Iniciouse a dispoñibilidade da versión do sistema operativo Windows 7.
A película de ficción científica Avatar, que fora realizada por James Cameron, acadou unha plusmarca histórica nas vendas superando a Titanic, de 1997.
O xadrecista noruegués
Magnus Carlsen logra clasificarse como número un do mundo con dezanove anos de idade, sendo o xogador máis novo en alcanzar dita posición.
España asume a
Presidencia do Consello da Unión Europea, sucedendo a Suecia.[1]
Empeza o segundo Ano Santo Xacobeo do terceiro milenio, convocado en maio de 2009.[2]
Empeza o segundo Ano Santo en Caravaca de la Cruz concedido pola Santa Sede a perpetuidade con periodicidade cada 7 anos.
Chuvias moi fortes e enchentes severas causan desmoronamentos de terra, que provocaron a morte de 53 persoas en Angra dos Reis, e a destrución do
patrimonio histórico de
São Luís do Paraitinga.
3 de febreiro - A escultura L'Homme qui marche I de Alberto Giacometti é vendida en Londres por 65 millóns de libras, establecendo unha nova marca nunha obra de arte en poxas.[19][20]
Científicos do
Laboratorio Nacional de Brookhaven, obtiveron durante milésimas de segundos a temperatura de 4 trillóns de graos celsius, a maior temperatura obtida na historia [Cómpre referencia].
20 persoas morren nun accidente de tren en Halle, (WSJ)
18 de febreiro - O Presidente de Níxer, Tandja Mamadou, é derrocado logo de que un grupo de soldados
asaltaran o palacio presidencial[22] e se formara unha xunta de goberno, o
Consello Suprema para a Restauración da Democracia liderado polo
chef d'escadron
Salou Djibo.[23]
En Chile, un forte
terremoto dunha magnitude de 8,8 graos Ritcher, con epicentro a 300 km da costa da
rexión do Maule, produce centos de mortos e feridos e numerosos danos materiais (este terremoto foi o 5º máis forte da historia).[26]
Outro
terremoto afecta a cidade arxentina de Salta, pero sen ter relación directa co de Chile segundo expertos no tema.[27]
En Iraq celébranse
eleccións parlamentarias, as segundas coa nova Constitución, para o
Consello de Representantes; onde os parlamentarios logo elixen o
presidente e o
primeiro ministro.[30]
9 de marzo - Cúmprese o prazo para a entrega da contramemoria chilena ante a
Corte Internacional da Haia, a propósito da
controversia de delimitación marítima entre Chile e Perú.[33]
26 de marzo - En Iraq, logo dun longo escrutinio de case tres semanas, anúncianse os resultados oficiais definitivos das eleccións parlamentarias. Resulta gañadora con maioría relativa e unha marxe moi estreita a coalición encabezada polo ex-primeiro ministro
Iyad Allawi, pero a ausencia de maioría absoluta e as denuncias de fraude do actual primeiro ministro
Nuri al-Maliki (cunha coalición que obtivo o segundo lugar) non permiten despexar a dúbida sobre quen encabezará o próximo goberno do país.[39][40]
Celébrase
a hora do planeta, en máis de catro mil cidades de 125 países, para concienciar na loita contra o cambio climático apagando as luces durante unha hora.[41]
Vista satélite da
Erupción do volcán Eyjafjallajökull de 2010.
1 de abril - O Treito Sur do
Rodoanel Metropolitano de
São Paulo é aberto ao tránsito, ligando o interior e o sur do Brasil directamente ao
Porto de Santos.
6 de abril - No
estado de Río de xaneiro, Brasil, un
forte temporal deixa 28,8 cm de auga caída en 24 horas provocando inundacións e aludes de barro cun saldo de máis de douscentos mortos.[43]
7 de abril - En Kirguistán o presidente
Kurmanbek Bakíev é derrocado por un levantamento popular (Revolta de Kirguistán de 2010) causado pola brutal represión de militares e policías ás manifestacións convocadas pola oposición na capital do país,
Biskek; e que dexenerou en sanguentos combates na rúa entre as forzas de seguridade e manifestantes fortemente armados. Tras a fuxida do presidente da capital, un goberno provisional formado polos líderes da oposición asumiu o poder de facto e asegurouse o apoio das Forzas Armadas e a policía.[44]
8 de abril - En Praga, República Checa, os presidentes de Estados Unidos e Rusia, Barack Obama e
Dimitri Medvedev respectivamente, asinan o histórico tratado
START III de redución de
arma nuclear1armas nucleares, o máis ambicioso até o momento; que fixa un tope máximo de 1550 oxivas nucleares para cada un dos dos países tras un prazo de desarme duns anos.[45]
11 de abril - En Hungría celébrase a primeira volta das
eleccións parlamentarias, resultando vitorioso o partido de dereitas
Fidesz, o que permitirá ao seu líder
Viktor Orbán ser o próximo Primeiro Ministro.[47]
14 de abril - Na provincia chinesa de Qinghai, un
terremoto dunha magnitude de 7,1 graos produce centos de mortos, miles de feridos e numerosos danos materiais.[48]
15 de abril - A
erupción do volcán Eyjafjallajökull en Islandia bota cinzas ao ceo que paralizan o tránsito aéreo do norte de Europa.[49]
18 de abril - Na República Turca do Norte de Chipre (estado independente de facto, só recoñecido por Turquía) celébranse eleccións presidenciais e o gañador é o nacionalista
Derviş Eroğlu, que derrotou o presidente daquelas e aspirante á reelección
Mehmet Ali Talat; o que podería bloquear as negociacións para a reunificación con Chipre.[50]
En Austria celébranse eleccións presidenciais e é reelecto o socialdemócrata Heinz Fischer, cunha gran maioría.[51]
En Hungría celébrase a segunda volta das
eleccións parlamentarias, que ratifica e amplía a maioría obtida polo
Fidesz na primeira volta; polo que o seu líder
Viktor Orbán encabezará o próximo goberno.[52]
26 de abril - Estados Unidos extradita a Francia o ex-dictador
panameño
Manuel Antonio Noriega (derrocado pola
Invasión estadounidense de Panamá de 1989), logo de pasar máis de vinte anos nunha
prisión federal estadounidense (máis de 17 anos cumprindo condena por narcotráfico e máis de dous anos e medio á espera da
extradición solicitada pola xustiza francesa); en Francia deberá ser sometido a xuízo e podería serlle ratificada unha condena de dez anos de prisión que lle foi ditada en ausencia por lavado de diñeiro relacionado co narcotráfico.[54][55]
Agudízase a
crise en Grecia e ameaza con
estenderse ao resto de Europa.[56][57][58]
1 de maio - Inaugúrase en Shanghai, China, a
Exposición Universal que se celebra até o 31 de outubro baixo o lema "Mellor cidade, mellor vida".[59][60]
5 de maio - Incidentes durante a folga xeral en Grecia en oposición ao plan de axuste proposto polo goberno para enfrontar a
crise provocan a morte de 3 persoas a raíz do incendio dunha sucursal bancaria.[61]
6 de maio - No Reino Unido celébranse
eleccións parlamentarias; o Partido Conservador e o seu líder David Cameron obteñen a vitoria, pero sen alcanzar a maioría absoluta, polo que inician negociacións co
Partido Liberal Demócrata (que quedou terceiro nos comicios) para intentar formar un goberno de coalición e garantir así a elección de Cameron como Primeiro ministro.[62][63]
En Filipinas celébranse
eleccións presidenciais; o entón senador
Benigno Aquino III (fillo da defunta ex-presidenta Corazón Aquino) obtivo a vitoria segundo o escrutinio oficial.[64][65]
Prodúcese a maior subida porcentual di IBEX 35, desde a súa creación o 14 de xaneiro de 1992, cunha alza do 14,43%,[66] impulsada polas medidas tomadas pola Unión Europea e o FMI para protexer o euro.[67]
15 de maio - Incendio no
Instituto Butantan, en São Paulo, destrúe 500 mil mostras de animais, a maior colección do mundo de espécimes dunha rexión tropical.
17 de maio - Irán, Turquía e Brasil chegan a acordo sobre troco de
combustibles nucleares, dentro do
programa nuclear iraniano.
En Etiopía celébranse eleccións parlamentarias, con alta participación e denuncias de irregularidades pola oposición; vislúmbrase unha vitoria do primeiro ministro Meles Zenawi, que sería así reelecto para un novo período á fronte do goberno.[73][74]
Na India un atentado da guerrilla comunista
maoísta ligada ao
Movemento naxalita contra un tren de pasaxeiros deixa polo menos 145 mortos; o atentado aconteceu no estado indio de Bengala Occidental.[76]
En Paquistán un ataque do grupo terrorista
Tehrik e Taliban Pakistan contra dúas mesquitas da seita minoritaria musulmá
Ahmadi na cidade de Lahore deixa polo menos 80 mortos.[77]
30 de maio - En Colombia celébranse
eleccións presidenciais; o candidato oficialista Juan Manuel Santos obtén o primeiro lugar, cunha maioría superior á que pronosticaban as enquisas, pero por estreita marxe non consegue a maioría absoluta polo que deberá celebrarse unha segunda vuelta.[80]
En augas internacionais cerca da Faixa de Gaza, forzas militares de Israel
atacan un convoy de barcos de activistas pro-palestinos que transportaban axuda humanitaria a ese territorio palestino controlado polo grupo Hamás; no ataque morren polo menos 9 activistas por disparos de soldados israelís que alegaban estar sendo atacados polos activistas con risco para a súa vida, mentres a comunidade internacional condena a matanza.[81]
En Alemaña renuncia o presidente Horst Köhler debido á polémica polas súas declaracións públicas sobre o papel de Alemaña no conflito de Afganistán.[82]
2 de xuño - No Xapón renuncia o primeiro ministro Yukio Hatoyama debido á baixada da súa popularidade nas enquisas e as presións do seu partido.[84]
3 de xuño - Astronautas entran nunha cápsula sen xanela, para simular unha viaxe a Marte. Ficaron confinados durante 1 ano e medio, para desenvolver probas da suposta viaxe a Marte en
2020.
7 de xuño - En
Bhopal (India), un tribunal condena a oito directivos da empresa estadounidense
Union Carbide a dous anos de prisión e a pagar uns 10 600 dólares estadounidenses polas súas respectivas responsabilidades no
Desastre de Bhopal (un escape de
isocianato de metilo gasoso nunha fábrica de pesticidas desa empresa, que causou a morte de máis de 20 000 persoas. A empresa non respondera polos danos causados).
9 de xuño - Celébranse eleccións parlamentarias nos Países Baixos; o
Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (liberal de
centrodereita) liderado por Mark Rutte obtén o primeiro lugar cunha diferenza moi estreita en sufraxios e unha vantaxe dun só deputado sobre o
Partido do Traballo (socialdemócrata), mentres que o partido Chamada Demócrata Cristiá do actual primeiro ministro Jan Peter Balkenende afúndese nun cuarto lugar. Debido ao lonxe que está calquera partido da maioría absoluta pronostícanse longas negociacións para formar goberno e escoller un novo primeiro ministro.[85][86]
10 de xuño - Cerimonia de abertura da XIX Copa do Mundo de fútbol, en Suráfrica, co show principal de Shakira, cantante do himno oficial do mundial, o "
Waka Waka".
12 de xuño - En Eslovaquia celébranse eleccións parlamentarias; o partido gobernante
Dirección-Socialdemocracia obtén o primeiro posto, pero lonxe da maioría absoluta, e os partidos que foron os seus socios no goberno caen, polo que se dificulta a reelección do primeiro ministro
Robert Fico e ábrese a posibilidade dun goberno de centrodereita encabezado por
Iveta Radičová.[88][89][90]
En Bélxica celébranse eleccións parlamentarias; o partido nacionalista flamengo Nova Alianza Flamenga obtén a vitoria na rexión de Flandres e o primeiro lugar a nivel nacional, mentres que en Valonia gaña o
Partido Socialista Valón (segundo lugar a nivel nacional). Estes resultados son considerados históricos porque a vitoria dos independentistas flamengos podería motivar o próximo proceso de reforma constitucional cara a independencia de Flandres e a desaparición de Bélxica como país. Mentres tanto prevese que pasen meses para poder formar goberno.[91][92]
En Quirguistán miles de persoas da minoría uzbeka cruzan a fronteira con Uzbekistán fuxindo dos sanguentos enfrontamentos interétnicos entre quirguices e uzbekos no sur do país que deixaron polo menos 97 mortos e ameazan con desencadear unha guerra civil; mentres tanto, o goberno provisional acusa o ex-presidente derrocado meses atrás,
Kurmanbek Bakíev, de estar detrás da vaga de violencia racial.[93]
En Quirguistán a Organización das Nacións Unidas cifra nun millón de persoas os afectados pola violencia étnica entre quirguices e uzbekos, mentres que a presidenta provisional do país
Rosa Otunbáeva recoñece que poderían ser 2.000 os mortos polo conflito.[94][95]
En Colombia celébrase a segunda volta das
eleccións presidenciais e resulta gañador o candidato oficialista Juan Manuel Santos cunha maioría esmagadora (é o presidente máis votado na historia de Colombia en termos de cifras absolutas de sufraxios populares).[96][97]
25, 26 e 27 de xuño - No Canadá celébranse dous importantes encontros internacionais, ambos na provincia de Ontario: o 36º Cumio do G8 na rexión de
Muskoka (25 e 26 de xuño), e o cuarto cumio do G20 en Toronto (26 e 27 de xuño)[99]
En Paquistán dous suicidas cometen un atentado terrorista contra un importante santuario islámicosufí na cidade de Lahore, deixando polo menos 43 mortos.[101]
7 de xullo - O gardameta
Bruno do Flamengo é preso no Rio de Janeiro acusado de matar a súa ex-parella na súa casa en
Esmeraldas, Minas Gerais:
Caso Eliza Samudio.
9 de xullo - En Paquistán o grupo terrorista
Tehrik e Taliban Pakistan comete o atentado máis sanguento no país desde o ano pasado cando os membros dun comando fan detonar unha ou varias bombas no medio dun mercado preto dun edificio gobernamental no distrito de
Mohmand, na conflitiva rexión das
Áreas Tribais Administradas Federalmente, preto da cidade de Peshawar; houbo polo menos 102 mortos.[103][104]
En Uganda polo menos 74 persoas falecen en dous atentados con bombas, na cidade capital de Kampala, mentres observaban a final do Campionato Mundial de Fútbol de Suráfrica; os atentados foron cometidos polo grupo terrorista somalí
Al-Shabbaab, unha organización islamista ligada a Al Qaeda, que se vingaba así de Uganda pola participación das súas forzas militares na forza multinacional africana que axuda o goberno de Somalia na súa loita contra Al-Shabbaab e outros grupos insurxentes.[105]
Eclipse total de sol visible no Océano Pacífico sur e parte de Sudamérica.
18 de xullo - A partir deste ano, a ONU estabelece este día como o Día Internacional de Nelson Mandela, dedicado ao "activismo".
23 de xullo - O programa televisivo británico The X Factor forma a boyband británico-irlandesa One Direction, conformada por Niall Horan, Zayn Malik, Liam Payne, Harry Styles e Louis Tomlinson. O seu mentor é Simon Cowell.
24 de xullo - Unha
desbandada no Love Parade deixa polo menos 19 mortos e máis de 100 feridos.[106]
28 de xullo - O Parlamento de Cataluña prohíbe que a partir do 1 de xaneiro de 2012 se celebren corridas de touros en todo o territorio autonómico.
5 de agosto - Prodúcese unha
derruba nunha
mina situada cerca da cidade de Copiapó, Atacama, Chile, quedando atrapados trinta e tres mineiros a setecentos metros de profundidade.[107]
12 de agosto - Rexístrase un sismo de 7,2 graos na escala de Richter no oriente de Ecuador. Debido a que a profundidade foi de 235 km, non houbo un desastre, tan só feridos e danos leves. Porén, o terremoto foi considerado un dos máis fortes dos últimos anos.[108]
12 de agosto - No Suriname o ex-ditador e golpista
Dési Bouterse asume a presidencia.
14 de agosto - Comenzan os I
Xogos Olímpicos da Xuventude, realizados en Singapur.
21 de agosto - En Australia celébranse eleccións parlamentarias; nin o oficialista
Partido Laborista Australiano (socialdemócrata) nin a coalición opositora formada polo Partido Liberal de Australia e o
Partido Nacional de Australia (centrodereita) lograron a maioría absoluta. Os laboristas lograrían posteriormente formar un goberno de minoría co apoio de deputados independentes.[112][113][114]
23 de agosto - A mexicana
Ximena Navarrete gañadora do concurso
Miss Universo 2010.
26 de agosto - Finalizan os I Xogos Olímpicos da Xuventude, China obtivo o primeiro posto con 30 medallas de ouro, 16 de prata e 5 de bronce.
31 de agosto - Estados Unidos retira os seus últimos efectivos de combate de Iraq e pon fin oficialmente á súa misión de combate na guerra que se libra nese país; permanecerán cincuenta mil efectivos militares estadounidenses en misións de intelixencia e apoio loxístico e de adestramento das forzas de seguridade iraquís.[116][117]
12 de setembro - En Santiago, Chile, despois dunha remodelación reinaugúrase o
ex Estadio Nacional de Chile pasándose a chamar
Estadio Nacional de Chile Julio Martínez Prádanos na honra de
Julio Martínez Prádanos.
18 de setembro - En Afganistán celébranse eleccións parlamentarias; ensombrecidas pola escasa participación do electorado, denuncias de
fraude electoral en todo o país e ataques terroristas do movemento Talibán que buscaba sabotar o proceso electoral e que deixaron polo menos 14 mortos.[118]
En Suecia celébranse eleccións parlamentarias; a coalición de centro-dereita no poder liderada polo primeiro ministro Fredrik Reinfeldt obtén a vitoria, non conseguindo unha maioría absoluta por pouco. O opositor
Partido Socialdemócrata Sueco obtén un dos peores resultados da súa historia e o partido de extrema dereita
Demócratas Suecos experimenta un forte avance, que lle permite entrar no Parlamento cunha gran representación e converterse en árbitro da situación política do país.[119][120][121]
A televisión brasileira conmemora 60 anos.[122][123]
25 de outubro - Prodúcese un terremoto de 7,7 graos na escala Richter en Indonesia, provocando um tsunami con ondas de até 3 metros de altura, que provocou máis de 300 mortos.
26 de outubro - O volcán
Merapi entra en erupción provocando unha evacuación de 14 mil persoas e máis de 300 mortos.
11 de novembro a 12 de novembro - Realízase o cumio do
G-20 en Seúl, Corea do Sur. Corea convértese no primeiro país non pertencente ao G8 en albergar un cumio dos líderes do G-20.[135]
29 de novembro a 10 de decembro[141]-
XVI Conferencia sobre Cambio Climático en Cancún, México, tamén coñecida como 16.º Cumio do Clima ou COP 16 (16.ª Conferencia das Partes da
Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático), que serve tamén como 6.ª Conferencia das Partes do Protocolo de Kyoto.[142]
A FIFA anuncia as próximas sedes dos mundiais de 2018 e
2022, que será en Rusia e Qatar respectivamente.
Científicos da NASA descobren unha bacteria capaz de sintetizar arsénico, un elemento químico que se cría que era velenoso para calquera forma de vida.[143]
10 de decembro - En
Liubertsi, a 20 km de Moscova (Rusia), o astrónomo afeccionado
Leonid Elenin descobre o cometa C/2010 X1, que será chamado
cometa Elenin.
En Tunisia comeza a
Revolución tunisiana, cando o mozo
Mohamed Bouazizi se queima ao bonzo como protesta, provocando que en días posteriores se iniciaran unha serie de fortes protestas por todo o país. O movemento tamén sería mecha para que o mundo árabe iniciara unha serie de protestas en 2011.
26 de decembro - En Bolivia coa aprobación dun decreto promulgado polo goberno de Evo Morales prodúcese a nivelación no prezo dos carburantes en Bolivia xurdindo fortes demandas por parte da poboación.