Charles-Augustin de Coulomb

  • charles de coulomb
    charles de coulomb.png
    retrato por hippolyte lecomte
    datos persoais
    nacemento14 de xuño de 1736
    lugarangoulême
    falecemento23 de agosto de 1806
    lugarparís
    residenciafrancia
    nacionalidadefrancés
    actividade
    campofísica
    alma máterÉcole du génie en mézieres
    contribucións e premios
    coñecido porforzas entre cargas eléctricas
    editar datos en wikidata ]

    charles-augustin de coulomb, nado na angoulême o 14 de xuño de 1736, finado en parís o 23 de agosto de 1806, foi un físico e enxeñeiro militar francés. É recoñecido por ter descrito de xeito matemático a lei de atracción entre cargas eléctricas. na súa honra a unidade de carga eléctrica leva o nome de coulomb (c).

    entre outras teorías e estudos débeselle tamén a teoría da torsión recta e unha análise do fallo do terreo dentro da mecánica de solos.

    foi o primeiro científico en establecer as leis cuantitativas da electrostática, ademais de realizar moitas investigacións sobre: magnetismo, rozamento e electricidade. as súas investigacións científicas están recollidas en sete memorias, nas que expón teoricamente os fundamentos do magnetismo e da electrostática. en 1777 inventou a balanza de torsión para medir a forza de atracción ou repulsión que exercen entre si dúas cargas eléctricas, e estableceu a función que liga esta forza coa distancia. con este invento, culminado en 1785, coulomb puido establecer o principio que rexe a interacción entre as cargas eléctricas, actualmente coñecido como lei de coulomb: . coulomb tamén estudou a electrización por frotamento e a polarización, e introduciu o concepto de momento magnético. o culombio ou coulomb (símbolo c), é a unidade derivada do sistema internacional de unidades (si) para a medida da magnitude física cantidade de electricidade (carga eléctrica).

  • traxectoria
  • véxase tamén

Charles de Coulomb
Charles de Coulomb.png
Retrato por Hippolyte Lecomte
Datos persoais
Nacemento14 de xuño de 1736
LugarAngoulême
Falecemento23 de agosto de 1806
LugarParís
ResidenciaFrancia
Nacionalidadefrancés
Actividade
CampoFísica
Alma máterÉcole du Génie en Mézieres
Contribucións e premios
Coñecido porForzas entre cargas eléctricas
editar datos en Wikidata ]

Charles-Augustin de Coulomb, nado na Angoulême o 14 de xuño de 1736, finado en París o 23 de agosto de 1806, foi un físico e enxeñeiro militar francés. É recoñecido por ter descrito de xeito matemático a lei de atracción entre cargas eléctricas. Na súa honra a unidade de carga eléctrica leva o nome de coulomb (C).

Entre outras teorías e estudos débeselle tamén a teoría da torsión recta e unha análise do fallo do terreo dentro da mecánica de solos.

Foi o primeiro científico en establecer as leis cuantitativas da electrostática, ademais de realizar moitas investigacións sobre: magnetismo, rozamento e electricidade. As súas investigacións científicas están recollidas en sete memorias, nas que expón teoricamente os fundamentos do magnetismo e da electrostática. En 1777 inventou a balanza de torsión para medir a forza de atracción ou repulsión que exercen entre si dúas cargas eléctricas, e estableceu a función que liga esta forza coa distancia. Con este invento, culminado en 1785, Coulomb puido establecer o principio que rexe a interacción entre as cargas eléctricas, actualmente coñecido como lei de Coulomb: . Coulomb tamén estudou a electrización por frotamento e a polarización, e introduciu o concepto de momento magnético. O culombio ou coulomb (símbolo C), é a unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para a medida da magnitude física cantidade de electricidade (carga eléctrica).

Other Languages
Afrikaans: Charles Coulomb
azərbaycanca: Şarl Kulon
български: Шарл дьо Кулон
Bahasa Indonesia: Charles Coulomb
română: Charles Coulomb
srpskohrvatski / српскохрватски: Charles-Augustin de Coulomb