Agricultura ecolóxica

Plantación de patacas orgánicas.
A preservación da biodiversidade é fundamental na agricultura ecolóxica.
13-09-01-kochtreffen-wien-RalfR-02.jpg

A agricultura ecolóxica, tamén chamada[1] orgánica ou biolóxica, é unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica pretende respectar o ambiente e ao ser humano, intentando lograr un desenvolvemento sustentable.

Fertilización

A fertilización das terras cultivadas ecoloxicamente é un dos piares desta forma de cultivo. É moi práctico que o fertilizante sexa de produción propia, e un dos máis utilizados é a compostaxe. Na agricultura ecolóxica non se pretende nutrir directamente a planta, senón estimular o conxunto, isto é, o solo e a planta, mantendo ou mellorando a fertilidade do solo «favorecendo o complexo arxilo-húmico e o desenvolvemento dos microorganismos do solo».[Cómpre referencia]

A materia orgánica é unha das bases da fertilización dos solos. O cultivo de plantas, e o posterior enterro e a súa descomposición no solo, mellora a fertilidade dos solos. En particular, as leguminosas, cereales ou briófitos enriquecen os solos en nitróxeno grazas a súa interacción con bacterias e arqueas diazotrofas. Estes microorganismos diazotrofos, como rhizobia ou Frankia, asócianse, como simbiontes ou endosimbiontes, ás raíces ou residen arredor delas e fixan nitróxeno. As bacterias rizhobias forman simbioses coas raíces de legumes, e algunhas anxiospermas con Frankia. Algunhas plantas asócianse tamén a cianobacterias que lles fixan nitróxeno atmosférico, N2.[2][3]

Manter cobertura vexetal axuda a conservalo e mellora o aproveitamento da agua e os nutrientes. Empréganse cubertas vexetais vivas ou acolchado, entre outros.[Cómpre referencia]

Na agricultura ecolóxica, os fertilizantes minerais que se poden utilizar son os procedentes de fontes naturais e extraídos por medio de procesos físicos.

Asociación de cultivos

Exemplo de asociación benéfica: a caléndula protexe os tomates dos ataques parasitarios.

A asociación de cultivos consiste en cultivar no mesmo eito varias especies distintas, de forma que se obteña unha sinerxía entre elas. Esta práctica, moi estendida no cultivo ecolóxico, pode ofrecer diversos tipos de melloras: podemos pór dúas especies que se complementan no seu sistema radicular (por exemplo, un é profundo -como o melón- e outro é superficial -como a leituga-), ou ben unha planta defende a outra co seu aroma (como exemplo temos a cebola entre cenorias, o cal evita a mosca da cenoria[Cómpre referencia]).

Other Languages
العربية: زراعة عضوية
অসমীয়া: জৈৱিক কৃষি
български: Биоземеделие
हिन्दी: जैविक खेती
Bahasa Indonesia: Pertanian organik
日本語: 有機農業
한국어: 유기농
മലയാളം: ജൈവകൃഷി
Bahasa Melayu: Pertanian organik
မြန်မာဘာသာ: အော်ဂဲနစ်
नेपाली: जैविक खेती
ਪੰਜਾਬੀ: ਜੈਵਿਕ ਖੇਤੀ
srpskohrvatski / српскохрватски: Organska poljoprivreda
Simple English: Organic farms
slovenščina: Ekološko kmetijstvo
српски / srpski: Organska poljoprivreda
Türkçe: Organik tarım
Tiếng Việt: Nông nghiệp hữu cơ
吴语: 有機農業
中文: 有機農業
Bân-lâm-gú: Iú-ki lông-gia̍p