Dacca
English: Dhaka

Dacca
ঢাকা
Dhaka Montage 2019.jpg
Imaxes da cidade
Localización
Dacca en Bangladesh
Dacca
Dacca
PaísFlag of Bangladesh.svg Bangladesh
DivisiónḐhaka Bibhag
DistritoḐhaka Zila
Xeografía
Altitude4 msnm
Superficie304 km²
Demografía
Poboación14 543 124 (área metropolitana en 2011)[1]
Densidade23 029 hab/km²
Outros datos
Corporación Municipal do Norte

Dacca[2] ou Daca[3] (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a cidade capital de Bangladesh, a maior con diferenza do país e o seu centro absoluto: industrial, comercial, cultural etc. Sitúase no corazón do xigantesco e magnífico sistema fluvial que conforma o delta do Ganxes-Brahmaputra, na beira norte dun dos séus brazos, o Buriganga[4].

As súas orixes semellan datar do primeiro milenio mais non acada relevancia ata que o Imperio mogol a elixe coma capital da provincia de Bengala no século XVII. Dende a independencia de Bangladesh en 1971, o séu crecemento ten sido espectacular configurando unha das grandes aglomeracións do planeta. Segundo o censo, no ano 2011 tiña 14 543 124 habitantes[1].

Historia

Orixes

Os catro templos de Shiva dentro do complexo do Dhakeshwari.

A partir do século VII da nosa era hai constancia de asentamentos no lugar, entón nos dominios do reino budista de Kamarupa. No século IX pasan ao poder da dinastía hinduísta Sena (do imperio Pala), a un de cuxos raxás, Ballal Sen, se lle atribúe a fundación do templo Dhakeshwari (século XII, posible orixe do nome da cidade) no noroeste do centro actual (cidade universitaria).

Con todo, o nome co que nese tempo se identificaba a área é Bengalla. Tratábase dunha pequena cidade xunto ao río Buriganga (co pequeno brazo do Dulai protexéndoa polo leste), composta de varios mercados (Lakshmi Bazar, Shankhari Bazar, Tanti Bazar) e barrios de asentamento de artesáns e mercadores (Patuatuli, Kumartuli, Bania Nagar e Goal Nagar). Nalgunhas citas fálase de 52 bazares e 53 camiños [5].

Do século XIV ao XVI estivo en poder de soberanos turcos e afgáns. Estes últimos construíron un forte no oeste da cidade vella.

Capital mogola de Bengala

En 1608 o Imperio mogol estende o seu dominio sobre Bengala, instalando a capital da rexión en Dacca que renomean como Jahangirnagar (polo emperador Jahangir). Comeza a mellor época da historia da cidade, aquela en que se converte nun dos centros comerciais máis importantes do sueste asiático, fundamentalmente dos téxtiles do algodón. Os europeos arriban e a poboación crece ata se converter, na segunda metade do século XVII, nunha grande urbe (18x12 km) [6].

A expansión prodúcese sobre todo ao longo da beira do río, establecéndose o centro comercial e institucional no oeste da cidade pre-mogol, entre a área do Forte (convertido en primeira residencia dos vicerreis mogois) e o Buriganga, zona hoxe chamada Chawk Bazar. Ao norte estendíanse as zonas residenciais. Dous eixos, establecidos despois de mediado o século polo khan Mir Jumla para unir unha rede de fortes que protexían a cidade, van marcar para sempre o desenvolvemento de Dacca: un cara o norte ata Tongi (que, á altura de Tejgaon, acolleu todas as factorías dos europeos dando inicio á vocación industrial que aínda ten o barrio); outro cara ao leste seguindo o curso do río.

O Forte Lalbagh.

Inda máis ao oeste, en tempos do emperador Aurangzeb construirase un novo pazo-fortaleza monumental, o Forte Lalbagh (1678) [7][8].

Colonia británica

En 1717 perde a condición de capital, o que sumado a que a Compañía Británica das Indias Orientais, a quen pasou a pertencer en 1765, elixiu Calcuta como o seu cuartel xeral, fixo que a cidade sufrira un grave estancamento e posterior declive económico [9]. Grandes áreas quedaron despoboadas (en 1859 a cidade viuse reducida a 5x2 km).

Só a partir da segunda metade do século XIX a cidade comezou a recobrar o pulso, polo menos no referido á modernización das súas estruturas (auga, electricidade, pavimentación). Xa en 1825 clarexouse unha área no norte para un campo de carreiras (despois Parque Ramna). Co tempo, esta área viu desenvolver ao seu arredor varios plans urbanísticos da tipoloxía de cidade-xardín. A beira do río tamén foi elixida para levantar por parte das elites as mansións, escolas, hospitais e paseos ata a chegada do ferrocarril en 1885, cando, pouco a pouco, se foi convertendo na traseira da cidade.

O Curzon Hall, no campus da Universidade de Dhaka.

Coa partición de Bengala en 1905, Lord Curzon planificou unha área institucional entre a cidade histórica e o parque Ramna, con edificios suntuosos á europea que, finalmente, perante a anulación da nova administración, desenvolveuse nos anos sucesivos como campus da Universidade de Dacca.

Independencia e capital de Bangladesh

Asemblea Nacional, Louis I. Kahn.

En 1947, a independencia e partición da India provocou a fuxida dos hindús pero, sobre todo, a chegada dunha masa inxente de refuxiados musulmáns de Bengala Occidental, Assam e Bihar, o que incrementou dramaticamente a poboación da cidade cos problemas sociais derivados do aloxamento e fornecemento de servizos axeitados.

En 1971, a constitución de Bangladesh como estado soberano fixo de Dacca a súa capital. Dende os sesenta planificábase unha nova área representativa para a capitalidade de Paquistán Oriental ao noroeste de Tejgaon a cargo dun dos arquitectos máis recoñecidos do movemento moderno, o estadounidense de ascendencia paquistaní Louis Kahn. O proxecto non rematou ata os oitenta e serviu xa para os novos cometidos estatais.

Dende a súa condición de centro dun dos países máis pobres e poboados do mundo, Dacca non deixou de medrar ata se converter nunha das maiores metrópoles do planeta, pero asemade con todos os problemas de aglomeración e precariedade característicos das urbes do terceiro mundo.

Other Languages
Acèh: Dhaka
Afrikaans: Dhaka
Alemannisch: Dhaka
አማርኛ: ዳካ
aragonés: Dhaka
العربية: دكا
مصرى: داكا
অসমীয়া: ঢাকা
asturianu: Dhaka
azərbaycanca: Dəkkə
تۆرکجه: داکا
башҡортса: Дакка
žemaitėška: Daka
Bikol Central: Dhaka
беларуская: Дака
беларуская (тарашкевіца)‎: Дака
български: Дака
भोजपुरी: ढाका
বাংলা: ঢাকা
བོད་ཡིག: དྷ་ཁ།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ঢাকা
brezhoneg: Dhaka
bosanski: Dhaka
буряад: Дакка
català: Dhaka
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Dhaka
нохчийн: Дакка
کوردی: داکا
corsu: Dacca
qırımtatarca: Dakka
čeština: Dháka
Cymraeg: Dhaka
dansk: Dhaka
Deutsch: Dhaka
डोटेली: ढाका
ދިވެހިބަސް: ޑާކާ
Ελληνικά: Ντάκα
English: Dhaka
Esperanto: Dako
español: Daca
eesti: Dhaka
euskara: Dhaka
estremeñu: Dacca
فارسی: داکا
suomi: Dhaka
français: Dacca
arpetan: Dhaka
Nordfriisk: Dhaka (Steed)
Frysk: Daka
Gaeilge: Dhaka
贛語: 達卡
Gàidhlig: Dhaka
ગુજરાતી: ઢાકા
Hausa: Dhaka
客家語/Hak-kâ-ngî: Dhaka
עברית: דאקה
हिन्दी: ढाका
Fiji Hindi: Dhaka
hrvatski: Dhaka
hornjoserbsce: Dhaka
Kreyòl ayisyen: Daka
magyar: Dakka
հայերեն: Դաքքա
interlingua: Dhaka
Bahasa Indonesia: Dhaka
Ilokano: Dhaka
ГӀалгӀай: Дакка
Ido: Dhaka
íslenska: Dakka
italiano: Dacca
日本語: ダッカ
Patois: Daaka
ქართული: დაკა
Qaraqalpaqsha: Dakka
Taqbaylit: Dakka
Kabɩyɛ: Taakaa
Kongo: Dhaka
Gĩkũyũ: Dhaka
қазақша: Дакка
kalaallisut: Dhaka
ភាសាខ្មែរ: ដាកា
ಕನ್ನಡ: ಢಾಕಾ
한국어: 다카
kurdî: Daka
kernowek: Dhaka
Кыргызча: Дакка
Latina: Dacca
Ladino: Dhaka
Lëtzebuergesch: Dhaka
лезги: Дакка
Ligure: Dhaka
lumbaart: Dhaka
لۊری شومالی: داکا
lietuvių: Daka
latviešu: Daka
मैथिली: ढाका
олык марий: Дакка
Māori: Dhaka
македонски: Дака
മലയാളം: ഢാക്ക
монгол: Дакка
मराठी: ढाका
Bahasa Melayu: Dhaka
မြန်မာဘာသာ: ဒါကာမြို့
эрзянь: Дакка
नेपाली: ढाका
Nederlands: Dhaka (stad)
norsk nynorsk: Dhaka
norsk: Dhaka
Novial: Daka
Chi-Chewa: Dhaka
occitan: Dhaka
ଓଡ଼ିଆ: ଢାକା
Ирон: Даккæ
ਪੰਜਾਬੀ: ਢਾਕਾ
Papiamentu: Dhaka
polski: Dhaka
Piemontèis: Dacca
پنجابی: ڈھاکہ
português: Daca
rumantsch: Dhaka
română: Dacca
tarandíne: Dhaka
русский: Дакка
русиньскый: Дгака
संस्कृतम्: ढाका
саха тыла: Даака
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱰᱷᱟᱠᱟ
sardu: Daca
sicilianu: Dacca
Scots: Dhaka
سنڌي: ڍاڪا
srpskohrvatski / српскохрватски: Dhaka
සිංහල: ඩකා
Simple English: Dhaka
slovenčina: Dháka
slovenščina: Daka
chiShona: Dhaka
shqip: Dhaka
српски / srpski: Дака
Sunda: Dhaka
svenska: Dhaka
Kiswahili: Dhaka
ślůnski: Dhaka
தமிழ்: டாக்கா
తెలుగు: ఢాకా
тоҷикӣ: Дака
ไทย: ธากา
Türkmençe: Dakka
Tagalog: Dhaka
Türkçe: Dakka
татарча/tatarça: Dakka
удмурт: Дакка
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: داكا
українська: Дакка
اردو: ڈھاکہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Dakka
vepsän kel’: Dakk
Tiếng Việt: Dhaka
Volapük: Dhaka
Winaray: Dhaka
吴语: 达卡
მარგალური: დაკა
ייִדיש: דאקא
Yorùbá: Dhaka
中文: 达卡
文言: 達卡
Bân-lâm-gú: Dhaka
粵語: 達卡