Dialogues Concerning Natural Religion

Dialogues concerning Natural Religion (Diálogos relativos á relixión natural) é unha obra do filósofo escocés David Hume que comezou a escribir arredor de 1750 e completou en 1776 pouco antes da súa morte, publicouse postumamente en 1779.

Tema

Intercambio de puntos de vista sobre o tema da relixión natural entre intelectuais de diversa orientación, reunidos na biblioteca dun deles. Debaten sobre a existencia e natureza de Deus, o sentido da orde ou finalidade da natureza e o problema do mal no mundo.