. A inestabilidade económica interna e a subseguinte rebelión de An Lushan sinalou o comezo do declive militar para o imperio Tang. An Lushan (de nai turca e pai sogdiano), comandante de tres rexións militares favorecido pola corte, rebelouse contra o imperio (755-763) e apoderouse de Luoyang e Chang´an, iniciando coa súa revolta a decadencia definitiva do poder central e da dinastía".[5]

A derrota militar en 751 polos árabes na batalla do Talas marcou o final da autoridade Tang en Asia Central.

Por fin, o mal goberno, as intrigas da corte, a explotación económica e as rebelións populares debilitaron o imperio, permitiron ao xefe militar Zhu Wen arrebatar o trono para fundar a súa propia dinastía no ano 907. Deste modo, comezou un novo período de fragmentación na historia da China: o período das Cinco Dinastías e os Dez reinos.

Other Languages
Afrikaans: Tang-dinastie
Alemannisch: Tang-Dynastie
aragonés: Dinastía Tang
asturianu: Dinastía Tang
azərbaycanca: Tan sülaləsi
башҡортса: Тан династияһы
беларуская: Дынастыя Тан
беларуская (тарашкевіца)‎: Дынастыя Тан
български: Тан
brezhoneg: Tierniezh Tang
bosanski: Dinastija Tang
буряад: Тан улас
català: Dinastia Tang
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Dòng-dièu
čeština: Říše Tchang
Deutsch: Tang-Dynastie
English: Tang dynasty
Esperanto: Dinastio Tang
español: Dinastía Tang
euskara: Tang dinastia
français: Dynastie Tang
贛語:
客家語/Hak-kâ-ngî: Thòng-chhèu
Fiji Hindi: Tang Dynasty
hrvatski: T'ang
Bahasa Indonesia: Dinasti Tang
íslenska: Tangveldið
italiano: Dinastia Tang
日本語:
Basa Jawa: Wangsa Tang
қазақша: Тан әулеті
ភាសាខ្មែរ: រាជវង្សថាង
한국어: 당나라
Latina: Domus Tang
lietuvių: Tangų dinastija
latviešu: Tanu dinastija
монгол: Тан улс
Bahasa Melayu: Dinasti Tang
မြန်မာဘာသာ: ထန်မင်းဆက်
مازِرونی: تانگ سلسله
नेपाल भाषा: ताङ्ग राजवंश
Nederlands: Tang-dynastie
norsk nynorsk: Tang-dynastiet
occitan: Dinastia Tang
پنجابی: تانگ
português: Dinastia Tang
română: Dinastia Tang
srpskohrvatski / српскохрватски: Dinastija Tang
Simple English: Tang Dynasty
slovenčina: Tchang (dynastia)
slovenščina: Dinastija Tang
српски / srpski: Династија Танг
svenska: Tangdynastin
Kiswahili: Nasaba ya Tang
Türkmençe: Tan (dinastiýa)
Türkçe: Tang Hanedanı
татарча/tatarça: Таң династиясе
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: تاڭ سۇلالىسى
українська: Династія Тан
oʻzbekcha/ўзбекча: Tan
Tiếng Việt: Nhà Đường
吴语: 唐朝
Vahcuengh: Dangzciuz
中文: 唐朝
文言:
Bân-lâm-gú: Tông
粵語: 大唐