Bille August
English: Bille August

Bille August
Bille August - Malmö 1988.jpg
Nacemento9 de novembro de 1948
 Brede
NacionalidadeDinamarca
Alma máterNational Film School of Denmark
Ocupacióndirector de cinema, guionista, director de fotografía e fotógrafo
CónxuxePernilla August, Sara-Marie Maltha e Masja Dessau
FillosAnders August e Alba August
PremiosLO's kulturpris, The Amanda Committee's Honorary Award e Honorary craftsman
editar datos en Wikidata ]

Bille August, nado en Virum o 9 de novembro de 1948, é un director de cinema e televisión, guionista e director de fotografía dinamarqués, gañador da Palma de Ouro en Cannes en dúas oportunidades. Contribuíu en gran medida, dende finais dos anos 1980, á boa imaxe da que goza o cinea danés no estranxeiro.

Traxectoria

Estudou na Escola de Fotografía Christer Strömholm de Estocolmo e, a continuación, na Escola de Cinema dinamarquesa a comezos dos setenta. Estivo casado coa actriz sueca Pernilla August entre 1991 e 1997, coa que tivo 3 fillas. Está casado coa actriz Sara-Marie Maltha.

Dirixiu máis dunha decena de filmes, entre os que destacan Pelle Erobreren (1987), que gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1988, o Óscar e o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa en 1989, e Den goda viljan, que recrea aspectos da vida de Ingmar Bergman e dos pais deste director sueco. O mesmo Bergman elixiu a August para dirixir o filme, que tamén obtivo a Palma de Ouro en Cannes en 1992 e grazas ó cal Pernilla August, gañou o premio á mellor actriz no devandito festival.

Other Languages
aragonés: Bille August
العربية: بيل أوقست
català: Bille August
čeština: Bille August
Deutsch: Bille August
English: Bille August
español: Bille August
euskara: Bille August
français: Bille August
magyar: Bille August
Bahasa Indonesia: Bille August
italiano: Bille August
Latina: Bille August
Malagasy: Bille August
Nederlands: Bille August
polski: Bille August
português: Bille August
русский: Аугуст, Билле
slovenčina: Bille August
svenska: Bille August
українська: Білле Аугуст
Tiếng Việt: Bille August