Commelinidae

Commelínidas
Commelinidae
Tradescantia pallida, unha commelinácea
Tradescantia pallida, unha commelinácea
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Angiospermae
Clase:Monocotyledoneae
Subclase:Commelinidae
Takht., (1967)[1]

(Familias 76 a 106 en LAPG III 2009.[2]

Ordes

:sensu APG III (2009)[3] e Angiosperm Phylogeny Website.[4] Números de familia segundo LAPG III 2009.[2]

A das commelínidas (Commelinidae) é un taxon de plantas situado na categoría taxonómica de subclase, utilizado en sistemas de clasificación modernos, como o sistema de clasificación APG III de 2009.[3] e polo Angiosperm Phylogeny Website, (do 2001 en adiante)[4].

Nestes sistemas de clasificación este taxon se sitúa no clado monocotiledóneas (aquí comsiderado como clase), e está constituído polas ordes das Arecales, Zingiberales, Commelinales e Poales, e pola familia das Dasypogonaceae (que en xaneiro do 2011 aínda non fora asignada a ningunha orde).

Este taxon tal como aquí se describe forma un grupo monofilético ben establecido tanto por caracteres morfolóxicos como por análises moleculares de ADN, polo que xa se sospeitaba da súa existencia desde haí tempo.

Pero noutros sistemas de clasificación "clásicos", como o de Cronquist de 1981,[5] a súa adscrición era distinta, aproximándose ao aquí definido como Poales). Unha aparente sinapomorfía química que une a todo o grupo é a presenza de ácidos fluorescentes á luz ultravioleta (incluíndo ácidos cumarínicos, ferúlicos e diferúlicos).

A commelínidas inclúen un gran número de plantas economicamente importantes, entre elas as palmeiras (familia das Arecaceae), o xenxibre (da familia das Zingiberaceae), aa bananeiras (da familia das Musaceae) e os pastos e cereais (da familia das Poaceae).

Filoxenia

O cladograma, actualizado á data de 2009, da situación do clado dentro das monocotiledóneas, e das relacións entre os seus subclados, é o seguinte:[4]

Monocotyledoneae

Acorales (=Acoraceae)




Alismatales (incluíndo Araceae)




Petrosaviales (=Petrosaviaceae)





Dioscoreales



Pandanales





Liliales




Asparagales


Commelinidae

      

Dasypogonaceae



Arecales (=Arecaceae)




Poales




Commelinales



Zingiberales












Other Languages
asturianu: Commelinidae
bosanski: Commelinidae
English: Commelinidae
Esperanto: Commelinidae
español: Commelinidae
euskara: Commelinidae
français: Commelinidae
italiano: Commelinidae
kurdî: Commelinidae
Latina: Commelinidae
Nederlands: Commelinidae
polski: Komelinowe
português: Commelinidae