Década de 1800

Segundo milenio
Século XVIII
1790
 
1800
 
1810
1800  · 1801  · 1802  · 1803  · 1804
1805  · 1806  · 1807  · 1808  · 1809

A década de 1800 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1800 e remata o 31 de decembro de 1809.

1800

Artigo principal: 1800.

Gran Bretaña

  • O empresario británico Robert Owen implanta na súa fábrica de fiados de algodón (contruída en New Lanark), a xornada de traballo en dez horas e media. Tamén prohíbe que traballen os nenos menores de 10 anos. Desta forma impúlsanse as primeiras medidas de protección laboral.
  • O 1 de agosto fírmase a Acta de Unión, integrando a Irlanda, votada, a petición de Pitt (o Xove), polos deputados ingleses. Irlanda será representada, a pesar seu, no parlamento do Reino Unido.

España

India

  • O gobernador xeral da India, Richard C. Wellesley, impón o protectorado británico o nizam de Hyderabad, un territorio situado na zona central do Decán.

Indonesia

  • O 1 de xaneiro a Coroa neerlandesa faise cargo das propiedades que ten en Indonesia a Compañía das Indias Orientais, disolta pola mala xestión e corrupción.

Alemaña

  • O poeta alemán Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como "Novalis", publica os seus "Himnos de la noche", no que expresa o vínculo místico que o une con Sofía von Kühn (que era a súa prometida, morta no 1797 con 15 anos de idade). Toda a obra xira en torno á alternativa, a superposición dos soños e a realidade. A poesía alcanza mediante a densidade e a musicalidade da palabra unha forza de expresión nova, que será unha das referencias dos teóricos do romanticismo. Sentíndose rodeado pola presenza real da morte, o poeta declara apercebir as doces chamadas do invisible e desexa unirse á súa amada, non co suicidio, senón mediante o acto de voluntade. Novalis nacera no 1772 e morrería no 1801.

Reino Unido

  • O fisiólogo británico Anthony Carlisle, axudado polo físico William Nicholson, descubren a electrólise ao descompoñe-la auga acidulada. Xuntos realizan, tamén, a electrólise das sales metálicas disoltas.
  • O astrónomo anglo-alemán William Herschel descubre as ondas infravermellas. Trátase dunha onda electromagnética cun rango e frecuencia invisibles para o ollo humano. Herschel descubrirá, ademais, o planeta Urano, centos de estrelas e algunhas nebulosas.

Roma

  • O 14 de marzo o papa Pío VII (cuxo nome real era Gregorio Chiaramonti), con idade de 59 anos sobe ó solio pontificio, na calidade de sucesor de Pío VI (despois de 7 meses e medio nos que o trono pontifical permaneceu baleiro). Pío VII asumirá o seu cargo durante 23 anos (xa que finará o 20 de agosto de 1823).

Malta

  • As tropas británicas ocupan a illa tralo asedio de 2 anos. O británicos non pensan devolve-la illa de Malta á Orde dos Cabaleiros e prepáranse para unha longa ocupación.

Francia

  • Napoleón Bonaparte instálase nunha casa acomodada nas Tullerías o 19 de febreiro. O día seguinte (20 de febreiro) a Banca de Francia, que fora fundada por unha asociación de banqueiros que contaban co patrocinio de Napoleón, escomenza as primeiras operacións.
  • O 14 de xuño durante unha revolta en Exipto na que morre o xeneral francés, Jean Baptiste Kléber, o seu substituto, o xeneral francés Jacques Francois de Boussay, asume o poder militar no país. Tamén nese mesmo día, as tropas de Napoleón Bonaparte derrotan o exército austríaco na batalla de Marengo.

Italia

  • Na cidade de Pavía dáse a coñecer o invento da pila eléctrica creada por Alessandro Volta (que nacera na localidade de Como un 19 de febreiro de 1745 e finaría na mesma o 5 de marzo de 1827). A pila estaba composta por parellas de laminillas de cinc e cobre en contacto directo; cada parella estaba separada da seguinte por un cartón húmido. A artefacto desempeñaba a acción dunha batería de condensadores que se recarga de forma inmediata.
  • En maio, unha segunda campaña de Napoleón Bonaparte (que duraría ata decembro de 1800), desenvolverase no marco da segunda coalición. Napoleón atravesará o Gran San Bernardo cun exército de reserva (feito que ocorrirá do 14 ao 23 de maio). Despois do éxito da vanguarda en Montebello (o 9 de xuño), vólvese a enfrontar contra os austríacos en Marengo (onde Desaix e Boudet transformarán en vitoria decisiva unha situación moi crítica). Mentres que Moreau e o exército de Alemaña invaden Baviera e ameazan o interior de Austria, Napoleón Bonaparte ocupa Lombardía e Venecia, impoñendo a Austria o armisticio de Trévise (que se asinará o 15 de xaneiro de 1801), preludio do tratado de Lunéville.

Arte e cultura

Other Languages
aragonés: Anyos 1800
العربية: عقد 1800
asturianu: Década del 1800
беларуская: 1800-я
беларуская (тарашкевіца)‎: 1800-я
bosanski: 1800-te
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: 1800 nièng-dâi
Чӑвашла: 1800-мĕш çулсем
Cymraeg: 1800au
dansk: 1800'erne
Deutsch: 1800er
emiliàn e rumagnòl: An 1800
Esperanto: 1800-aj jaroj
español: Años 1800
føroyskt: 1800-árini
français: Années 1800
Gaeilge: 1800í
贛語: 1800年代
Gàidhlig: 1800an
Gaelg: 1800yn
Fiji Hindi: 1800s
hrvatski: 1800-ih
Bahasa Indonesia: 1800-an
íslenska: 1801-1810
italiano: Anni 1800
日本語: 1800年代
Basa Jawa: 1800-an
ქართული: 1800-იანები
한국어: 1800년대
македонски: 1800-ти
Bahasa Melayu: 1800-an
эрзянь: 1800 це иеть
Nāhuatl: 1800 xiuhtin
Nederlands: 1800-1809
Nouormand: Annaées 1800
Sesotho sa Leboa: 1800s
Ирон: 1800-тæ
ਪੰਜਾਬੀ: 1800 ਦਾ ਦਹਾਕਾ
português: Década de 1800
Runa Simi: 1800 watakuna
română: Anii 1800
русский: 1800-е годы
саха тыла: 1800-с
sicilianu: 1800ini
davvisámegiella: 1800-lohku
srpskohrvatski / српскохрватски: 1800–1809
Simple English: 1800s
slovenščina: 1800.
shqip: Vitet 1800
српски / srpski: 1800-е
Basa Sunda: 1800-an
Kiswahili: Miaka ya 1800
தமிழ்: 1800கள்
Türkmençe: 1800–1809
Türkçe: 1800'ler
татарча/tatarça: 1800-еллар
українська: 1800-ті
oʻzbekcha/ўзбекча: 1800-lar
Tiếng Việt: Thập niên 1800
吴语: 1800年代
中文: 1800年代
Bân-lâm-gú: 1800 nî-tāi
粵語: 1800年代