Aves
English: Bird

Aves
Rango fósil:
Cretáceo inferior (Aptiense) – Presente,[1] 121–0 Ma
A diversidade das aves modernas.
A diversidade das aves modernas.
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Infrafilo:Gnathostomata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Aves[nota 1][2]
Linnaeus, 1758[3]
Subclases
  • †Archaeornithes
  • †Enantiornithes
  • †Hesperornithes
  • †Ichthyornithes
  • Neornithes
Ver o texto.

As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores,[4] mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves sensu stricto, un bico córneo sen dentes. Para reproducirse poñen ovos que incuban até a súa eclosión.

O seu grupo taxonómico denomínase clase Aves (a palabra é latina e está en plural, en singular sería avis)[5] para a sistemática clásica, pero na sistemática filoxenética actual este clado non ten rango, e está incluído á súa vez sucesivamente dentro dos clados: Theropoda, Dinosauria, Archosauria, Sauropsida, Tetrapoda, etc., aínda que hai máis aniñamentos intermedios con denominación.

As aves orixináronse a partir de dinosauros carnívoros bípedes do Xurásico, hai 150-200 millóns de anos, e son, de feito, os únicos dinosauros que sobreviviron á extinción masiva producida ó final do Mesozoico. A súa evolución deu lugar, tras unha forte radiación, ás máis de 18 000 especies actuais[6] (máis 153 extintas en tempos históricos).[7] As aves son os tetrápodos máis diversos; con todo, teñen unha gran homoxeneidade morfolóxica en comparación cos mamíferos. As relacións de parentesco das familias de aves non sempre poden definirse por morfoloxía, pero coa análise de ADN comezaron a esclarecerse.

As aves habitan en tódolos biomas terrestres e tamén en tódolos océanos. O tamaño pode ser desde 6,4 cm no Mellisuga helenae até 2,74 metros no avestruz. Os comportamentos son diversos e notables, como na aniñación, a alimentación das crías, as migracións, o apareamento e a tendencia á asociación en grupos. A comunicación entre as aves é variable e pode implicar sinais visuais, chamadas e cantos. Algunhas emiten gran diversidade de sons, e destácanse pola súa intelixencia e pola capacidade de transmisión cultural de coñecementos a novas xeracións.

O ser humano tivo unha intensa relación coas aves. Na economía humana as aves de curral e as cinexéticas son fontes de alimento. As canoras e os papagaios son populares como mascotas. Úsase a penuxe de patos e gansos domésticos para encher almofadas, e antes cazábanse moitas aves para adornar chapeus coas súas plumas. O guano das aves úsase na fertilización de chans. Algunhas aves son reverenciadas ou repudiadas por motivos relixiosos, supersticións ou por prexuízos erróneos. Moitas son símbolos culturais e referencia frecuente para a arte. Nos últimos 500 anos extinguíronse máis de 150 especies como consecuencia de actividades humanas,[8] e, actualmente, son máis de 1200 as especies de aves ameazadas que necesitan esforzos para a súa conservación.[9]

Orixe e evolución

Artigo principal: Evolución das aves.
Véxase tamén: Aves fósiles.
O espécime fósil de Archaeopteryx de Berlín.

Orixe dinosauriano das aves

Artigo principal: Orixe das aves.
Confuciusornis, unha ave do Cretáceo da China.

As evidencias fósiles e as numerosas análises biolóxicas demostraron que as aves son dinosauros terópodos.[10] Máis especificamente, son membros de Maniraptora, un grupo de terópodos que inclúen tamén, entre outros, a dromeosaurios e oviraptóridos.[11] A medida que os científicos descubriron máis terópodos non-avianos que están relacionados de preto coas aves, a distinción antes clara entre non-aves e aves volveuse borrosa. Os recentes descubrimentos na provincia de Liaoning do nordés da China demostran que moitos pequenos dinosauros terópodos tiñan plumas, o que contribúe a esta ambigüidade de límites.[12]

A visión de consenso na paleontoloxía contemporánea é que as aves son o grupo máis próximo ós deinonicosaurios, que inclúen a dromeosáuridos e troodóntidos. Xuntas, estas tres forman o grupo Paraves. O dromaeosaurio basal Microraptor ten características que poden permitirlle planear ou voar. Os deinonicosaurios máis basais eran moi pequenos. Esta evidencia eleva a posibilidade de que o devanceiro de todos os paravianos puidese ser arbóreo, ou puidese ser capaz de planar.[13][14] Archaeopteryx, do Xurásico Superior, é moi coñecido como un dos primeiros fósiles transicionais que foron atopados e achegou apoio á teoría da evolución a finais do século XIX. Archaeopteryx ten caracteres claramente reptilianos: dentes, dedos da man con garras, e unha longa cola similar ás dos lagartos, pero ten ás finamente preservadas con plumas de voo idénticas ás das aves modernas. Non se considera un devanceiro directo das aves modernas, pero si o máis antigo e primitivo membro de Aves ou Avialae, e está probablemente moi próximo ao devanceiro real. Con todo, contradicindo o anterior, suxeriuse por outros autores que Archaeopteryx foi un dinosauro que non era máis próximo a Aves do que fosen outros grupos de dinosauros,[15] e que Avimimus é un devanceiro máis plausible de todas as aves que Archaeopteryx.[16]

Teorías alternativas e controversias

Existiron moitas controversias con respecto á orixe das aves. Unha das primeiras atopábase relacionada coa posible orixe das aves a partir de arcosauros e non de dinosauros (estes descenden dos primeiros). Dentro dos que se decidían polos dinosauros existían tamén diverxencias de criterio en canto a se os devanceiros máis probables eran ornitisquios ou saurisquios terópodos.[17] Aínda que os dinosauros ornitisquios (que en grego significa «con cadeira de ave») compartían coas aves modernas a estrutura da cadeira, pénsase que as aves se orixinaron de dinosauros saurisquios (gr. «con cadeira de lagarto»), e por tanto as súas cadeiras evolucionaron independentemente.[18] De feito, unha estrutura de cadeira aviana evolucionou nunha terceira ocasión entre un grupo de terópodos peculiares coñecidos como Therizinosauridae. Uns poucos científicos aínda suxiren que as aves non son dinosauros, senón que evolucionaron de arcosauros primitivos como Longisquama.[19][20]

Diversificación cretácea de aves primitivas

As aves diversificáronse nunha ampla variedade de formas durante o período Cretáceo.[21] Moitos grupos retiveron as súas características primitivas, como ás con garras, e dentes, aínda que os dentes perdéronse de forma independente nalgúns grupos de aves, incluídas as aves modernas. Mentres as formas máis primitivas, como Archaeopteryx e Jeholornis, retiveron a cola longa ósea dos seus devanceiros,[21] as colas das aves máis avanzadas acurtáronse coa aparición do óso pigóstilo no clado Pygostylia.

A primeira liñaxe grande e diversa de aves de cola curta que evolucionou foi Enantiornithes (significa «aves opostas»), chamado así porque a construción dos seus ósos do ombreiro estaba invertida respecto da das aves modernas. Enantiornithes ocupou un amplo espectro de nichos ecolóxicos, desde sondadoras na area, como as limícolas, e comedoras de peixe, até as formas arborícolas e comedoras de sementes.[21] Liñaxes máis avanzadas especializáronse tamén en comer peixe, como a subclase Ichthyornithes («aves-peixe») con aparencia de gaivota.[22]

Unha orde de aves mariñas do Mesozoico, Hesperornithiformes, adaptouse tan ben á pesca en ambientes mariños que perderon a capacidade de voar e fixéronse primariamente acuáticos. A pesar da súa especialización extrema, Hesperornithiformes inclúe os parentes máis próximos das aves modernas.[21]

Aves 

Archaeopteryx Archaeopteryx 2B.JPG


  Pygostylia 

Confuciusornithidae Confuciusornis sanctus (2).jpg


  Ornithothoraces 

Enantiornithes Iberomesornis-modelB.jpg


  Ornithurae 

Hesperornithiformes Hesperornis BW.jpg



Neornithes Fringilla coelebs chaffinch male edit2.jpg






Filoxenia das aves basais segundo Chiappe, 2007.[21]

Radiación evolutiva das aves modernas

Algunhas das liñaxes basais de Neornithes comezaron a evolucionar cara ao final do Cretáceo, como demostra o descubrimento de Vegavis,[23] e dividíronse en dúas liñaxes, os superordes Palaeognathae e Neognathae. En Palaeognathae inclúense Tinamiformes e Struthioniformes. Acéptase que a rama Neognathae dividiuse antes de finalizar o Cretáceo, cando evolucionou o clado basal Galloanserae (que contén patos, galos e formas afíns). Non existe acordo sobre cando ocorreu a división múltiple das demais neognatas, ou clado Neoaves, se antes ou despois do evento de extinción do límite Cretáceo-Terciario cando desapareceron os demais dinosauros.[24] Este desacordo débese en parte á diverxencia das evidencias. A datación molecular suxire unha radiación cretácea, mentres que as evidencias fósiles só proban a radiación no Terciario. Os intentos de reconciliar as evidencias moleculares e fósiles foron controvertidos.[24][25] Fósiles de pingüíns primitivos de 61 millóns de anos de antigüidade serviron para facer unha calibración da datación molecular que implica que o grupo coroa Neoaves xa se diversificou antes do evento de extinción Cretáceo-Terciario. Ademais pódese estimar a partir disto que polo menos hai 72 millóns de anos xa ocorrera a separación da liñaxe das aves acuáticas superiores do das limícolas. Daquela esas liñaxes xa diversificadas das Neornithes actuais tiveron durante o Paleoceno unha radiación adaptativa explosiva cando se desenvolveron 16 novas ordes. No final do Mioceno xa existían a maioría dos xéneros de aves actuais. O número de especies de aves pode chegar até 21 000 cara ao principio do Plistoceno (hai 1,5 millóns de anos), pero reduciuse a preto da metade debido aos cambios climáticos, as glaciacións, e os intercambios faunísticos entre continentes.[26] O número de especies de aves viventes establécese entre unhas 9800[7] e 10 050.[27] Estímase que cando se termine a caracterización por secuenciación de ADN de todas as aves, poidan identificarse numerosas novas especies mediante identificación de formas crípticas dentro de especies recoñecidas baseándose nas diferenzas de ADN.[26]

Do mesmo xeito que o Vestiaria coccinea, as demais especies da subfamilia Drepanidinae diversificáronse e adaptáronse aos diferentes nichos ecolóxicos do arquipélago de Hawai.

A facultade de voo foi decisiva na extraordinaria diversificación das especies de aves respecto doutros tetrápodos (o mesmo ocorreu cos insectos respecto dos demais artrópodos ou cos morcegos respecto ao resto de mamíferos). A chegada casual dalgúns individuos a un territorio xeograficamente illado pode ser a orixe dunha nova poboación que no transcurso do tempo acumule diferenzas xenéticas respecto da poboación nai orixinaria, por azar ou por adaptación a novos ambientes mediante a acción da selección natural. Algunhas illas desenvolveron avifaunas diferenciadas por vicarianza a partir de especies colonizadoras, ou diversificadas a partir de poucas especies que se adaptaron por radiación á explotación de distintos nichos ecolóxicos sen os competidores e predadores habituais dos seus territorios de orixe.[26] Este é o caso dos pimpíns de Darwin,[28] nas Galápagos, dos Drepanidinae[29] ou das Vangidae en Madagascar.[30] A diferenciación evolutiva de novas especies de aves non se detén, e pode, en ocasións, ocorrer en tempo relativamente breve, como se comproba nas illas volcánicas de curta historia xeolóxica.

Other Languages
Acèh: Cicém
адыгабзэ: Бзыу
Afrikaans: Voël
Alemannisch: Vögel
አማርኛ: ወፍ
aragonés: Aves
Ænglisc: Fugol
العربية: طائر
ܐܪܡܝܐ: ܛܝܪܐ
مصرى: طير
অসমীয়া: চৰাই
asturianu: Páxaru
авар: ХӀинчӀ
Aymar aru: Jamach'i
azərbaycanca: Quşlar
تۆرکجه: قوش
башҡортса: Ҡоштар
Boarisch: Vegl
žemaitėška: Paukštē
Bikol Central: Gamgam
беларуская: Птушкі
беларуская (тарашкевіца)‎: Птушкі
български: Птици
भोजपुरी: चिरई
Bislama: Pijin
Bahasa Banjar: Burung
বাংলা: পাখি
བོད་ཡིག: བྱ།
brezhoneg: Evn
bosanski: Ptice
буряад: Шубуун
català: Ocells
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Cēu
нохчийн: Олхазарш
Cebuano: Langgam
Tsetsêhestâhese: Ve'kese
کوردی: مەل
čeština: Ptáci
kaszëbsczi: Ptôchë
Cymraeg: Aderyn
dansk: Fugle
Deutsch: Vögel
Zazaki: Mıriçıki
dolnoserbski: Ptaški
Ελληνικά: Πτηνά
English: Bird
Esperanto: Birdoj
español: Aves
eesti: Linnud
euskara: Hegazti
estremeñu: Páxaru
فارسی: پرنده
suomi: Linnut
Võro: Tsirk
Na Vosa Vakaviti: Manumanu vuka
føroyskt: Fuglur
français: Oiseau
arpetan: Usél
Nordfriisk: Fögler
Frysk: Fûgels
Gaeilge: Éan
贛語: 雀仔
Gàidhlig: Eun
Avañe'ẽ: Guyra
ગુજરાતી: પક્ષી
Gaelg: Ushag
Hausa: Tsuntsu
客家語/Hak-kâ-ngî: Tiâu
עברית: עופות
हिन्दी: पक्षी
Fiji Hindi: Chirriya
hrvatski: Ptice
hornjoserbsce: Ptaki
Kreyòl ayisyen: Zwazo
magyar: Madarak
հայերեն: Թռչուններ
interlingua: Aves
Bahasa Indonesia: Burung
Ilokano: Billit
ГӀалгӀай: Оалхазараш
Ido: Ucelo
íslenska: Fugl
italiano: Aves
日本語: 鳥類
Patois: Bod
la .lojban.: lo cipni
Jawa: Manuk
ქართული: ფრინველები
Taqbaylit: Aylal
Адыгэбзэ: Къуалэбзухэр
Kabɩyɛ: Sumaɣ
қазақша: Құстар
ភាសាខ្មែរ: បក្សី
ಕನ್ನಡ: ಪಕ್ಷಿ
한국어:
Перем Коми: Кайез
kurdî: Balinde
kernowek: Edhen
Кыргызча: Куш
Latina: Aves
Ladino: Pasharos
Lëtzebuergesch: Vullen
лакку: Лелуххи
лезги: НуькI
Lingua Franca Nova: Avia
Limburgs: Veugel
Ligure: Aves
lingála: Ndɛkɛ
lietuvių: Paukščiai
latgaļu: Putni
latviešu: Putni
мокшень: Нармонь
Malagasy: Vorona
олык марий: Кайык
Baso Minangkabau: Buruang
македонски: Птици
മലയാളം: പക്ഷി
монгол: Шувуу
मराठी: पक्षी
кырык мары: Кек
Bahasa Melayu: Burung
Malti: Għasfur
မြန်မာဘာသာ: ငှက်
эрзянь: Нармунть
Nāhuatl: Tototl
Napulitano: Auciello
Plattdüütsch: Vagels
Nedersaksies: Voegel
नेपाली: चरा
नेपाल भाषा: झंगः
Nederlands: Vogels
norsk nynorsk: Fuglar
norsk: Fugler
Nouormand: Ouaîsé
Diné bizaad: Tsídii
occitan: Ausèl
ଓଡ଼ିଆ: ପକ୍ଷୀ
Ирон: Мæргътæ
ਪੰਜਾਬੀ: ਪੰਛੀ
Kapampangan: Ayup
Picard: Oizo
Deitsch: Voggel
polski: Ptaki
Piemontèis: Osej
پنجابی: پنچھی
پښتو: مرغه
português: Aves
Runa Simi: Pisqu
rumantsch: Utschels
română: Pasăre
armãneashti: Puľiu
русский: Птицы
русиньскый: Птахы
संस्कृतम्: पक्षिणः
саха тыла: Көтөрдөр
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱪᱮᱬᱮ
sardu: Aves
sicilianu: Aceddu
Scots: Bird
سنڌي: پکي
srpskohrvatski / српскохрватски: Ptica
ၽႃႇသႃႇတႆး : ၼူၵ်ႉ
සිංහල: කුරුල්ලෝ
Simple English: Bird
slovenčina: Vtáky
slovenščina: Ptiči
chiShona: Shiri
Soomaaliga: Shimbir
shqip: Zogjtë
српски / srpski: Птице
SiSwati: Tinyoni
Seeltersk: Fuugele
Basa Sunda: Manuk
svenska: Fåglar
Kiswahili: Ndege (mnyama)
ślůnski: Ptoki
தமிழ்: பறவை
ತುಳು: ಪಕ್ಕಿ
తెలుగు: పక్షి
тоҷикӣ: Паранда
Tagalog: Ibon
Türkçe: Kuş
татарча/tatarça: Кошлар
chiTumbuka: Viyuni
удмурт: Тылобурдо
українська: Птахи
اردو: پرندہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Qushlar
vèneto: Oxei
vepsän kel’: Lindud
Tiếng Việt: Chim
West-Vlams: Veugel
Volapük: Böds
walon: Oujhea
Winaray: Tamsi
吴语:
хальмг: Шовуд
isiXhosa: Yentaka
მარგალური: მაფურინჯეეფი
ייִדיש: פויגל
Yorùbá: Ẹyẹ
Vahcuengh: Duzroeg
Zeêuws: Veugels
中文:
文言:
Bân-lâm-gú: Chiáu
粵語: