Cana de azucre

Para ver outros vexetais con este nome ver: cana (vexetal).

Cana de azucre
Exemplar de cana de azucre nun invernadoiro
Exemplar de cana de azucre nun invernadoiro
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Liliopsida
Subclase:Commelinidae
Orde:Poales
Familia:Poaceae
Subfamilia:Panicoideae
Tribo:Andropogoneae
Xénero:Saccharum
Especie:S. officinarum
Nome binomial
Saccharum officinarum
L.
Canas cortadas
Ilustración

A cana de azucre (Saccharum officinarum), é unha das seis especies do xénero Saccharum, gramíneas altas que proveñen do sueste asiático. É un vexetal co cal se fabrican azucre e alcol.

Hai uns 13 millóns de hectáreas de cultivo de cana de azucre no mundo, espallados por uns 100 países. Os principais produtores mundiais son o Brasil, a India e a República Popular da China.

Descrición

Son plantas cespitosas con talos de até 5 m x 2–5 cm, con numerosos entrenós alongados vexetativamente, doces e zumarentos. Vaíñas glabras ou vilosas; lígula de 2–4 mm; lamelas 1–2 m x 2–6 cm, glabras ou a costela media vilosa. Panícula 25–50 cm; pedúnculo glabro ou densamente puberulento; eixo glabro ou viloso; entrenós do raque de 5 mm, glabros. Espículas 3–4 mm, agudas, con tricomas de até 7 mm; gluma inferior glabra; lema inferior ciliada no 1/ 2 superior; lema superior e aresta xeralmente ausentes; anteras 3, 1.5–2 mm.[1]

Other Languages
azərbaycanca: Şəkər qamışı
bosanski: Šećerna trska
čeština: Cukrová třtina
kaszëbsczi: Cëkrowô strzëna
Ελληνικά: Ζαχαροκάλαμο
Esperanto: Sukerkano
eesti: Suhkruroog
Nordfriisk: Sokerröör
Avañe'ẽ: Takuare'ẽ
hrvatski: Šećerna trska
hornjoserbsce: Prawa cokorina
Kreyòl ayisyen: Kann
հայերեն: Շաքարեղեգ
日本語: サトウキビ
кырык мары: Сакыр шуды
Nederlands: Suikerriet
norsk nynorsk: Sukkerrøyr
Runa Simi: Misk'i wiru
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱟᱸᱠ
slovenčina: Cukrová trstina
svenska: Sockerrör
lea faka-Tonga:
reo tahiti:
Tiếng Việt: Saccharum officinarum
中文: 秀贵甘蔗
粵語: