Índice de Desenvolvemento Humano

Mapa mundo, indicando o Índice de Desenvolvemento Humando (2008)
     por riba de 0,950      0,900–0,949      0,850–0,899      0,800–0,849      0,750–0,799      0,700–0,749      0,650–0,699      0,600–0,649      0,550–0,599      0,500–0,549      0,450–0,499      0,400–0,449      0,350–0,399      por baixo de 0,350      non dispoñible
(Mapa para daltónicos) Problemas de visión co verde e vermello.

O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.

O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen[1].

Criterios de avaliación

  • Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
  • Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos.
  • Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.
Other Languages
føroyskt: HDI
hrvatski: HDI
Bahasa Indonesia: Indeks Pembangunan Manusia
مازِرونی: اچ‌دی‌آی
Plattdüütsch: Human Development Index
norsk: HDI
srpskohrvatski / српскохрватски: Indeks ljudskog razvoja
Simple English: Human Development Index